Archive for 7/08/07
Estou reorganizando a bitácora
Pois sí, estou reorganizando un pouco a bitácora dado que o número de -post- xa empeza a alcanzar unha cantidade considerable e que prefiro pegarlle un repaso agora que ainda é fácil manexar a información que esta dispoñible, vou crear algunas categorias máis e recolocar moitas das novas dado que no seu momento cando as subin por falta de tempo aglutineinas moito en duas ou tres categorias.
Xa estou preto de terminar, engadín novas categorías e reorganicei moitos -post- con respecto as novas categorías.
Tamén quero diversificar as novas, o tema central será Gnu/Linux pero hai máis temas que me interesan así que de cando en vez ou de vez en cando animaremos a bitácora con outros temas.
Como poidestes observar este tempo a maioría das novas son unha tradución literal nalgúns casos de novas encontradas noutros blogues isto é así porque cando empecei a postear nesta bitácora a idea e que me servira de ‘almacen’ de cousas interesantes para aprender e para ter un lugar na web onde poder acumular todas esas novas sobre aplicacións,distros,ubuntu,etc… e nese sentido vou seguir, ainda que xa vai sendo tempo de que empece a voar soiño e empezar a ‘xogar’ a subir novas das cousas que vou facendo pola miña conta.
Veña haber como sae a cousa, porque entre o traballo, o PFC, e subir novas a agnix.org pouco tempo me queda.
Saudos e Saude!!!
Add comment Agosto 7, 2007
