Archive for Junio 2007

Alarmas por SMS usando a API do google calendar

Fedellando pola bitácora de Ivan Lopez topeime con un artigo interesante para todos aqueles que gustan de xogar a programar os seus propios programas; pero tamen é interesante para aqueles que só queren utilidade pois o código esta dado… Tratase dunha aplicación que nos permite enviar as nosas citas ou recordatorios de forma gratuita (por cousa de Google) ao noso móvil facendo uso dun sms,así de bonito e como veras bastante sinxelo…

E para que entendas mellor o que fixo Ivan redireccionote a nova en concreto, de forma que poidas ler das suas verbas todo o proceso.

Logo de iso e grazas a xenorisidade deste rapaz podes facer o que queiras co código,de tal forma que grazas a unha persoa podense beneficiar miles máis.

Isto é Sw libre!!

Add comment Junio 29, 2007

Sw libre para unha sociedade libre

Este é o titulo dun libro de R.M.S. ou o que é o mesmo o Sr. Stallman fundador de Gnu e da FSF (free sw foundation), creador de Emacs e de Gcc…; supoño que ninguen mellor para explicar o ‘porque’ do sw libre que o propio creador do movemento que arrastra hoxe a millóns de persoas en todo o mundo.

Infórmate, lee, aprende, pensa por ti…; o libro esta aquí. (-en castelán)-

Fonte:: – weblog -

Add comment Junio 29, 2007

Unp

unp é un pequeno script escrito en Perl que permite descomprimir os tipos de arquivo comprimido máis populares (tar.gz, tar.bz2, rmp, deb, zip, rar?) simplemente escribindo unp nome_arquivo, sen ter que recordar as opcións de cada programa.

Atópase nos repositorios de Ubuntu, así que instalalo neste sistema operativo é tan sinxelo como escribir::

sudo aptitude install unp

Fonte:: -mundogeek-

1 comment Junio 27, 2007

Instalar Compiz Fusion

Fai uns dias xa se falou de como instalar Compiz Fusion (CompComm = Beryl + Compiz) pero dada a aceptación dese artigo vou deixar unha recua de enlaces onde podedes encontrar máis información sobre como facer a instalacón, personalizar e disfrutar do Compiz Fusion

Rastra de ligazóns::

  1. Instalar Compiz Fusion en Ubuntu (cerarius revolutions)
  2. Compilar e Instalar Compiz Fusion (Strike)
  3. Instalar Compiz Fusion (Strike)
  4. Instalar Compiz Fusion dende os repositorios de Treviño
  5. Compiz Fusion na Feisty Fawn (agnix)
  6. Tutorial foros de Ubuntu

Grazas a::- Ubuntu Life -

1 comment Junio 26, 2007

K3B 1.0.2 Relased

Foi lanzado o novo K3B na versión 1.0.2, creo que non vale a pena recordar que k3b é unha aplicación para grabar cd’s e dvd’s; é moi fácil de manexar e funciona sen problemas…

Para descargalo (source) faino por este orde::

Se necesita axuda para a instalación pica no seguinte enlace:: Compiling K3b from source step-by-step guide

Se prefires descargar paquetes .deb tamen o debes facer na orde indicada::

Fontes:: -web de k3b-ubuntutips.com.ar-

Add comment Junio 26, 2007

get.Debian.net

Entrou en funcionamento o sitio get.Debian.net, que apunta a facer que as descargas desa distribución GNU/Linux sexan máis fáciles, rápidas e intuitivas. get.Debian.net “adiviña” que imágen en CD e DVD de Debian 4.0 “Etch” é a máis apropiada para a súa familia de computadoras baseándose nos datos da que está usando agora.

get.Debian.net é mantido polo grupo de usuarios de debian-br, nunha iniciativa producida na última edición do evento anual Debconf.

Quen busquen máis opcións de descargas ou soporte para máis arquitecturas deben visitar o máis típico www.debian.org/CD.

Fonte:: -vivalinux.com.ar-

Add comment Junio 25, 2007

Moonlight: o Silverlight para Gnu/Linux

E tal como prometeu Miguel de Icaza, un equipo de programadores do proxecto Mono logrou a increible fazaña de portar Silverlight a GNU/Linux en só 21 días de duro traballo, poucas horas de soño e moito café. O resultado chámase Moonlight e podemos coñecelo con máis detalle no blog de Miguel.

O resultado é un plugin que en realidade non necesita de Mono para funcionar e que nos permitirá acceder desde GNU/Linux ao contido de vídeos, gráficos vectoriales e animacións desenvolvidos con esta nova tecnoloxía de Microsoft equiparable ao Flash de Adobe.

Sempre Icaza!!!

Fonte::-vivalinux.com.ar-

Add comment Junio 25, 2007

Libros On-Line sobre Ubuntu

En Kernel Source mostran hoxe unha nova sobre libros de Ubuntu on-line, os que nos mostran son os seguintes::

Moving to Ubuntu Linux

The Official Ubuntu Book

Ubuntu Unleashed

Ubuntu Hacks

Ala a aprender!!!!

Add comment Junio 21, 2007

Foxmarks -sincroniza os teus marcadores-

Foxmarks é un plugin para Firefox que permite manter sincronizados os nosos marcadores entre distintas máquinas. Unha vez que o instalamos e reiniciamos firefox aparécenos un sinxelo asistente de configuración no que podemos crear unha conta ou utilizar unha xa existente. Logo de creala almacena todos nosos enlaces nos seus servidores e automaticamente mantenos actulizados. A partir de aquí, se instalamos o plugin noutra máquina ao inicialo por primeira vez pregúntanos se queremos substituír os marcadores locais cos remotos ou mesturalos. Feito isto, podémolos organizar, almacenar de novo e listo. A partir dese momento teremos sempre os marcadores sincronizados en todos os nosos computadores.

Sen dúbida unha utilidade moi a ter en conta para alguén que navega desde distintas máquinas.

Fonte:: -Blog de Ivan López-

1 comment Junio 20, 2007

Beryl + Compiz = CompComm (Composite Community)

En Ubuntu Life, vexo un artigo interesante sobre como instalar CompComm ainda que parece que esta nunha fase inestable, pero sempre hai atrevidos que non poden esperar… para instalalo faise usando un script chamado ‘makeccc’.

Para instalar:::

1. Descarga o script makeccc
(click dereito -> gardar enlace como) e gárdao no teu disco duro co nome ‘makeccc’.

2. Non se se é necesario ou non, pero eu mellor desinstalaría Beryl antes de nada:
sudo apt-get remove –purge beryl beryl-plugins beryl-manager

3. Abre un terminal e accede ao directorio onde descargaches o script. Dálle permisos de execución:
chmod x makeccc

4. Instalar os paquetes necesarios:
./makeccc packages

5. Descargar/actualizar Compiz/CompComm:
./makeccc clone

6. Instalalo:
./makeccc install

7. Se quixeses desinstalarlo podes facelo executando:
./makeccc uninstall

8. Configurar CompComm. Tes dúas opcións (eu uso a primeira).

Unha, executando o comando:
ccsm -(ou desde Sistema -> Preferencias -> CompizConfig Settings Manager)-

A segunda, executando o comando:
ccs-settings -(ou desde Sistema -> Preferencias -> CCS Settings Manager)-

No panel do CompizConfig Settings Manager podes configurar absolutamente todos os parámetros que queiras. Están bastante ben ordenados e accesibles, seguro que te pasas un ratiño cambiando e esculcando cousas.

Xa podes ver o teu novo escritorio con CompComm funcionando. Abre un terminal e executa:

compiz-manager

¡E a gozar! Se queres que se active CompComm sempre que inicies sesión, non tes máis que engadir o comando compiz-manager como programa ao comezo (en Gnome desde Sistema -> Preferencias -> Sesións).

Moito coidado: non actives o plugin de GLib (na sección Utility) porque debe estar dando moitos problemas co xestor de preferencias.

Para + información::
Lee a nova completa en UbuntuLife .

En HacheMuda .

Web de Compiz .

Web de Beryl .

1 comment Junio 20, 2007

Un GNU/Linux para a seguridade Wireless

WifiSlax é unha distribución española baseada en Slax (que á súa vez está baseada en Slackware), e que está orientada principalmente á seguridade de redes Wireless.

É bastante lixeira e funcional, con moitas ferramentas achega do tema do que partiu idéaa -seguridade WiFi-, e que conta con numerosas aplicacións para estar ao tanto sobre a seguridade da túa rede, como poden ser analizadores de tráfico ou debuggers.

Pero non só conta con aplicacións específicas de redes, senón que tamén conta con ferramentas de Internet e como non, aplicacións para gravar, escoitar música, e un longo etc.

Inicialmente é un Live CD para poder probala, se che gusta pódese instalar perfectamente no sistema operativo.

Para descargala:: aquí.

Fonte: – de novo fentlinux-

Add comment Junio 19, 2007

VCL 0.8.6c

Liberada unha nova versión do fantástico reprodutor VideoLAN, en concreto a 0.8.6c. Coñecido tamén como VLC, soporta MPEG-1, MPEG-2 and MPEG-4 / DivX, DVDs… sendo ademais multiplataforma, co que os usuarios de GNU/Linux podemos gozar del plenamente.

Para descargalo: aquí ou descarga directa aquí.

Fonte: – fentlinux -

Add comment Junio 18, 2007

Previous Posts


Calendario

Junio 2007
L M X J V S D
« May   Jul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Consola-Terminal Coñecemento Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta