Archive for 15/05/07

Cada vez máis cerca do desastre!!

Só fai falta un dato: nas próximas 24 horas a deforestación liberará tanto CO2 á atmosfera coma se oito millóns de persoas voasen de Londres a Nova York. Tállaa masiva das selvas tropicais está agravando un problema cada vez máis preocupante.

É o que se afirma nun estudo dunha alianza chamada ‘Global Canopy Programme’. Nela un grupo de científicos tratan de loitar contra o cambio climático, e no seu último informen indican que a polución xerada por medios de automoción é moi pequena en comparación co que se xera con tállaa masiva de bosques nas zonas próximas ao ecuador.

Segundo as cifras do estudo, a deforestación supón un 25% das emisións de gases á atmosfera responsables do cambio climático, mentres que a industria e a automoción supoñen un 14%, e dentro dese apartado, a aviación só xera un 3% do total de gases nocivos.

A causa máis importante segue residindo en sector energético, pero a talla de árbores nas selvas e bosques do Amazonas, o Congo ou Indonesia é tan grande que nos catro próximos anos produciuse tanto CO2 como o que a aviación produciu en toda a súa historia.

Segundo os datos de 2003, 2.000 millóns de toneladas de CO2 chegan á atmosfera cada ano, cunha superficie destruída que equivale ao tamaño de Inglaterra, Gales e Escocia xuntas.

A única medida viable: elevar notablemente o prezo do carbón que se xera nesas selvas tropicais para que se eviten estas tallas masivas.

Fonte.

—-

Dende logo queda claro con artigos coma este que o ser humano é calquer cousa menos racional, somos unha praga para a terra e para o resto das especies deste planeta, só cando non quede remedio nos daremos conta do mal que fixemos…

Add comment Mayo 15, 2007

Non é tal Sr Ballmer…(developer’s_Man)

O creador do estudio segundo o cal M$ e concretamente Steve Ballmer afirma que Linux viola 283 patentes de código, di que non ve as cousas da forma que as afirma o Sr. Ballmer; concretamente nunha parte do texto di isto – The market needs to understand that the study Microsoft is citing actually proves the opposite of what they claim it does- o que traducindo o galego ven sendo algo así – “O mercado necesita entender que o estudio citado actualmente por micro$oft proba o contrario do que eles demandan“… o que deciamos… M$ = Fud!!!

O artigo orixinal en ingles esta aquí.

Add comment Mayo 15, 2007

De novo Micro$oft = FUD

Leo en vivalinux.com.ar o seguinte artigo:
Anunciouno Brad Smith, máximo responsable legal do xigante do software. Nunha entrevista levada a cabo pola revista Fortune, Brad Smith cuantificou en 42 as violacións de patentes nas que infringe o kernel de Linux, e 65 as que incumplen outros elementos de deseño.
Parece que a intención de Micro$oft non é a de pasar polos tribunais, senón máis ben as de “animar” ás grandes empresas que dependen de Linux a selar acordos de “colaboración” similares aos alcanzados con Novell, Samsung e Fuji Xerox.
No entanto, en Fortune cren que é tan só cuestión de tempo que Microsoft empregue ditas patentes contra algunha gran empresa que se niege a asinar o “acordo”.

*FUD = medo, incertidume e duda.
—-

Como vemos os de Redmond siguen coa sua estratexia de xerar medo ,desconfianza , inestabilidade , incertidume… nos seus competidores que usan Linux, non é a primeira vez que o fan e non sera a ultima; tratan por todolos medios de sellar acordos con estas empresas para que pasen a ser da sua orbita e así poder controlar e mesmo esnaquizar todos aqueles posibles actos ou movementos que non lle conveñan e así seguir dominando o mercado baixo a sua dictadura.
Visto o visto cabe pensar que agora son eles os que realmente teñen medo, medo de perder a sua posición de privilexio, medo de que as empresas e corporacións se cansen de pagar royalties ‘por nada’ e se pasen tamén ao sw libre ou o open source… agora son eles os que teñen medo de que as novas xeracións de xente máis prepara e con máis coñecementos informáticos non pasen polo seu aro e cambien cara a libertade ea comunidade… sí agora somos nós a comunidade do sw libre esa comunidade da que non fai moito tempo ‘tito Gates’ decia que eramos uns ‘frikis comunistas’ os que lle empezamos a mostrar os dentes o xigante, os que lle empezamos a fundir respeto polo noso número e lealtade, sí quizais agora sexamos nós os que empezamos a cambiar as reglas do xogo.

Add comment Mayo 15, 2007


Calendario

Mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Consola-Terminal Coñecemento Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta