Archive for 16/05/07
Portátil de papel electrónico e GPS
Parece coma se o papel electrónico de cor quixésenos esta semana mandar algunha mensaxe: oe, estou aquí, facédeme caso.
E do tema de conceptos e portátiles mellor non recordamos todo o que levamos nesta intensa semana. Malia todo, a combinación de portátil con papel electrónico de cor está dando moito xogo.
Neste caso estamos falando ademais dun dous por un: portátil e GPS.

Din que é un equipo pensado para turistas, que dispoñerán dun elemento de axuda con conectividad WiFi que lles permitiría subir fotos a Internet ademais de recibir e visualizar información da cidade ou rutas a seguir. Ademais, aproveitando o GPS as fotos poderíanse geolocalizar.
Visto en xataka.com
Add comment Mayo 16, 2007
Comandos Linux
Se tes un coñecemento amplo de comandos de GNU/Linux e gustache colaborar encontrei unha web interesante onde podes facelo, e se polo contrario eres principiante no uso de este sistema operativo e queres aprender cales son os comandos de consola para manexarte con soltura tamen che interesa, de momento a páxina esta nos seu inicios pero ten unha grande acollida asique de todos depende que se propague e expalle coñecemento.
A web en cuestion e esta – http://masgdl.com/tests/linuxRef/ -

Outras webs con axuda de comandos: web1 , web2 , web3 , web4 , web5 , web6 – e claro esta o google onde encontraras mil e unha web máis…
Add comment Mayo 16, 2007
Aprender e compartir
Fedellando pola rede encontreime con isto wikilearning.com/ que non é outra cousa que unha comunidade libre onde aprender a base de compartir coñecementos… a verdade e que non tiven tempo de ollala moito dado que é bastante extensa, en todo caso deixo a referencia por se lle pode interesar a alguén.
Ala a fedellar…
Add comment Mayo 16, 2007
