CHM en GNU/linux
Agosto 28, 2007
Os ficheiros con extensión .chm son un formato – propietario -de arquivo creado por Micro$oft para os seus arquivos de axuda. En realidade trátase dun arquivo que encapsula un conxunto de páxinas HTML e engade a posibilidade de usar un índice. Non en balde as súas siglas proveñen de Compiled HTML Help.
Para poder ver arquivos chm en GNU/Linux temos dúas alternativas, extraer as páxinas HTML que compón o arquivo ou ben utilizar unha aplicación capaz de ler CHM.
Para a primeira opción podemos acudir ao comando extract de libraríaa CHM. Para instalalo:
sudo aptitude install libchm-bin
Para extraer
extract_chmLib o meu_arquivo_chm.chm directorio
onde, como podedes adiviñar, o primeiro argumento é o arquivo chm que queremos extraer e o segundo o directorio no que gardar os arquivos extraídos.
Dentro da segunda categoría contamos con varias alternativas, como pode ser xchm, gnochm para Gnome ou kchmviewer para KDE (todos nos repositorios de Ubuntu).
———-
Tamén podes usar a apliación arCHMage .
Para descargala::
- Compilada para Ubuntu:: aquí.
- Compilada para Debian:: aquí.
Se o que queres é o código:: aquí.
Nos repositorios podes encontrar os seguintes visualizadores::
** xchm **
** gnochm **
Visto en:: -mundoGeek-
Entry Filed under: Agnix, Consola-Terminal, Micro$oft, tecnoloxia. .
2 Comments Add your own
Leave a Comment
Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed

1.
María Rodríguez | Agosto 29, 2007 at 7:40 am
Holas!!!!!!!!!!! Cando me das unhas clases sobre SW libre? Son unha ignorantiña…. q lle vou facer. Que razón tes cando dis que perdemos o tempo na carreira. Por certo moi interesante o de CHM. Bikiños
2.
toniocastro | Agosto 29, 2007 at 8:03 am
Mariaaaaaaaaaaa!!! clases de sw libre, veña esta feito; ti ignorante jajaaajaaaaa xa xa non me fagas rir… ademais como dixo aquel poeta…’so é ignorante aquel que non quere aprender’.
Oe espero verte máis por aquí, Veña Bicos!!!!