Archive for 20/06/07

Foxmarks -sincroniza os teus marcadores-

Foxmarks é un plugin para Firefox que permite manter sincronizados os nosos marcadores entre distintas máquinas. Unha vez que o instalamos e reiniciamos firefox aparécenos un sinxelo asistente de configuración no que podemos crear unha conta ou utilizar unha xa existente. Logo de creala almacena todos nosos enlaces nos seus servidores e automaticamente mantenos actulizados. A partir de aquí, se instalamos o plugin noutra máquina ao inicialo por primeira vez pregúntanos se queremos substituír os marcadores locais cos remotos ou mesturalos. Feito isto, podémolos organizar, almacenar de novo e listo. A partir dese momento teremos sempre os marcadores sincronizados en todos os nosos computadores.

Sen dúbida unha utilidade moi a ter en conta para alguén que navega desde distintas máquinas.

Fonte:: -Blog de Ivan López-

1 comment Junio 20, 2007

Beryl + Compiz = CompComm (Composite Community)

En Ubuntu Life, vexo un artigo interesante sobre como instalar CompComm ainda que parece que esta nunha fase inestable, pero sempre hai atrevidos que non poden esperar… para instalalo faise usando un script chamado ‘makeccc’.

Para instalar:::

1. Descarga o script makeccc
(click dereito -> gardar enlace como) e gárdao no teu disco duro co nome ‘makeccc’.

2. Non se se é necesario ou non, pero eu mellor desinstalaría Beryl antes de nada:
sudo apt-get remove –purge beryl beryl-plugins beryl-manager

3. Abre un terminal e accede ao directorio onde descargaches o script. Dálle permisos de execución:
chmod x makeccc

4. Instalar os paquetes necesarios:
./makeccc packages

5. Descargar/actualizar Compiz/CompComm:
./makeccc clone

6. Instalalo:
./makeccc install

7. Se quixeses desinstalarlo podes facelo executando:
./makeccc uninstall

8. Configurar CompComm. Tes dúas opcións (eu uso a primeira).

Unha, executando o comando:
ccsm -(ou desde Sistema -> Preferencias -> CompizConfig Settings Manager)-

A segunda, executando o comando:
ccs-settings -(ou desde Sistema -> Preferencias -> CCS Settings Manager)-

No panel do CompizConfig Settings Manager podes configurar absolutamente todos os parámetros que queiras. Están bastante ben ordenados e accesibles, seguro que te pasas un ratiño cambiando e esculcando cousas.

Xa podes ver o teu novo escritorio con CompComm funcionando. Abre un terminal e executa:

compiz-manager

¡E a gozar! Se queres que se active CompComm sempre que inicies sesión, non tes máis que engadir o comando compiz-manager como programa ao comezo (en Gnome desde Sistema -> Preferencias -> Sesións).

Moito coidado: non actives o plugin de GLib (na sección Utility) porque debe estar dando moitos problemas co xestor de preferencias.

Para + información::
Lee a nova completa en UbuntuLife .

En HacheMuda .

Web de Compiz .

Web de Beryl .

1 comment Junio 20, 2007


Calendario

Junio 2007
L M X J V S D
« May   Jul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Consola-Terminal Coñecemento Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta