Archive for mayo 2, 2007
Dreamlinux Multimedia GL Edition
Navegando navegando pola rede encontreime con esta maravilla -Dreamlinux Multimedia GL Edition- unha distro basada en Debian e Morphix os seus linguaxes de instalación son : portugués, español e inglés. Usa Xfce 4.4 como escritorio e trae unha boa selección de aplicacións especialmente na parte multimedia. Una vez instalado, podemos activar Beryl moi fácilmente.
Posee unha ferramenta de instalación moi intuitiva chamada “Easy Install” que nos deixa instalar aplicacións soamente cun click.
O mellor e que a sexas ti mesmo quen xogues con ela e logo opinas. Podemos descargar unha imaxen iso de Dreamlinux desde este enlace .
O código segredo da capela de Rosslyn…
Seguro que coñeces Rosslyn se recordas o filme ‘O código Da Vinci’, pois a boa fe que Rosslyn tiña un segredo… un segredo en forma de música… aquí a web dun dos seus descubridoes.
E de seguido o video que o demostra…
Ainda queda moito mundo por descubrir… moitos segredos por encontrar!
¿De que vive o sw libre?
Seguro que todos oímos falar do sw libre, do open source ou do Floss pero sempre nos preguntamos de que vive a xente que traballa sobre él, pois este artigo residente no blogue de -Martin Varsavsky- pode aclararche as ideas; olla sobre todo o remate final, unha explicación barbara!!
A xunta casase con Micro$oft…
Pois polo fregadeiro se foron as promesas da xunta de apostar polo sw libre, falar é unha cousa pero levar a cabo os actos prometidos é outra moi distinta, hai que ter valor,coraxe e sobre todo sabiduría do que se esta a facer; e queda claro que os políticos deste pais carecen completamente de todo iso. É difícil pensar en dinamizar unha sociedade no ámbito que se refire a informática cando quen goberna carece de todo coñecemento informático que vaia máis alo de mandar un e-mail ou abrir un procesador de textos. Moito nos queda por camiñar para chegar a altura de Extremadura ou Andalucia… imaxinade todo o que se podia facer con ese diñeiro, sanidade publica, escolas,… un sin fin de oportunidades que terminarán nas arcas dos archi-millornarios de Redmond; pero as cousas son así, de nada vale toda esa marea humana que representan os gul’s (grupos de usuarios de GNU/linux) deste pais os cales fan un traballo e unha labor impresionante, queda claro que se algún día o sw libre triunfa neste pais será por e grazas a eles, e da mesma forma queda claro que serán eles os grandes olvidados a hora de recibir as medallas pois algún ‘orella peluda’ estará disposto a collela no seu lugar…
Moito queda por facer, moito camiño por andar, moitas portas as que chamar (ainda que non queiran abrir), pero unha cousa é certa o futuro estará basado no Floos (free/libre or open source) e nos estaremos ali para festexalo, isto só é un atranco nunca un final…
Para saber máis disto pincha aquí.
Un saudo!


