Archive for 28/08/07
CHM en GNU/linux
Os ficheiros con extensión .chm son un formato – propietario -de arquivo creado por Micro$oft para os seus arquivos de axuda. En realidade trátase dun arquivo que encapsula un conxunto de páxinas HTML e engade a posibilidade de usar un índice. Non en balde as súas siglas proveñen de Compiled HTML Help.
Para poder ver arquivos chm en GNU/Linux temos dúas alternativas, extraer as páxinas HTML que compón o arquivo ou ben utilizar unha aplicación capaz de ler CHM.
Para a primeira opción podemos acudir ao comando extract de libraríaa CHM. Para instalalo:
sudo aptitude install libchm-bin
Para extraer
extract_chmLib o meu_arquivo_chm.chm directorio
onde, como podedes adiviñar, o primeiro argumento é o arquivo chm que queremos extraer e o segundo o directorio no que gardar os arquivos extraídos.
Dentro da segunda categoría contamos con varias alternativas, como pode ser xchm, gnochm para Gnome ou kchmviewer para KDE (todos nos repositorios de Ubuntu).
———-
Tamén podes usar a apliación arCHMage .
Para descargala::
- Compilada para Ubuntu:: aquí.
- Compilada para Debian:: aquí.
Se o que queres é o código:: aquí.
Nos repositorios podes encontrar os seguintes visualizadores::
** xchm **
** gnochm **
Visto en:: -mundoGeek-
2 comments Agosto 28, 2007
TOP 100 aplicacións para GNU/Linux
Lendo en UbuntuLife enterome que ubuntuForums fixeron unha lista coas cen mellores apliacións de open source. Se queres votalle un ollo é interesante…

1 comment Agosto 28, 2007
10 bonitos experimentos sobre ciencia
Hoxe toca de novo xogar coa ciencia e cuns experimentos curiosos e atractivos, son simples, son divertidos, son para descubrir o mundo que nos rodea; non fai falla que sexas científico, nin un ilustrado na materia o único que se precisa para poder divertirse con cousas así e ter ganas de xogar a aprender… bóutalle unha ollada!!
Add comment Agosto 28, 2007

