Archive for octubre 29, 2007

Ubuntu en modo laptop (por aforrar enerxia) pode acortar a vida do disco duro do teu portátil – Actualizado-

Mala nova sen dúbida, resulta que:: Unha configuración pouco afortunada da xestión da alimentación en modo laptop en Ubuntu (incluída a última versión 7.10) somete aos discos duros dos computadores portátiles a unha carga excesiva, que pode conducir á súa destrución nun par de anos.

O problema radica en que cando entra a alimentación mediante batería envíase un comando hdparm -B 1 a todos os dispositivos de bloques, o que comporta uns ciclos de carga e descarga (aparcado dos cabezales) excesivamente frecuentes. Os discos duros actuais están pensados para soportar ata uns 600.000 ciclos deste tipo ao longo de toda a súa vida útil, polo que un ritmo tan acelerado pode significar o fin do disco en dous anos ou menos

A solución e a nova maís completa esta en kriptopolis.

Nota:: Vou fedellar un pouco pola rede dado que é hai moita confusión respecto a este problema. Por certo como se indica na nova non afecta aos ordenadores de sobremesa.

Actualización:: Mirando diversos foros, parace ser que o problema non é tan grave como se indica e que non e cousa só de Ubuntu senon que afecta a todolos S.O. dende o 2005. O tema polo que se comenta o problema non esta na configuración de enerxia de Ubuntu dado que Ubuntu (ou Fedora) usan a configuración que trae por defecto a Bios.

Por outro lado aclaran que os 600.000 ciclos para os que estan pensados os discos duros son ciclos mínimos, ousexa que como mínimo aguantan 600.000 ciclos.

Ben, un socio de agnix.org o amigo J.A. Salgueiro deixou unha resposta na lista de socios a unha pregunta miña sobre este tema e indica unha ligazón onde podemos seguir fedellando sobre o caso (grazas amigo Salgueiro!! :-) )
A ligazón e esta:: Linux no mata discos duros, se mueren solos.

Moooi interesante.

octubre 29, 2007 at 8:59 am


Calendario

octubre 2007
L M X J V S D
« sep   nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android