O Atlantico xa non quere máis C02
Octubre 23, 2007
Segundo un estudo da Universidade inglesa de East Anglia, o volume de dióxido de carbono que absorben os océanos viuse reducido na última década, feito que podería acelerar o efecto invernadero.
Os investigadores levaron a cabo un total de 90.000 medicións no Atlántico Norte, entre mediados dos noventa do século pasado e o 2005, utilizando buques totalmente equipados.
Os investigadores analizaron a absorción do dióxido de carbono, un dos gases que máis contribúen ao calentamiento global, concluíndo que, ao longo dos 10 anos do estudo, móstrase unha redución á metade do CO2 absorbido polo océano.
Para os responsables do estudo, estes resultados son inquietantes xa que mostran que dentro dun tempo, o océano podería saturarse coas emisións de CO2 froito da actividade humana. No entanto, os científicos non puideron, polo momento, concluír se este proceso é consecuencia do cambio climático ou se se trata dun proceso natural
Fonte: -Genciencia-

Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed