Archive for 30/07/07

Cal é a túa idade real??

Fedellando en ‘meneame‘ topei con esta web onde che calculan a túa idade real en contraposición coa túa idade biolóxica, os teus habitos así como a túa forma de ser son importantes…mira é sorprendete!!!

Add comment Julio 30, 2007

DVD Flick

DVD Flick é un software gratuíto de fonte aberta, que é capaza de converter calquera formato de vídeo en DVD compatible coa maioría dos reprodutores de DVD do mercado.

Ademais é totalmente configurable, xa que che deixa engadir menús, subtítulos, varias escenas, etc? e esta é unha boa razón para tela instalado na túa PC.

Unha pequena lista dos arquivos compatibles con esta aplicación son:
AVI, MPG, MOV, WMV, ASF, FLV, Matroska e MP4. Soporta os Codecs, MPEG-12/2\4 (Xvid, DivX, etc.), Windows Media AudioVideo/Video. MP3, OGG Vorbis (interesante :-D ), H264, e On2 VP56/6.

Ten a capacidade (por se non queres gravalo nun DVD) de converter os proxectos nunha imaxe ISO.

Esta aplicación é para os sistemas operativos de Win2. -Haberá que ver se funciona en -Wine- eu a verdade e que ainda non tiven tempo a xogar con él, será cuestión de buscar un ratiño libre…xa veremos que tal.

Fonte::-noticiastech-

Add comment Julio 30, 2007

Xampp = Apache+Mysql+Php+PhpAdmin -nova versión-

Atópase dispoñible unha nova versión final e estable de XAMPP, en concreto a 1.6.3a. Unha das formas máis fáciles e rápidas de ter Apache, MySQL, PHP e phpMyAdmin na súa máquina é, sen lugar a dúbida, pasando por un paquete de instalación cómodo e automático como XAMPP.

Ofrece un -pack de instalación automática- co que poderás aloxar e servir as túas páxinas web desde a túa máquina en local.

Ademais, XAMPP ofrece unha colección de librerías e outras aplicacións de gran utilidade para o manexo e administración dunha páxina web, xunto a todas as dependencias que resultan imprescindibles.
Inclúe, entre outras utilidades, PHP – PEAR, SQLite, Perl, ProFTPD, OpenSSL, GD, Freetype2, libjpeg, libpng, zlib, Ming, Webalizer, mod_perl, eAccelerator e phpSQLiteAdmin.Ademais, inclúe Apache 2 e as últimas versións de MySQL e PHP, todo isto nun asistente que automatizará todo o proceso de instalación.

Web do proxecto e enlaces de descarga: XAMPP

Para máis información: aquí.

Fonte:-fentlinux-

Add comment Julio 30, 2007


Calendario

Julio 2007
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Consola-Terminal Coñecemento Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta