Archive for Agosto 2007
E máis libros gratis!!!
Hoxe o amigo annsenadas subiu a agnix.org un post onde se nos indica unha URL para poder obter máis libros gratis, –http://freebooks.homelinux.org/–.
Particularmente xa descarguei uns cantos e-books, como poden ser::
Java Application Developement on Linux
…
Hai un bo listado, ¡¡Vamos a por eleeeeees!!
Add comment Agosto 31, 2007
Enigmas! Problemas para a túa intelixencia
De todos é sabido que resolver problemas, buscar solucións imaxinativas a situacións complexas, intentar encontrar a terceira cara dunha moeda non deixa de ser un xogo beneficioso para a nosa materia gris. Entrenar o cerebro é importante para ter as nosas neuronas fortes e activas…
Gustache estruxarte os miolos??? pois contestame isto::
” Tenemos un vaso de agua lleno hasta el borde donde flota un cubito de hielo. ¿Qué ocurrirá al fundirse el hielo? ¿Bajará el nivel del agua?, ¿rebosará parte del agua?, ¿no se modificará el nivel? “
Queres saber a resposta?? queres seguir rompendote as cornas?? pois pica aquí. (PsicoActiva:Enigmas)
Add comment Agosto 30, 2007
Manual de Seguridade de Debian
Onte falando co amigo Oscar Casal sobre diversos temas pregunteille para que me recomendase algunha lectura sobre seguridade, un tema dunha importancia vital no mundo actual. A recomendación que recibín foi a seguinte:: http://www.debian.org/doc/manuals/securing-debian-howto/securing-debian-howto.en.pdf que non é outra cousa que o *Manual de Seguridade de Debian* esta en inglés, pero é de lectura fácil.
Recomendable para todos aqueles que queren empezar a fedellar na seguridade informática.
Add comment Agosto 30, 2007
CHM en GNU/linux
Os ficheiros con extensión .chm son un formato – propietario -de arquivo creado por Micro$oft para os seus arquivos de axuda. En realidade trátase dun arquivo que encapsula un conxunto de páxinas HTML e engade a posibilidade de usar un índice. Non en balde as súas siglas proveñen de Compiled HTML Help.
Para poder ver arquivos chm en GNU/Linux temos dúas alternativas, extraer as páxinas HTML que compón o arquivo ou ben utilizar unha aplicación capaz de ler CHM.
Para a primeira opción podemos acudir ao comando extract de libraríaa CHM. Para instalalo:
sudo aptitude install libchm-bin
Para extraer
extract_chmLib o meu_arquivo_chm.chm directorio
onde, como podedes adiviñar, o primeiro argumento é o arquivo chm que queremos extraer e o segundo o directorio no que gardar os arquivos extraídos.
Dentro da segunda categoría contamos con varias alternativas, como pode ser xchm, gnochm para Gnome ou kchmviewer para KDE (todos nos repositorios de Ubuntu).
———-
Tamén podes usar a apliación arCHMage .
Para descargala::
- Compilada para Ubuntu:: aquí.
- Compilada para Debian:: aquí.
Se o que queres é o código:: aquí.
Nos repositorios podes encontrar os seguintes visualizadores::
** xchm **
** gnochm **
Visto en:: -mundoGeek-
2 comments Agosto 28, 2007
TOP 100 aplicacións para GNU/Linux
Lendo en UbuntuLife enterome que ubuntuForums fixeron unha lista coas cen mellores apliacións de open source. Se queres votalle un ollo é interesante…

1 comment Agosto 28, 2007
10 bonitos experimentos sobre ciencia
Hoxe toca de novo xogar coa ciencia e cuns experimentos curiosos e atractivos, son simples, son divertidos, son para descubrir o mundo que nos rodea; non fai falla que sexas científico, nin un ilustrado na materia o único que se precisa para poder divertirse con cousas así e ter ganas de xogar a aprender… bóutalle unha ollada!!
Add comment Agosto 28, 2007
Sobre que servidor corres…
Facendo uso de NetCraft deume por ollar sobre que servidores corren distintas web’s de certo interes en Galiza.
O resultado foi o seguinte::
–En concellos–
- www.lugo.es sobre IIS-Windows -> http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.lugo.es
- www.coruna.es sobre Unknown-Gnu/Linux -> http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=http%3A%2F%2Fwww.coruna.es%2F
- www.ourense.es sobre IIS-Windows Server -> http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.ourense.es
- www.pontevedra.es sobre Apache-Gnu/Linux -> http://uptime.netcraft.com/up/graph?site=www.pontevedra.es
- www.vigo.es sobre Apache-Gnu/Linux -> http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.vigo.es
- www.compostela.es sobre Apache-Gnu/Linux -> http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.santiagodecompostela.org
–En deputacións–
- www.diputacionlugo.org/ sobre Apache/Gnu/Linux -> http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.diputacionlugo.org%2F
- www.dicoruna.es/ sobre Apache-Gnu/Linux -> http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.dicoruna.es%2F+
- www.depontevedra.es/sobre Apache-Gnu/Linux-> http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.depontevedra.es%2F
- www.depoourense.es/ sobre Apache-Gnu/Linux -> http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.depourense.es%2F
–En Xornais–
- www.elprogreso.es sobre IIS-Windows Server ->http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.elprogreso.es
- www.lavozdegalicia.es sobre Apache-Gnu/Linux->http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.lavozdegalicia.es
- www.laregion.es sobre Apache-Gnu/Linux->http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.laregion.es
- www.galicia-hoxe.com sobre Apache-Gnu/Linux -> http://uptime.netcraft.com/up/graph?site=www.galicia-hoxe.com
- www.laopiniondecoruna.es sobre Apache-Gnu/Linux -> http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.laopinioncoruna.es
- www.farodevigo.es sobre Apache-Gnu/Linux -> http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.farodevigo.es
Como podemos ver o servidor Apache sobre o sistema operativo GNU/Linux arrasa nas web’s estudiadas. Seguirei ampliando esta nova conforme vaia sacando información dos distintos sitios de interes.
3 comments Agosto 27, 2007
GetDeb nos teus repositorios!!
Seguro que xa coñeces GetDeb , ese portal de Ubuntu donde podes descargar sw xa compilado e listo para usar. Pero o que o mellor non sabes e que podes instalar todo este sw facendo uso de Synaptic,aptitude ou apt-get…
Para poder ter acceso a GetDeb dende o teu ’sistema de xestión de paquetes’ debes de modificar o sources.list e engadir a seguinte liña::
deb http://ubuntu.org.ua/ getdeb/
Logo debes de facer un:: sudo aptitude update para que se actualice a lista de repositorios.
Xa esta!! dende agora facendo uso de aptitude ou de Synaptic poderás instalar todo o sw dispoñible en GetDeb.
Ollo!! Non é convinte facer instalacións de paquetes dende repositorios non oficiais, polo tanto este metodo é interesante para instalar paquetes soltos, pero NON e recomendable facer un sudo aptitude upgrade dado que poderíamos xenerar problemas.
Información recollida en:: GetDeb & kernelSouce
Add comment Agosto 27, 2007
Novas versións -Wine- & -Brasero-
Tanto Wine como Brasero non deixan de actualizarse, mellorar e acoplar novas funcionalidades; desta xa temos a versión 0.9.44 de Wine e a versión 0.6.1 de Brasero.
Descargar Wine: aquí.
Descargar Brasero: aquí.
Descarga directa Brasero: aquí.
Pois veña a actualizarse toca!!!
Visto en :-fentlinux-
Add comment Agosto 27, 2007
Mapa interactivo do Kernel-Linux-
Na seguinte web encontrarás un mapa interactivo do kernel do sistema operativo GNU que como ben sabes é Linux, a web é esta:: http://www.linuxdriver.co.il/kernel_map
Add comment Agosto 23, 2007
Coñeces FEBE- Firefox Environment Backup Extension
FEBE é unha das moitisimas (ou máis) extensións que ten Mozila FireFox, esta aplicación permiteche realizar unha copia de seguridade das extensións que tes instaladas, dos temas, e opcionalmente dos bookmarks, dos contrasinais, das cookies… e todo dunha forma rapida e sinxela.
Actualmente esta na súa versión 5.0.
Para saber máis pincha en:: FEBE firefox add-ons
Se o queres descargar directamente pica aquí.
Add comment Agosto 23, 2007
TOR, navegación anónima
Coñeces TOR, conxunto de ferramentas para poder opter o anonimato na rede. Tor pode axudarche facendo anónima a navegación e publicación web, mensaxería instantánea, IRC, SSH e demais aplicacións que usan o protocolo TCP. Tor tamen proporciona unha plataforma sobre a cal os desarrolladores de programas poden construír novas aplicacións que incorporen características de anonimato, seguridade e privacidade.
Como funciona TOR.
Documentación sobre TOR.
Descargar TOR e puntualicacións de funcionamento.
—–Actualización—–
Fedellando en kritopolis.org, encontrei máis información sobre esta ferramenta; como veredes o picar no enlace aparece unha lista de articulos onde se expoñen os ‘pros’ e os ‘contras’ de Tor. Tamén se fala de Tork que facilita o uso de Tor… e hora de xogar e aprender.
2 comments Agosto 22, 2007




