Archive for 11/10/07

Un pensamento…

Tiña pensado escribir un ‘post’ da frustración que sinten algunhas persoas que queren migrar a un sistema Gnu/Linux e que veñen adoctrinadas dun sistema cunha soa liña de traballo que te evade de todo o que hai por detras da interfaz de usuario, deixando como único nexo entre ti e a maquina o archi-coñecido botón de -seguinte-seguinte-seguinte… pero fruto da casualidade encontrei un blog dun individuo que relata con todo detalle esa frustración antes mencionada; é de notar que o redactor desa bitácora é como se indicuou un usuario habitual de HaseFroch e que o paso a Gnu/Linux non lle resulta doado.

Sin embargo esto tamén me sirve para acentuar a miña crítica sempre constructiva ao sistema do Ñu e do pingüin que ainda que ben é certo que se esta avanzando a pasos axigantados hacía unha interface cento por cento amigable cun sistema de instalación máis amable e sinxelo, ainda quedan pasos por dar; o terminal foi e é unha potente ferramenta de traballo pero o meu modo de ver hai que xerar outras ferramentas que poñan ao pe da xente da rúa a posibilidade de interactuar co sistema de modo gráfico e simple, preocupandose só de usar a aplicación a instalar e non da instalación en si. Seguramente certos ‘puristas’ de linux non estarán de acordo e defenderan o uso da terminal a mais non poder, pero a realidade e que se se quere impulsar un cambio dun sistema privativo a un libre debemos de dar todas as facilidades posibles e logo que sexa o usuario quen escolla o camiño que quere seguir, tamén se debe explicar non só a forma de traballar co sistema se non que é necesario que entenda o movemento filosófico que existe detras, hai que abrirlle as portas a un cambio de mentalidade pero para iso é necesario que perda o medo a sentarse diante dun ordenador cun sistema operativo distinto no que foi amamantado.

Un punto importante neste senso é a publicidade, vaiamos a onde vaiamos poderemos encontrar propaganda do sistema operativo de Redmond, da o mesmo se é bo ou se é unha ‘pataca nunha caixa’ o caso e que de tanto velo, de tanto oir falar del, termina entrando polos ollos e parece que é a única solución para usar o noso ordenador. Por iso é necesario que as distintas distros Gnu/Linux -Fedora, Ubuntu, OpenSuse, Mandriva,…- pasen a ser coñecidas pola maioria dos usuarios de computadores abrindo desta forma a primeira porta ao cambio. -Se algo non se coñece é como se non existise-.

Da mesma forma é imprescindible que a educación das xeracións futuras se faga sobre un sistema libre e non sobre un sistema privativo, no momento actual os colexios, os instituos e as facultades estan a facer de avogados do diaño enfocando aos seus alumnos no uso dun sistema que pertence a unha empresa privada; en troques disto os colexios, institutos, facultades deberían de ser os catalizadores que ‘adoctrinasen’ a eses alumnos no uso de sistemas libres, na idea de fomentar e pertencer a unha comunidade que xenera e comparte coñecemento.

Ninguén posue a verdade absoluta, pola miña parte seguirei usando felizmente tanto Ubuntu como Fedora, pero debemos de seguir camiñando para que todo aquel que queira saltar de bando o poida facer sen medo e sen atrancos.

Saudos e perdoade tanta divagación, debe de ser que ultimamente vexo moitas peliculas arxentinas ;-)

Veña preparadevos que se acaba o S.Froilan e hai que despedilo a toda maquina!!!!

Saude!

6 comments Octubre 11, 2007

Novos libros -Seguridade e Firewalls-

Libro para protexer servidores e estacións de traballo contra situacións ou amenazas non desexadas:: Linux Máxima Seguridade (pdf).

Configuración correcta dos firewalls, consexos, orientacións sobre servicios necesarios e innecesarios…:: Firewalls linux Guía avanzada (pdf).

Fonte:: -fentlinux-

Add comment Octubre 11, 2007

Snort -2.8.0.-

Seguimos con novas versións de aplicacións interesantes, neste caso tratase de Snort unha ferramenta de seguridade que se usa como snifer para controlar intrusos nunha rede con tráfico moderado.

Lista de cambios.

Para descargar: Tarballs e binarios, para descarga directa do tarball: Snort 2.8.0.

Fonte.

Add comment Octubre 11, 2007


Calendario

Octubre 2007
L M X J V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Consola-Terminal Coñecemento Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta