Archive for 14/06/07
Anatomía do kernel -Linux-
IBM na súa web oficial ofrécenos un interesante ártigo escrito por M.Tim Jones (Enxeñeiro de Emulex Corp.), que nos explica como é e funciona o Kernel de Linux.
‘O Kernel do Linux é a base dun sistema operativo grande e complexo, aínda que se organiza ben en termos de subsistemas e capas’. Neste ártigo bríndase a oportunidade do lector (está en inglés) de explorar de forma profunda o Kernel e familiarizarse cos subsistemas e interfaces importantes.
Esta é sen dúbida unha lectura que un non se debe de perder!!

Fonte: -noticiastech-
Add comment Junio 14, 2007
Metacity – lixeiro xestor de fiestras -
Temos dispoñible a versión 2.19.13 de Metacity,é o xestor de fiestras lixeiro por defecto de GNOME, que aínda que forma parte de Gnome tambien está dispoñible “solto”, é dicir que poderás usalo libremente ao teu antollo. A súa reputación precédelle: estabilidade e ergonomía son as súas maiores bazas.
Ademais, é totalmente personalizable xa que existen centos de skins para que poidas cambiar o seu aspecto e así facelo máis persoal, segundo o teu estado de humor ou personalidade. O bo de MetaCity é que non require GNOME para executarse. Se queres un xestor de fiestras simple pero eficaz: Metacity.
Para descargalo pica aquí.
Fonte: -fentLinux-
Add comment Junio 14, 2007
