Archive for 15/10/07

Geubuntu e Elbuntu, o Ubuntu 7.04 con Enlightenment 17

Tanto Geubuntu como Elbuntu son duas distros basadas en Ubuntu 7.04 e no lixeiro xestor de fiestras Enlightenment 17, como din en vivalinux probrablemente sexa o escritorio E17 máis completo e usable ata estas datas.

Geubuntu 7.04 “Prima Luna” é a primeira versión baseada en Ubuntu 7.04 “Feisty Fawn” desta distribución que tamén funciona como un LiveCD e que foi feita por un deseñador gráfico italiano que ademais se tomou a molestia de facer dúas edicións dela: a “Sunshine” e a “Moonlight” .

O anuncio de Elbuntu dice que de GNOME só inclúe as librerías pero que si vén con algunhas aplicacións escritas especialmente para E17 co Etk como:

* Estickies. Para pór notas tipo Post-it no teu escritorio.

* Eclair. Reprodutor de vídeo e audio con soporte de temas.

* Extrackt. Rippeador e codificador de pistas de CDs de audio.

* Exhibit. Un visualizador de imaxes con características adicionais. omo

Add comment Octubre 15, 2007

Unha de cal e unha de area…

Lendo a web de fenlinux podese ver un post no que se afirma por parte do executivo xefe de Dell que a súa empresa era testemuña de que “a adopción de Linux en servidores continúa crecendo a bo ritmo e máis rápido que con sistemas Windows. Estamos vendo movemento en aplicacións críticas e a migración a Linux non diminuíu” e da mesma forma tamén se indica por parte de Mark Jarvis, responsable de marketing en Dell añadiu que “non esperaban grandes ventas dos seus PC,s Linux domésticos, pero sí na gama de servidores reiterando o seu continuo crecemento”.

Ata de aquí todo caralludo!!! parece que Gnu/Linux sigue a súa expansión… pero o topetazo leveino ao entrar na web elladodelmal onde facendo uso de ‘NetCraf‘ afirman que o reinado do servidor Apache esta en declive tendo actualmente un 50.48 por cento moi lonxe de aquel case 80 por cento que tiña en Xullo do 2005. A verdade e que me preocupa esta caida de Apache en tanto en canto o servidor do monstro de Redmond sigue escalando posicións; por un lado esta caida pode estar causada porque IIS ganou en estabilidade e seguridade ou pode ser a que os responsables de Apache se durmisen na pampa e descoidasen a evolución do que foi (e ainda quere ser) o mellor servidor web… en todo caso o certo e que hai que pegarlle outro empuxón ao servidor Http Apache para non perder un terreno gañado fai tempo.

Add comment Octubre 15, 2007

SuperGrub Disk -0.9642-

Anunciouse a nova versión de SuperGrub Disk -0.9642- aquí podes ver o anuncio oficial.

Para descargas esta aplicación podes facelo aquí.

Alternativas: sgd.howto-linux.de e sgd.benjamin-butschko.de.

Fonte.

Add comment Octubre 15, 2007


Calendario

Octubre 2007
L M X J V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Consola-Terminal Coñecemento Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta