Archive for 16/08/07

LinuxMCE outro MediaCenter en Gnu/Linux

Desde fai un par de semanas temos dispoñible unha nova version deste Media Center para Linux. Ver peliculas desde o sofa da nosa casa non pode ser mais facil.

LinuxMCE esta baseado en KDE e leva integradas aplicacións como: Asterisk, Xine, MythTV, Firefox, e VideoLAN. Podes descargalo desde o seu pagina web.

Fonte:-UbuntuLife-

Add comment Agosto 16, 2007

Seahorse, manexa as tuas claves en Gnome

Seahorse, é unha máis que interesante aplicación gráfica propia da contorna Gnome, coa que podemos traballar comodamente á hora de xerar e manexar claves de encriptación.

Para máis detalles sobre a aplicación: gnome.org/projects/seahorse

Para descargar as diferentes versións:: pica aquí.

Enlace relacionado: manual sobre a súa utilización no 5 boletín FL.

Fonte::-fentlinux-

1 comment Agosto 16, 2007

kernel_2.6.22.3

Suma e segue. Atópase dispoñible unha nova versión estable do núcleo da rama máis actual, en concreto falamos do Kernel 2.6.22.3. O desenvolvemento do núcleo do sistema operativo do pingüín segue imparable e a bo ritmo.

Para coñecer todas as novidades que incorpora a lista de cambios do kernel: 2.6.22.3.

Para descarga directa da presente versión: kernel 2.6.22.3

Para saber máis sobre el:  kernel.org.

Fonte::-fentlinux-

Add comment Agosto 16, 2007

Aptitude e apt-get,¿cal prefires?

Aptitude é unha ferramenta amplamente usada polos usuarios de Debian (e outras baseadas nesta)/nesta) para a xestión de paquetes que instalamos/eliminamos do sistema. Aínda que moitas veces temos suficiente con facer un apt-get update && install, cando eliminamos algo que non necesitamos ou actualizamos, podemos atoparnos problemas de dependencias. Neses casos, se non se domina apt podemos atoparnos cun pequeno quebradizo de cabeza.

Front-ends como Aptitude (en consola) ou Synaptic (gráfico, o meu favorito) permiten resolver en gran parte todos os problemas entre conflitos de versións, actualizacións de dependencias e eliminación das mesmas. Neste artigo discútense as vantaxes de usar un todo nun como Aptitude, aforrándonos procedementos accesorios e facilitando o mantemento.

A miña opinión como usuario non avanzado é que coñecer o manexo destas utilidades aforra tempo e esforzos. E supoño que os usuarios avanzados estarán na mesma liña.

Aptitude VS apt-get. (Linux Journal)

Fonte:: -kernelSource-

Add comment Agosto 16, 2007


Calendario

Agosto 2007
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Consola-Terminal Coñecemento Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta