Mellorando o rendimento do teu sistema

Agosto 10, 2007

Lendo na bitácora do profesor Ricardo Galli (creador do mename.net) atoparás unha nova que indica como mellorar o rendemento do teu sistema desactivando as opcións ‘atime‘ e ‘diratime‘ .

O Sr.Galli danos unha breve explicación::

“Seguindo o deseño orixinal de Unix, para cada ficheiro almacénanse unha serie de -metadatos-, entre eles a data de creación/modificación ->mtime, modificación do inodo ->ctime, e tamén a data de último acceso -> atime. Iso significa que aínda que se acceda a un ficheiro para só lectura xérase unha escritura ao disco para actualizar a hora de acceso ten precisión dun segundo. Isto ocorre aínda que o contido do ficheiro estea completamente no pagecache, o que o fai aínda máis ridículo.

O noatime -> indica que non se actualice a hora de acceso a un ficheiro. nodiratime -> é similar pero para accesos a directorios (por exemplo cando se busca un ficheiro polo seu nome).

¿Por que se segue usando? Sobre todo por razóns históricas e porque uns poucos programas de correo, ‘creo que tamén o mutt‘ úsano para verificar se chegaron un correo novo. Xa non ten nin sentido para isto, porque o Linux ten interfaces máis adecuadas para iso, por exemplo o inotify, que notifican aos programas cando se modifica un ficheiro ou directorio.”

E tamén nos indica como debemos de proceder::

Agregar as opcións “noatime,nodiratime” no /etc/fstab.
/dev/sda1 / ext3 defaults,noatime,nodiratime,errors=remount-ro 0 1

Para non reiniciar o ordenador ou o servidor:
mount -o remount,noatime,nodiratime /

E como se indica nos comentarios que hai seguindo a nova, isto pode axudar a aforrar baterías dos nosos portátiles e porque non ata a vida do disco duro que ó ter menos accesos terá menos carga de traballo prolongando a súa vida de uso.

Nova orixinal aquí.

Entry Filed under: Hack. .

1 Comment Add your own

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

Agosto 2007
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Coñecemento Consola-Terminal Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta