Archive for 22/05/07
Patentes de software
En esDebian.org encontrei este artigo sobre as patentes de software eos seus perigos. Informarse esa é a clave para saber elexir, poder opinar e ver o futuro con máis claridade…
![]()
Add comment Mayo 22, 2007
Un cortometraxe contra o tabaco
Neste enlace: http://es.video.yahoo.com/video/play?vid=270473 ,tes un cortometraxe contra o tabaco, pode que te faga pensar ou pode que non…depende do adict@ que sexas… para uns sera esaxerado para outros non tanto… a libertade o fin eo cabo e de cada un.
Antetodo saude!
Add comment Mayo 22, 2007
Interesante artigo…
Fedellando de novo na rede atopei este artigo (alfonsogu.com), sobre o medo de HaseFroch ao sw libre e ao movemento que esta detras do mesmo. Ala botalle un ollo que non esta mal…
Saudos!!
Add comment Mayo 22, 2007
A aposta de Dell por Gnu/Linux
Un recente post no blog Direct2Dell dá unha excelente perspectiva do que os usuarios poderanse atopar nestes sistemas. Un dato determinante: Dell traballará cos fabricantes para mellorar o soporte das súas solucións hardware – os drivers – en Linux.
A noticia non fai senón confirmar a aposta de Dell por Linux en xeral e por Ubuntu en particular, xa que no post fálase claramente do hardware e o software que se soportará e o que non estará dispoñible inicialmente.
Dell instalará unha versión estándar de Ubuntu nos equipos dispoñibles, e os periféricos dispoñibles serán un subconxunto dos que se ofrecen con outros sistemas operativos, pero ese subconxunto foi probado en profundidade pola xente de Dell, o que supón unha garantía de que non haberá ningún problema con eles.
A intención de Dell é a de utilizar drivers Open Source se é factible, aínda que se non existen controladores deste tipo recorrerán a controladores propietarios, e poñen como exemplo as tarxetas WiFi de Intel ou os módems de Conexant.
O post tamén sinala dous feitos importantes: inicialmente non haberá soporte para códecs multimedia propietarios, talles como MPEG-1/2/3/4, QuickTime,ou WMA/WMV, pero están evaluando o seu incorporación no futuro.
O segundo deses feitos é aínda máis relevante: Dell traballará cos fabricantes para poder impulsar o soporte mediante drivers do hardware que estes desarrolladores teñen dispoñible. O apoio de Dell pode ser clave para un apartado no que Linux sempre flaqueou, e isto supón unha das noticias máis importantes derivadas do anuncio de Dell.
-Fonte-
Add comment Mayo 22, 2007
PCLinuxOS 2007
Xa está dispoñible a versión final de PCLinuxOS 2007, a segunda distribución GNU/Linux máis popular este mes só logo de Ubuntu de acordo a DistroWatch. PCLinuxOS 2007, en formato LiveCD con opción de instalación no disco ríxido, inclúe case 2 Gb de paquetes de software comprimidos, entre eles: Kernel 2.6.18.8, KDE 3.5.6, OpenOffice.org 2.2.0, Firefox 2.0.0.3, Thunderbird 2.0 e Beryl 3D. Outros 5000 paquetes máis están dispoñibles usando Synaptic.
PCLinuxOS non inclúe ningún codec nin driver propietario, pero todos poden descargarse unha vez instalado no disco ríxido.
Historia de PcLinux.
Descarga .ISO -aquí-
Descarga torrent -aquí-
Add comment Mayo 22, 2007
