Archive for Septiembre 2007
-De vavacions!!!!!!!!!!!!!-
Pois sí, agora que para a maioria da xente as vacacións só son un recordo, agora que os pícaros voltarón a clase, agora que o verán parece decir adeus…. agora voume de vacaciooooooooooooooooooóns!!!! Ooooeooooeeeeoooooeeeeoeeeeee……!!!!
Polo tanto ata principios de Outubre estarei fora da rede, desconectado, illado, relaxado, vivindo por vivir.
Por iso e momento de mirar atras a aquel 6 de Abril deste ano e ver todo o que aconteceu neste tempo, foron 234 novas subidas con máis de 7000 visitas que a verdade para o tempo que leva a bitácora activa dentro do ambito galego e contando que a fixen nun principio para disfrute persoal pois non está nada mal.
O resumo por semanas das estadisticas é este::
Con respecto as vacacións a primeira semana estarei por aquí::
A seguinte estarei pola miña aldea, disfrutando da traquilidade, dos meus cans, dos amaneceres e dos atardeceres, fareí algo de deporte, aturullareime de documentais e todo aquelo que me pete, que estou de vacacioooons!!!
Así que vemonos pronto, de momento collo un descansiño para repoñer forzas, e voltar con máis ganas que antes a dar a vara…
Saudos e Saude amigos!!
2 comments Septiembre 12, 2007
GnuPg -versión 2.0.7-
Nova versión de GNU Privacy Guard -GnuPG- concretamente a versión 2.0.7.
O anuncio podes velo nesta web.

Add comment Septiembre 12, 2007
FileZilla for Gnu/Linux
Finalmente lanzouse a anticiada versión 3.0 do cliente de FTP FileZilla, completamente reescrita e con soporte para GNU/Linux e Mac VOS X por primeira vez.
Descarga FileZilla:: aquí . (Source)
Add comment Septiembre 12, 2007
Configurador gráfico para o servidor Apache
Kochizz é unha ferramenta con interfaz gráfica que pretende ofrecer axuda na configuración do servidor web Apache, unha tarefa tradicionalmente restrinxida á consola (con permiso do módulo para Apache de Webmin). A través dela poderemos acceder aos diferentes ficheiros de configuración así como parar ou lanzar o servidor. Está desenvolvida con Qt polo que se integrará perfectamente na contorna de escritorio KDE, aínda que tamén é perfectamente executable desde outros. Persoalmente non é que me pareza mal este tipo de ferramentas pero adoito miralas con certa cautela xa que non me seduce a idea de perder potencia e versatilidade de configuración a cambio de facilidade de uso. No entanto seguro que lle resulta útil a moitos usuarios que non necesiten de configuracións non moi esixentes do popular servidor web libre.
Visto e:: -kernelSoruce-
Add comment Septiembre 11, 2007
Devede 3.1
Xa se falou en agnix.org do Devede, neste caso anunciase a nova versión desta aplicación a cal permite crear vídeo DVDs e CDs, aptos para un reprodutor doméstico, a partir de case que calquera conxunto de arquivos de vídeo, en calquera formato reproducible por MPlayer.
Novas relacionadas,aquí e aquí.
Descargar Devede::aquí
Add comment Septiembre 10, 2007
GCompris 8.4 -para nenos de entre 2 a 10 anos-
GCompris é un programa de cómputo educacional con diferentes actividades para nenos entre 2 e 10 anos de idade. Algunhas actividades son como xogos, pero sempre son educacionales. Atoparás algunhas actividades dentro dos seguintes temas:
- Descubrindo a computadora: teclado, rato, diferentes movementos do rato, …
- Alxebra: táboa de memoria, enumeración, táboa de dobre entrada (balance), imaxe espello, …
- Ciencia: A canle, O ciclo da auga, O submarino, … – Xeografía: Coloca os países no mapa.
- Xogos: xadrez, memoria, …
- Lectura: práctica de lectura
- Outros: Aprende a dicir a hora, Crebacabezas de pinturas famosas, debuxos por vectores, …
En total, GCompris comprende mais de 50 actividades e evoluciona constantemente. GCompris é Software Libre, polo tanto tes a posibilidade de adaptalo ás túas necesidades, ou de melloralo, e porque non, de compartir o teu traballo con nenos de todo o mundo.

Visto gracias a:: -fentlinux-
2 comments Septiembre 10, 2007
Ciencia e medio ambiente
Na seguinte web, ides encontrar unha recopilación de distintos ‘xogos’ que como sempre nos aprenderán a entender o mundo que nos rodea, ideal para nenos e non tan nenos que teñen gañas de pasar un bo rato lembrando cousas o mellor xa olvidadas.
Add comment Septiembre 7, 2007
AutoDeb, de tarball a .deb de forma sinxela
Esta en fase de probas pero promete ser a salvación para aqueles que se inician no uso de Gnu/Linux. AutoDeb permitiranos transformar un paquete .tar.gz ou .tar.bz2 nun paquete .deb instalado no noso sistema, ocupase de instalar todas as dependencias e está diseñado para traballar con paquetes creados con autoconf e apoiándose en ferramentas como strace o checkinstall.
Entrada vista en:: -kernelsource-
Add comment Septiembre 7, 2007
Teléfonos mobiles VS tormentas e raios
Hoxe deume por buscar pola rede a relacción que hai entre os mobiles eos raios, a priori e basandome no que puiden observar e aprender en varios documentais da BBC e de NationalGeographic non encontraba ningunha relación directa que implicase que un mobil pode atraer un raio.
Pois polo visto ninguén nin os propios cientificos teñen moi claro isto; aquí vos deixo un enlace <via meneame.net> para que sexades vós mesmos os que saquedes as conclusións, eu persoalmente sigo sin ver dita relación mobil-raio.
Add comment Septiembre 6, 2007
O xestor de correo ‘Eudora’ agora é ‘Penelope’
O xestor de correo Eudora foi liberado co apoio da fundación Mozilla e renomeado co nome de Penelope, ainda esta en versión Beta, o desexo é unir o mellor de ThunderBird e de Eudora para obter un xestor de correo universal, libre e tremendamente completo.
Benvida Penelope!!!
Wiki de Mozilla.
Add comment Septiembre 5, 2007
Virtualbox 1.5.0
Fai un tempo falamos de VirtualBox indicando que é unha aplicación que nos permite virtualizar sistemas operativos, de tal forma que podemos ter varios e distintos sistemas correndo a vez dentro da mesma máquina (facendo uso de outro sistema operativo que se denomina anfitrión).
Hoxe saiu a nova de que VirtualBox esta dispoñible nos repositorios de Debian SID.
Por outra banda tamen podemos indicar que hai unha nova versión de Virtualbox neste caso a 1.5.0; para descargar os binarios pica aquí.

Add comment Septiembre 4, 2007
Google web Toolkit 1.4
Google Web Toolkit (GWT) 1.4, pois sí, xa esta na rúa a nova GWT de Google, interesante nova para todos aqueles dedicados ao desenrrolo web, engade novos widges, aplicacións máis rapidas e máis seguras así como novas funcionalidades.
Add comment Septiembre 3, 2007








