Archive for Noviembre 2007

Instalar gOS en UBUNTU

Dado que non teño tempo a nada, a opción de xogar co(s) meu(s) Ubuntu(s) (Xubuntu 7.04, Ubuntu7.10, Ubuntu 6.10) reducese ao que podo leer en outras bitácoras e nun ratiño que teño libre pois probar a poñelo en práctica.

Hoxe é un deses dias que teño que buscar un momento e probar a xogar con gOS dado que como reza o titulo da entrada é posible instalalo en Ubuntu.

Que como facelo?? Ben, lendo a bitácora de -Ubuntips- indican os pasos a seguir…

O proceso é bastante sinxelo, só temos que instalar o paquete greenos-desktop.

Para facelo imos abrir unha Terminal e editar o noso sources.list para agregar o repositorio:

sudo gedit /etc/apt/sources.list

Unha vez aberto Gedit inserimos ao final do arquivo as seguintes 2 liñas:

deb http://packages.thinkgos.com/gos/ painful main

deb-src http://packages.thinkgos.com/gos/ painful main

Gardamos e pechamos Gedit.

Agora ingresamos a chave do repositorio para que non nos de erro e actualizamos: wget

http://www.thinkgos.com/files/gos_repo_key.asc

sudo apt-key add gos_repo_key.asc

rm gos_repo_key.asc

sudo aptitude update

Agora só queda pendente a instalación, así que procedemos a facela con:

sudo aptitude install greenos-desktop

Para probalo, temos que pechar a sesión e cando se nos presenta a pantalla de logueo, abaixo á esquerda usamos o botón Opcións para abrir unha sesión en Enlightenment.. Dicímoslle que o imos a facer só por esta vez, e listo. Se che gusta a próxima vez que ingreses a gOS podes facer que sexa a túa sesión predeterminada. Se non che gusta, só abre unha terminal e escribe:

sudo aptitude remove greenos-desktop para desinstalarlo sen problemas

Rematado!!

Grazas a:: -Ubuntips-

Add comment Noviembre 29, 2007

Instalar un Sandbox

Fedellando pola rede entrei buscando información de “como configurar un servidor DNS -Bind9-” encontrei algo máis grande que engloba ese proposito pero que o mesmo tempo da lugar a amplificar os coñecementos sobre servidor DNS, Apache, Drupal,…, e non é outra cousa que Instalar Sandbox para Drupal con Eclipse e CVS.

Penso que é interesante dado que podemos aprender moito.

Máis documentación en:: -Neurotic-

Add comment Noviembre 27, 2007

MiniUbuntu 7.10

Minibuntu é un LiveCD de Ubuntu 7.10 “Gutsy Gibbon” que conten sólo o mínimo conxunto de software necesario para facer co sistema funcione. Ocupa só 138 Mb e despois de descargarlo poden se usar ferramentas como Ubuntu Customization Kit ou Reconstructor para “remasterizar” a ISO e crear a nosa propia distribución basada en Ubuntu.

Notar que Minibuntu só está dispoñible para a arquitectura i386, e non hai plans para soportar outras como AMD64 o u PPC.

Nova recopilada de:: – vivalinux -

 

Add comment Noviembre 27, 2007

Recuperando ficheiros dun D.D. averiado con Ubuntu ou Debian

Leo na bitácora de Forat unha entrada de como recuperar o máximo de datos posibles cando se escarallou un disco duro ou cando borramos unha partición por error, dita recuperación de datos faina usando a ferramenta -TestDisk- a cal según nos indican en dita bitácora podemos instalar via terminal con apt-get / aptitude… mellor vexamos o artigo completo e logo cando xogemos un pouco opinaremos.

-Recuperar ficheiros-

2 comments Noviembre 26, 2007

Recuperar a contraseña en Ubuntu

Os pasos son sinxelos::

* Acende o teu PC, e cando salga o prompt do grub presionas a tecla ESC.

* Presiona e para editar.

* Desprázate ata a linea do kernel que usas no caso de que sexan 2 ou máis, e presiona e.

* Sitúate ata a linea do final e agrega rw init=/bin/bash

* Presiona Enter e despois b para arrincar (boot) o teu sistema

* O teu sistema iniciará co usuario Root e sen contraseña

* Agora só teclea:

passwd tu_usuario

* Escribe a contraseña

* Reinicia o sistema

Visto grazas a – Cesarius -

Add comment Noviembre 24, 2007

Correndo .Net e Web Services en Gnu/Linux

Pode que por cousas da vida, en algún momento teñas necesidade de executar unha aplicación feita sobre a plataforma .Net nun sistema Gnu/Linux, así a vote pronto podechese ocurrir traballar con Mono pero hai outras ferramentas que poden permitinos trababallar ca aplicación feita sobre .Net en Gnu/Linux.

A ferramenta en cuestión chamase Visual MainWin for J2EE Developer Edition ou Grasshopper (debo de mirar se é sw libre, de momento sei que é gratis :-/) que é un plug-in para VS’05 que de forma TEMPORAL poder solucionar o problema.

Grasshopper permite correr unha aplicación C#,..,Java, sobre calquer plataforma na que corra Java. De momento integra o framework 2.0, e o que fai é traducir o MSIL a ByteCode.

Non o probei, pois persoalmente decantome por traballar sobre soluccións libres que concorden co sw libre pero como digo é unha solucción temporal.

Visto en – elGuille -

Add comment Noviembre 24, 2007

Que difícil é explicar o mundo da informática!!!

A veces hai momentos en que as situacións da vida parecen solaparse por causa de algún extraño algoritmo baseado en varibles tales como -circunstancia-lugar-tempo-traballo-persoas e coñecementos.

No post anterior falaba da incomprensión que sufren ou sufrimos os que nun bo día decidimos dedicarnos a isto do desenrrolo de sw, pero ata agora non sentira en min mesmo a frustración de ver que por moito que te esforces e por moito que queiras avanzar non sempre e visto polo resto das persoas que tes o teu redor, e se estas persoas son nulas dentro do mundo informático pois moito peor o tes.

Onte no lugar onde traballo houbo unha reunión (das escasas que hai) para marcar ‘hitos’ de traballo, ver o camiño recorrido e buscar solucións a posibles inconvintes; cando todo empeza parece ser moi fácil pero logo sempre sempre se torcen as cousas, querer explicar que para desenrrolar sw é necesario un tempo para o anilise de requisitos e metodoloxia a seguir, para o estudio das tecnoloxias a empregar, do hw a usar, que é necesario facer probas sobre o sistema terminado e durante o desenvolvemento do mesmo…etc… é materia imposible cando quen te escoita quedou anclado no pasado e de supeto quere recuperar o tempo perdido a base de ‘ideas xeniais’ que de golpe e porrazo van solucionar os problemas. Quedoume demostrado que é imposible facer comprender que as cousas non se fan soas, que da o mesmo a tecnolixa que uses python, php, ruby on raills, .net, asp, java, jsp, mysql, sql-server,………….., o mesmo da pois sempre lle hai que dedicar un tempo para estudiala, ver os novos avances e solucións que aporta, mirar ‘pros’ e ‘contras’ para logo non ter andar unha e outra vez o camiño.

Hoxe vendese en moitas ocasións fume, moitos comerciais na maioria dos casos non teñen nin idea do que estan a falar, deben ter unha especie de chip corrupto que lles obriga a asentir continuamente cos desexos do cliente por irreais ou desvaraxustados que estes poidan ser, logo o seguinte paso é fácil…”chegar a xunto do programador e pasarlle o problema…” ainda que vendese un imposible, parecen entender que o seu traballo centrase en vender como sexa que serán outros os que apandan co marrón. E case que moito peor é cando son eles os que dentro da súa nula sabiduría informática lle aportan a solución ‘milagre’ ao cliente, buuuf que medo!

Teño que aclarar moitas cousas na miña cabeza, pero penso que estou chegando a un punto de inflexión onde probablemente sexa necesario cambiar de aires… hai moitas saidas, moitas solucións a un mesmo problema o importante e escoller a máis axeitada; o que esta claro e que non sempre o presente é mellor co futuro… se é preciso arriesgar pois arriesgaremos, pois esta claro que vai ser iso moito mellor que seguir bailando ao ritmo duns trovadores de moita labia e pouco feito.

O futuro é de quen o busca…

1 comment Noviembre 23, 2007

Enxenieiros infomáticos e calidade de vida… mala relación :-(

Leo neste post unha descripción da situación acutal da informática, unha profesión ultraxada, denostada e moi pouco valorada. Ser enxenieiro informático hoxe pouco máis que sirve para ter un titulo colgado nunha parede da túa casa, ser o pupas de todos os teus amigos, familiares e coñecidos (sen recibir nada a cambio claro, total só son 5min. e non custa nada, grrrrrr…) é vivir nun extres continuo, reciclandote día tras día, intentando crear aplicacións estables e seguras, abarcando campos que nin imaxinabas que debias tocar… e todo por un misero salario a final de mes.

Onde van aqueles soños de…”o día que seña enxenierio…vai mandar carallo”, esfumaronse e penso que ou moito cambia o panorama actual ou non voltaran xamais.

Volvoche deixar a entrada por se non che quedou claro- post -

Add comment Noviembre 22, 2007

O mundo xa non é suficiente para tanto humano

No seu recente informe (GEO-4), e primeiro desde 1987, móstranse as graves ameazas que se ciernen sobre este planeta, como o cambio climático, o índice de extinción das especies e o reto de alimentar a unha poboación en crecemento. Os autores son 388 científicos (cientificos, nin politicos nin gurus nin ex-presidentes showmans…), e o seu traballo foi supervisado por 1000 supervisores científicos.
Hai un chiste que circula por aí no que Júpiter dille a Saturno:

“Pobreciña a Terra, saíronlle humanos”.

Cun humor máis ou menos negro exemplificase o ‘cancro’ imparable que supón para este planeta os miles de millóns de seres humanos afanados en transformar a máxima masa planetaria posible en carne e graxa humana, consumindo a maior cantidade posible de recursos por habitante. O informe da ONU recórdanos o reto ao que nos enfrontamos.

Parece que, debido á ameaza de cambio climático que supón, o exceso de dióxido de carbono (potente gas de efecto invernadero) representa unha gran ameaza. Desde 1987 as emisións anuais deste gas aumentaron nun terzo e non parece que de momento vaia diminuír pese ao protocolo de Kioto. Pero este non é el único problema medioambiental que aqueja á Terra.
O informe da ONU recórdanos que as reservas pesqueras diminuíron en 10,6 millóns de toneladas nese tempo, e que se requieren máis hectáreas de superficie de cultivo por persoa para manter á humanidade que a que o planeta pode proporcionar.

Continuar lendo…
(Neofronteras)

Add comment Noviembre 22, 2007

Fotografías de urbanismo desmedido

Fedellando pola web de ‘El pais’ topeime con un enlace que nos traslada mediante fotografías a distintos puntos do territorio español onde a man do home e a especulación máis insensata e destructiva acaba con todo tipo de paisaxes e lugares con un valor natural que non son posibles cuantificar.

Ben é certo que non aparece a nosa Galiza pero como todos ben sabemos non será porque non se estean a facer autenticas barbaries a pe de costa.

- Urbanismo destrutor -

Add comment Noviembre 21, 2007

Insertar imaxes de outras webs sin facer ‘hotlinking’

Para insertar imaxes de outras webs e non facer ‘hotlinking’ (que produciria un aumento de consumo do ancho de banda da web referenciada pola imaxe) só tes que facer o seguinte::

Para incrustar unha imaxe nalgún sitio, no canto de utilizar a url desa imaxe, engádeslle diante http://imgred.com/.

Desta forma a petición faraa ao servizo de ImgRed, pedindo a primeira vez a imaxe orixinal e devolvendo as demais veces unha versión cacheada da mesma.

-Visto aquí-

Add comment Noviembre 21, 2007

MFBA: Accede aos teus ficheros desde o Panel de Gnome

Este Applet é un engadido para o panel de GNOME. Permitirache explorar/examinar e abrir arquivos directamente desde o escritorio sen abrir ningún explorador de arquivos.

Non pretende remplazar a programas como nautilus (explorador de arquivos de GNOME), só que algunhas veces desexarás abrir un arquivo e non ter que utilizar un explorar, buscalo entre decenas de cartafois, abrilo e logo pechar o explorador.

Podes descargarlo para Gutsy desde GetDeb

Paxina del proyecto

Visto en: -Obux-

Add comment Noviembre 21, 2007

Previous Posts


Calendario

Noviembre 2007
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Consola-Terminal Coñecemento Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta