Archive for 3/05/07

Virtualización e Open Source

Fedellando pola rede cheguei a fresqui- sección Linux- onde atopei este artigo aloxado en ‘Tomcomputers’. Un artigo moi interesante sobre a inclusión no kernel -Linux- de codigo propietario para facilitar a virtualización. Unha discusión que non fixo outra cousa que comenzar… e ti que opinas???

Add comment Mayo 3, 2007

Toshiba con gnu/linux…todo pode ser!!

Tras o fantástico anuncio definitivo de Dell, que permitirá preinstalar Ubuntu nalgunhas das súas máquinas, agora é Toshiba a que podería seguir os seus pasos e dar tamén esta opción.
Segundo DesktopLinux, a canle italiana de vendas e márketing de Toshiba está considerando a opción de ofrecer Linux preinstalado nalgunhas das súas máquinas portátiles: os Tecra, Satellite e Qosmio serían os destinatarios de tal oferta.

Segundo un dos directivos italianos da empresa, HP e Acer están moi fortes neste país no que respecta a máquinas con HaseFroch preinstalado, e ofrecer GNU/Linux podería facer que a súa cota de mercado despegase e abrise un novo segmento moi interesante.

Add comment Mayo 3, 2007

SolarRolls…para recargar as tuas baterias

Si es un ecologista que lle gusta irse de viaxes ao aire libre, de camping, e se estás lendo isto tamén serás un fanático da tecnoloxía. Pois para ti inventaron a alfombra solar. Un dispositivo simple, que poderá recargar todos os teus gadgets: a notebook, o reproductor mp3, etc.

O invento chámase Solar Rolls, foi desenvolvido pola empresa Brunton. Trátase dunha alfombra de paneles solares flexibles, que pode ser enrollada para axustala á mochila, se é que andas de mochilero.

solarroll-laptop.jpg

 

É a proba de auga e calquera tipo de clima, así que podes deixala ao aire libre. Tamén trae todo tipo de enchufes para cargar os teus aparellos. Xera uns 14 watts ata en condicións de pouca luz.

O problema é que non é moi barata que digamos, pero para quen queira investir 399 dólares, talvez lle dun bo uso.

 

Encontreino aquí.

Add comment Mayo 3, 2007


Calendario

Mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Consola-Terminal Coñecemento Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta