Archive for 23/11/07

Que difícil é explicar o mundo da informática!!!

A veces hai momentos en que as situacións da vida parecen solaparse por causa de algún extraño algoritmo baseado en varibles tales como -circunstancia-lugar-tempo-traballo-persoas e coñecementos.

No post anterior falaba da incomprensión que sufren ou sufrimos os que nun bo día decidimos dedicarnos a isto do desenrrolo de sw, pero ata agora non sentira en min mesmo a frustración de ver que por moito que te esforces e por moito que queiras avanzar non sempre e visto polo resto das persoas que tes o teu redor, e se estas persoas son nulas dentro do mundo informático pois moito peor o tes.

Onte no lugar onde traballo houbo unha reunión (das escasas que hai) para marcar ‘hitos’ de traballo, ver o camiño recorrido e buscar solucións a posibles inconvintes; cando todo empeza parece ser moi fácil pero logo sempre sempre se torcen as cousas, querer explicar que para desenrrolar sw é necesario un tempo para o anilise de requisitos e metodoloxia a seguir, para o estudio das tecnoloxias a empregar, do hw a usar, que é necesario facer probas sobre o sistema terminado e durante o desenvolvemento do mesmo…etc… é materia imposible cando quen te escoita quedou anclado no pasado e de supeto quere recuperar o tempo perdido a base de ‘ideas xeniais’ que de golpe e porrazo van solucionar os problemas. Quedoume demostrado que é imposible facer comprender que as cousas non se fan soas, que da o mesmo a tecnolixa que uses python, php, ruby on raills, .net, asp, java, jsp, mysql, sql-server,………….., o mesmo da pois sempre lle hai que dedicar un tempo para estudiala, ver os novos avances e solucións que aporta, mirar ‘pros’ e ‘contras’ para logo non ter andar unha e outra vez o camiño.

Hoxe vendese en moitas ocasións fume, moitos comerciais na maioria dos casos non teñen nin idea do que estan a falar, deben ter unha especie de chip corrupto que lles obriga a asentir continuamente cos desexos do cliente por irreais ou desvaraxustados que estes poidan ser, logo o seguinte paso é fácil…”chegar a xunto do programador e pasarlle o problema…” ainda que vendese un imposible, parecen entender que o seu traballo centrase en vender como sexa que serán outros os que apandan co marrón. E case que moito peor é cando son eles os que dentro da súa nula sabiduría informática lle aportan a solución ‘milagre’ ao cliente, buuuf que medo!

Teño que aclarar moitas cousas na miña cabeza, pero penso que estou chegando a un punto de inflexión onde probablemente sexa necesario cambiar de aires… hai moitas saidas, moitas solucións a un mesmo problema o importante e escoller a máis axeitada; o que esta claro e que non sempre o presente é mellor co futuro… se é preciso arriesgar pois arriesgaremos, pois esta claro que vai ser iso moito mellor que seguir bailando ao ritmo duns trovadores de moita labia e pouco feito.

O futuro é de quen o busca…

1 comment Noviembre 23, 2007


Calendario

Noviembre 2007
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Consola-Terminal Coñecemento Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta