Instalar Kiba-dock

Octubre 16, 2007

Vou ou eso pretendo instalar kiba-dock na Ubuntu 6.06 (Dapper) do meu portátil.

Os pasos a seguir son::

Para instalar o kiba dock descarga o seguinte arquivo kiba-dock.zip e descomprimelo, dentro tamén veñen as instrucións por se as dúbidas.

Xa que descomprimes o arquivo para instalalo o unico que tes que facer é colocar o seguinte codigo na consola:

sudo dpkg -i (a ubicacion do teu arquivo ejem: /home/usuario/kiba-dock_0.1cvs20061018-1_i386.deb) -se eres máis comodo podes usar o botón dereito do teu rato e instalar facendo uso de Gdebi. ‘Para gustos, colores’.

Listo!!! xa tes instalada a túa barra á cal podes acceder con algún dos seguintes comandos:

kiba-dock ou dock

podes tamén executalo desde aplicacións>accesorios>kiba-dock.

E se desexas cargalo desde o inicio de sesion vaiche a sistemas>preferencias>sesións e na pestana de programas de inicio nada mais engade a seguinte instruccion: dock ou kiba-dock como o teu desexes.

Agora para acceder ás opcións do kiba-dock simplemente executa o seguinte desde unha terminal ou desde o ejecutador de aplicacións:

gset-kiba

Se lle dás click dereito á barra tamén aparecen as opcións . Para agregar as iconas á barra nada mais tes que arrastralos cara ela e vailles a aparecer unha flechiña, só solta a icona e agrégase automaticamente. Para quitalos danlle click dereito á icona que desexan quitar e danlle en remove launcher.

Fonte:: -benux.wordpress-

Outras referencias para instalar kiba-dock:: tuxpepino.wordpress, danroj.wordpress,

*Nota:: Instalei o kiba-dock como indico no post e funciona casi-correctamente, só teño un pequeno problema, debido a que o meu pórtatil non ten aceleración 3d non podo instalar Beryl, Compiz ou Compiz Fusion polo tanto cando se inicia a barra do dock saeme cun fondo negro, intentei cambialo pero non hai forma; seguirei buscando, mentrás tanto xa sabedes… para que kiba-dock funcione  debedes de instalar antes Beryl, Compiz ou Compiz Fusion.

Entry Filed under: Escritorio, Escritorio-Gnome, Xestores fiestras. .

3 Comments Add your own

  • 1. dorfun  |  Octubre 17, 2007 at 4:07 pm

    …creo que chego tarde, pero deberías probar avant window navigator como alternativa… ainda que sen compiz, a cousa deixa de ser tan fermosa… :)

    Responder
  • 2. toniocastro  |  Octubre 17, 2007 at 4:38 pm

    Grazas dorfun, parece que me leiche a mente porque estaba a mirar a web de HacheMuda para ver como funciona. Estiben a mirar estes dous post… un, dous

    haber, por probar que non quede.

    Saudos e Saude amigo.

    Responder
  • 3. dorfun  |  Octubre 17, 2007 at 5:52 pm

    …a min vaime moi ben, ainda que de vez en cando tolea e comeza a devorar memoria pouco a pouco… ata rematar cos dous gb. :) …fora diso… moi funcional… e bonito, claro!

    Responder

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

Octubre 2007
L M X J V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Coñecemento Consola-Terminal Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta