Archive for 20/07/07
GNU/Hurd fedellando co kernel da FSF
Pois vagabundeando pola rede topei con CRySOL (Cidade Real e Software libre) de onde colga un post de como instalar usando Qemu o sistema operativo GNU eo kernel HURD que como sabes esta sendo desenvolvido lentamente (dado a complexidade para depuralo) pola -free software fundation-; é interesante que surxan alternativas ao kernel Linux para poder elexir que desexamos ter no noso equipo, ainda que esta claro que o desenvolvemento dun kernel é un traballo complexo, duro é difícil; ogalla pouco a pouco HURD vaia saindo a diante e teñamos pronto unha boa alternativa moito máis se nos fixamos nas cada vez maiores discrepancias existentes entre a FSF e Linus Trovals (ahora apoiado pola Linux Foundation); seguro que Linux será sempre libre o que non teño tan claro é se será sempre gratis… iremos vendo¡!
Add comment Julio 20, 2007
Vai de FireFox…
Ben, despois da boa nova de que Firefox xa supera a IE en Europa toca seguir avanzando e gañando terreo…
Por un lado temos unha nova versión de Swiftweasel na súa versión 2.0.0.5, lembrate que Swiftwasel é un navegador basado en Firefox pero optimizado par GNU/Linux.
Para máis información sourceforge.net e os enlaces de descarga aquí.
E por outro lado temos a versión Portable de Firefox 2.0.0.5 para levar nun dispositivo usb, é necesario facer uso de ‘wine‘ dado que demomento só esta dispoñible para HaseFroch(M$).
Infórmate en Portable’s Firefox 2.0.05.
Add comment Julio 20, 2007


