Archive for Octubre 2007
Sobre que servidor corres…II
Fai un tempo que fixen un estudio sobre que servidores corren as distinas web’s dos concellos de Galiza e dos xornais tanto galegos como estatais.
Hoxe decidín facer un analisis sobre que sistema operativo e servidor usan as principais ou máis coñecidas asociacións ecoloxitas de ámbito estatal e galego, para dito ‘analise’ fago uso de NetCraft que me reportara a información que busco.
S.O.: Linux
Servidor: DinaHTTPd Server
S.O.: Linux
Servidor: AOLserver/4.0.10
S.O.: Linux
Servidor: Apache/1.3.31
- Ecoloxistasenacción:: http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.ecologistasenaccion.org
S.O.: Linux
Servidor: Apache/1.3.33 Ben-SSL/1.55 Debian GNU/Linux AuthMySQL/4.3.9
- Amigosdelatierra:: http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.tierra.org
S.O.: Linux
Servidor: Zeus/4.3
- Seo/birdlife:: http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=www.seo.org%2F
S.O.: Windows Server 2003
Servidor Microsoft-IIS/6.0
**E curioso ver que a web de birdlife de ambito internacional sí corre sobre sw libe:: http://toolbar.netcraft.com/site_report?url=http%3A%2F%2Fwww.birdlife.org%2F
S.O.: FreeBSD
Servidor: Apache/2.0.58 FreeBSD PHP/4.4.2
Add comment Octubre 31, 2007
Ubuntu en modo laptop (por aforrar enerxia) pode acortar a vida do disco duro do teu portátil – Actualizado-
Mala nova sen dúbida, resulta que:: Unha configuración pouco afortunada da xestión da alimentación en modo laptop en Ubuntu (incluída a última versión 7.10) somete aos discos duros dos computadores portátiles a unha carga excesiva, que pode conducir á súa destrución nun par de anos.
O problema radica en que cando entra a alimentación mediante batería envíase un comando hdparm -B 1 a todos os dispositivos de bloques, o que comporta uns ciclos de carga e descarga (aparcado dos cabezales) excesivamente frecuentes. Os discos duros actuais están pensados para soportar ata uns 600.000 ciclos deste tipo ao longo de toda a súa vida útil, polo que un ritmo tan acelerado pode significar o fin do disco en dous anos ou menos
A solución e a nova maís completa esta en kriptopolis.
Nota:: Vou fedellar un pouco pola rede dado que é hai moita confusión respecto a este problema. Por certo como se indica na nova non afecta aos ordenadores de sobremesa.
Actualización:: Mirando diversos foros, parace ser que o problema non é tan grave como se indica e que non e cousa só de Ubuntu senon que afecta a todolos S.O. dende o 2005. O tema polo que se comenta o problema non esta na configuración de enerxia de Ubuntu dado que Ubuntu (ou Fedora) usan a configuración que trae por defecto a Bios.
Por outro lado aclaran que os 600.000 ciclos para os que estan pensados os discos duros son ciclos mínimos, ousexa que como mínimo aguantan 600.000 ciclos.
Ben, un socio de agnix.org o amigo J.A. Salgueiro deixou unha resposta na lista de socios a unha pregunta miña sobre este tema e indica unha ligazón onde podemos seguir fedellando sobre o caso (grazas amigo Salgueiro!!
)
A ligazón e esta:: Linux no mata discos duros, se mueren solos.
Moooi interesante.
Add comment Octubre 29, 2007
Auditoría ao planeta Terra… ‘Punto de NON retorno’
Tremendo documento o que se pode atopar na bitácora de Maikelnai’s blog unha excelente bitácora sobre ciencia, no que se relata o fatídico estado no que encontra o planeta que nos acolle, relato que podedes leer aquí traducido ao galego.
A velocidade á que a especie humana usou os recursos da Terra durante os últimos 20 anos puxo ?á propia humanidade? en perigo. Esta é a conclusión dun estudo realizado por 1.400 científicos.
A auditoría medioambiental para as Nacións Unidas descubriu que cada persoa no mundo necesita agora un terzo máis de chan, para o fornezo das súas necesidades, do que a Terra pode aportar.
O trinta por cento dos anfibios, o 23% dos mamíferos e o 12% das aves están en perigo de extinción, mentres que unha décima parte dos ríos do mundo sécanse cada ano antes de alcanzar o mar.
O deprimente veredicto sobre o medioambiente foi definido polo Programa Medioambiental da ONU como ?unha chamada urxente á acción?, que advertiu que nos estamos achegando rápidamente ao ?punto de non retorno?.
No borrador do informe e investigación participaron case 400 científicos, todos eles expertos en diferentes campos, cuxos descubrimentos sometéronse logo á revisión doutros 1.000 investigadores.
Os científicos que realizaron a revisión, 157 dos cales foron designados por 48 gobernos, dividíronse en grupos de expertos para cada un dos 10 capítulos do informe. Outros expertos foron seleccionados de máis de 50 centros de investigación de 47 países.
Marion Cheatle, participante no programa, comentou que o dano sostido realizado no medioambiente era fundamentalmente de orde económica, e que se non se comprobaba terminaría por afectar ao crecemento. O informe evaluó o impacto no medioambiente sufrido desde 1987.
O cambio climático foi identificado como un dos problemas máis acuciantes, pero se considerou que a preocupación achega as condicións dos suministros de auga doce, da terra de cultivo e da biodiversidade era de idéntica orde.
Auditoría á Terra
- A poboación mundial creceu nun 34%, ata alcanzar os 6.700 millóns, nos pasados 20 anos.
- Os ingresos per cápita anuais creceron un 40%, ata alcanzar os 8.162 $ USA.
- 73.000 Km2 de bosques pérdense cada ano no mundo – unha superficie equivalente á de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, León e a Rioja.
- 75.000 persoas cada ano morren por mor de desastres naturais
- Tres millóns de persoas morren por mor de enfermidades relacionadas co auga
- Dez millóns de nenos morren antes de alcanzar os 10 anos
- As terras dos granjeros producen un 39% máis que na década de 1980
- O 60% dos grandes ríos do mundo están embalsados ou foron desviados
- As poboacións de peixes de auga doce reducíronse nun 50% durante os últimos 20 anos
- Máis da metade do total de cidades supera as pautas de contaminación aconselladas pola OMS
Add comment Octubre 26, 2007
Cantos sabes de Gnu/Linux
Agora que chega o fin de semana e tes tempo libre deixoche aquí un test para que poñas a proba os teus coñecementos sobre Gnu/Linux, así poderas matar esas horas mortas ou simplemente poñerte as pilas e mellorar os teus coñecementos sobre o sistema do Ñu e do pinguin.
Como queira que sexa comenza… O test de GNU/Linux!!!!
**Nota- É curioso ver que o test sobre Gnu/Linux esta aloxado unha web asp, como se soe decir… cousas¡! :-/
Add comment Octubre 26, 2007
…*buntu
O mundo que xira ao redor da distro máis popular de Gnu/Linux non para de crecer e de actualizarse. Neste caso tratase de…
- Mythbuntu 7.10 que é un centro multimedia basado na última versión de Ubuntu -Gustsy Gibbon-. Podes descargar unha imaxe de Mythbuntu::
Descarga directa (i386) -Descarga directa-
Descarga directa (AMD64)-Descarga directa-
Descarga via torrent (i386)-torrent-
Descarga via torrent (AMD64)-torrent-
- Ou ben se tes instalado xa Gustsy Gibbon podes activar os repositorios Multiverse e Universe e instalar o paquete Mythbuntu picando aquí e instalando o tema de Mythbuntu picando aquí.
E por outro lado xa esta tamén na rúa a nova versión de UbuntuSTUDIO 7.10, que como sabes é unha distro orientada a edición de video,audio,gráfico,…, ousexa unha distro orientada a edición multimedia.
Para descargala pica aquí (Alternate-i386-)
Para descargala pica aquí (Alternate-AMD64-)
Visto en: -ubuntutips,fenlinux-
Add comment Octubre 24, 2007
VirtualBox -1.5.2-
Hai nova version de VirtualBox, e xa esta dispoñible para a súa descarga e uso.
Para ver información pica aquí
Para descargar pica aquí
Nota:: Esta nova subina onte a agnix.org
2 comments Octubre 24, 2007
VideoTutoriales…
Fedellando pola rede encontrei unha web con videotutoriales sobre Java, VMware, Linux Básico,…, a verdade e que non tiven tempo de ollar o seu contido. Así que xa me contaredes o que opinades sobre eles.
Ala saude!!
Add comment Octubre 24, 2007
O Atlantico xa non quere máis C02
Segundo un estudo da Universidade inglesa de East Anglia, o volume de dióxido de carbono que absorben os océanos viuse reducido na última década, feito que podería acelerar o efecto invernadero.
Os investigadores levaron a cabo un total de 90.000 medicións no Atlántico Norte, entre mediados dos noventa do século pasado e o 2005, utilizando buques totalmente equipados.
Os investigadores analizaron a absorción do dióxido de carbono, un dos gases que máis contribúen ao calentamiento global, concluíndo que, ao longo dos 10 anos do estudo, móstrase unha redución á metade do CO2 absorbido polo océano.
Para os responsables do estudo, estes resultados son inquietantes xa que mostran que dentro dun tempo, o océano podería saturarse coas emisións de CO2 froito da actividade humana. No entanto, os científicos non puideron, polo momento, concluír se este proceso é consecuencia do cambio climático ou se se trata dun proceso natural
Fonte: -Genciencia-
Add comment Octubre 23, 2007
Cifrar os contidos dos teus directorios con Crypt Manager
Seguro que nalgunha ocasión che gustaría ter cifrados os contidos dos teus directorios con datos sensibles para ti, dende logo nunca esta demais ter outro pilastre que apuntale a seguridade da nosa información. Hoxe en día podes facer iso en Ubuntu usando Crypt Manager, unha feramenta que che permite encriptar-desencriptar directorios dende o teu escritorio de Ubuntu.
Esta escrito en Pyton e usa cryptsetup e LUKS.
Para descargalo pica aquí.
Fonte:: -noticiasTech-
Add comment Octubre 23, 2007
Acertijos para todos…
Toca darlle aos miolos e descubrir de que nos estan a falar. Se pinchas nos enlaces irás a unha web con unha serie de acertijos que che permitirán activar a materia gris e estimular as neuronas durmidas.
2 comments Octubre 22, 2007


