Archive for 16/10/07

Botellón…ou non botellón…!!

Mira que se escoita falar estes dias do botellón, que se os direxentes das cidades se xuntan para afrontar o ‘problema’, que se Orozco invita aos pais a ir ao botellón ver os rapaces bebendo, que se caceroladas en Coruña… ‘la ostia’ menudo follón!!

Pero que pasa realmente co botellón?? uns pensan que o botellón é unha merda outros un fenomeno social e os máis tendentes a escuras tramas poden pensar que é un complot das industrias alcohólicas para crear futuros consumidores adictos permisivos cunha sociedade basada nunha cultura de inxerir alcohol.

Pois ben, nin unha cousa nin outra… ou o mellor todas. Ainda que xa me esta pasando o sol por diante da porta, non son demasiado vello como para non ir (e mentiria se digo que non fun) a algún botellón, pero disto xa fai uns anos.

Podes pensar que o botellón é unha merda, se só nos fixamos no pseudo-deporte que cada noite de venres e sábado se leva acabo nestas reunións, e de igual maneira que pola tarde quedas cos vellos colegas do instituto para xogar unha paxanga de futbito, a noite quedas para inxerir alcohol como se o mesmo demo te obrigase a dita inxesta; e claro, logo así vai a xentiña…

Pero claro, din que non hai causa sin efecto ou efecto sin causa, así por algún motivo a xente sae beber a rúa, nonsi?? Pois probablemente unha destas causas sexa a estafa que os chamados ‘pubs’ fan cada noite cos seus clientes, porque xa me diredes se é de recibo que che endosen cinco,seis ou mesmo oito euros por unha copa; canto mais en moitos sitios (ainda que todos digan que non) o que che dan non dista moito dos mataratas industriais.

Así que veña a xente a rúa, que é máis barato e sabes o que bebes… si si, non é tan fácil a cousa. Porque a túa libertade de beber na rúa non pode privar da libertade de outras persoas de descansar dentro dos seus fogares (e moito menos co precio das hipotecas actuais :-( ) así que, beber na rúa ¿pero en donde?. Pois home, se as autoridades en lugar de facer xuntanzas para encher o bandullo e mirar uns para os outros pensando que cada quen é o máis listo, poderían pensar en solventar o problema de maneira efectiva e real. Penso eu que non custa tanto habilitar un sitio vixiado e acondicionado xa sexa nas aforas das cidades, en poligonos industriais que parece que nunca serán máis ca un sinfin de ruas sen naves pero con farolas, en aparcamentos abertos,…, para que a xuventude se reuna e poida facer o seu botellón en libertade e con todo o ruido que queiran. (Digo eu que se quixeran ben o podian facer e moito máis despois do desfalco que esta a supoñer a maldita cidade da in-cultura para as arcas galegas, pero este será outro ‘post’), non crees…

Claro que con isto non se soluciona a papeleta pois, a xente seguira bebendo a esgalla como pseudo-deporte nocturno para buscar unha diversión ficticia e confusa; polo tanto haberá que informar por activa, por pasiva, de canto e de atraves aos rapaces dos problemas que causa o abuso de alcohol no seu corpo, e sobre todo haberá que xenerar alternativas atractivas do tipo que sexan para que os rapaces troquen o camiño da borracheira semanal por outro máis ludico, interesante e proveitoso.

E como digo eu… ninguén posue a verdade absoluta, isto non deixa de ser outra cousa que unha reflexión sita entre o alboroto interno producto da cafeina e o desexo dir tirar unha sesta.

Saudos e Saude!!!

2 comments Octubre 16, 2007

Como funciona a enerxia solar -Video-

Neste video explicase como facendo uso de paneis solares podemos aproveitar a enerxia que desprende o sol. Non é moi longo pero sí é moi explicativo.

Add comment Octubre 16, 2007

Instalar Kiba-dock

Vou ou eso pretendo instalar kiba-dock na Ubuntu 6.06 (Dapper) do meu portátil.

Os pasos a seguir son::

Para instalar o kiba dock descarga o seguinte arquivo kiba-dock.zip e descomprimelo, dentro tamén veñen as instrucións por se as dúbidas.

Xa que descomprimes o arquivo para instalalo o unico que tes que facer é colocar o seguinte codigo na consola:

sudo dpkg -i (a ubicacion do teu arquivo ejem: /home/usuario/kiba-dock_0.1cvs20061018-1_i386.deb) -se eres máis comodo podes usar o botón dereito do teu rato e instalar facendo uso de Gdebi. ‘Para gustos, colores’.

Listo!!! xa tes instalada a túa barra á cal podes acceder con algún dos seguintes comandos:

kiba-dock ou dock

podes tamén executalo desde aplicacións>accesorios>kiba-dock.

E se desexas cargalo desde o inicio de sesion vaiche a sistemas>preferencias>sesións e na pestana de programas de inicio nada mais engade a seguinte instruccion: dock ou kiba-dock como o teu desexes.

Agora para acceder ás opcións do kiba-dock simplemente executa o seguinte desde unha terminal ou desde o ejecutador de aplicacións:

gset-kiba

Se lle dás click dereito á barra tamén aparecen as opcións . Para agregar as iconas á barra nada mais tes que arrastralos cara ela e vailles a aparecer unha flechiña, só solta a icona e agrégase automaticamente. Para quitalos danlle click dereito á icona que desexan quitar e danlle en remove launcher.

Fonte:: -benux.wordpress-

Outras referencias para instalar kiba-dock:: tuxpepino.wordpress, danroj.wordpress,

*Nota:: Instalei o kiba-dock como indico no post e funciona casi-correctamente, só teño un pequeno problema, debido a que o meu pórtatil non ten aceleración 3d non podo instalar Beryl, Compiz ou Compiz Fusion polo tanto cando se inicia a barra do dock saeme cun fondo negro, intentei cambialo pero non hai forma; seguirei buscando, mentrás tanto xa sabedes… para que kiba-dock funcione  debedes de instalar antes Beryl, Compiz ou Compiz Fusion.

3 comments Octubre 16, 2007

Buscador especializado en Ubuntu

¿Cansado de obter resultados con información sobre outras distribucións? Os usuarios de Ubuntu agora teñen a oportunidade de utilizar  Ubuntu Wire, un buscador que só xera resultados sobre a distribución de Canonical. Con este buscador xa non perderas máis o tempo e centraras as tuas pesquisas nesta distro. Agora ti decides ou usas os buscadores tradicionais ou usas este cando necesistes algún tipo de información específica (instalación de hardware ou paquetes).

Visto en:: -kernelSource-

Add comment Octubre 16, 2007


Calendario

Octubre 2007
L M X J V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Consola-Terminal Coñecemento Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta