Archive for Febrero 2008
Ubuntu Mobile – Comenza a aventura móbil –
Ubuntu Mobile é a versión de Ubuntu destiana a o mundo das “Mobile Internet Devices” como apuntan na web de Ubuntu Mobile.
Según nos contan na web o Ubuntu Mobile esta destinado a fornecer unha ampla gama de posibilidades como son a navegación web, correo-e, cámara fotográfica, VoIP, mensaxería instantánea, GPS, blogs, la televisión dixital, os xogos, contactos, calendario, actualizaciones de software simple …
E todo navegando facendo uso do teu ‘finger’ (dedo!!) – Ubuntu Mobile is finger friendly -
Ubuntu Mobile e altamente personalizable, podendo os operadores eos desenrroladores personalizar o aspecto e as caracteristicas para os seus requerimentos especificos.
…e moito máis!!
- WikiUbuntuMobile -
2 comments Febrero 26, 2008
Para actualizar con apt-get detrás de un Proxy
Para actualizar o noso sistema se nos atopamos traballando nunha rede que traballa detrás de un proxy o que debemos facer é o seguinte__
Modificamos o archivo: /etc/apt/apt.conf.d/proxy da seguinte forma::
sudo echo Acquire::http::Proxy \“http://usuario:password@direccion_del_proxy:puerto\”; >
### -> Opcional
Visto aquí:: – Dr.Fert’s Blog -
Add comment Febrero 24, 2008
Speedtest -Web para probar os test de velocidade da adsl-
Fedellando fellando pola rede encontrei unha web moi friki para facer as probas de velocidade da nosa adsl, probeina dende distintos puntos e os resultado que devolve son bastante fiables ao meu modo de ver.
O mellor e que lle votedes un vistazo e logo vós decidides… -SpeedTest-
Add comment Febrero 21, 2008
Web’s sobre -Patróns de diseño de Sw-
Unha web onde como dice o seu lema -creando código efectivo- Design Patterns & Refactoring
Diseño de sistemas informáticos- madsGroup
Patróns de diseño de Sw – Proactiva-Calidad
Patróns de diseño de Sw – Wikipedia
Patrones en Java – Universidade de Oviedo
Add comment Febrero 20, 2008
Coñeces Lincudo.org
É un directorio cos mellores paquetes e documentos dispoñibles para Ubuntu. Integra o sistema de instalación automática apturl, outros paquetes serán enlazados para descarga directa. Unha das premisas principais do proxecto é “se é sinxelo funciona”, por iso non esperedes atopar complicacións, simplemente le o texto que acompaña a cada paquete.
Se non funciona o sistema de instalación de paquetes, instala apturl, desde a consola: sudo aptitude install apturl.
Lincudo non busca o crecer continuamente ofrecendo máis e máis enlaces, estudásese en detalle cada nova incorporación ao directorio e se é necesario eliminásense outras. O proxecto esta orientado a Gnome que é o escritorio oficial de Ubuntu e polo momento non se estuda a posibilidade de incorporar paquetes de KDE.
Para saber máis, mellor mira na súa web:: LINCUDO.org
Visto en:: – Culleredo -
Add comment Febrero 20, 2008
Actualización de Debian Etch
O proxecto Debian anunciou a terceira actualización a versión estable “Etch” da súa distribución Debian 4.0 GNU/Linux. Esta actualización agrega principalmente correcciones a problemas de seguridade ademais dalgúns arreglos a outros máis serios. O instalador foi actualizado para usar e soportas os novos kernels incluídos neste lanzamento.
Outra novidade importante é a eliminación do paquete flashplugin-nonfree, debido a que é de código pechado e será imposible obter soporte de seguridade para el. Por ese motivo recomendan removelo inmediatamente xunto con calquera outro arquivo remanente do Adobe Flash Player.
As versións probadas do Flash Player faranse dispoñibles, con todo, desde Backports.org.
Visto en – Vivalinux.com.ar -
Add comment Febrero 18, 2008
ServerSniff – para redes -
serversniff.net – Navalla suiza para redes, é unha web con un conxunto de ferramenteas para administradores, desenrroladores, webmasters,…
Merece a pena botarlle un ollo.
Add comment Febrero 14, 2008
Extensións para OpenOffice
Nesta web http://extensions.services.openoffice.org/ vas atopar extensións para o OpenOffice, e nesta http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Main_Page a wiki do OpenOffice.org, aquí o wiki en castelán…
Add comment Febrero 13, 2008
Yes we can…
Add comment Febrero 12, 2008
Maestro Gabilondo en estado puro II
Dende que o vin pola -tele- tiña ganas de subir este video do maestro Gabilondo dando unha “”"pequena”"” lección de maestría periodística e de unhas “”cantas”" labazadas a conferencia episcopal…
Add comment Febrero 11, 2008
Bio-Estupidez
Bioestupidez é un termo acuñado por todos aqueles que entenden como unha estafa encuberta o novo fenomeno dos biocombustibles, que permite que as grandes multinacionais petroleiras sigan manexando o negocio dos combustibles.
Deixo dous enlaces para que poidas ollar cal é ou pode ser a outra cara deste floreciente negocio::
*** A Bioestupidez
Add comment Febrero 11, 2008
Cabreado con Dell…2ª parte
Pois sigo ca miña odisea particular con Dell. Escribinlles unha correo-e mostrandolles a miña frustración, incredulidade, cabreo, decepción… neste caso a resposta foi distinta a anterior cando na demora da miña compra só me mandaran un soso comunidado, desta volta primeiro a “miña axente comercial” mandoume un correo-e indicandome unha vez máis que ela non pode facer nada, que o atraso producese por causa de falla de stoctk’s (alucina!), que… mil chorradas máis…
Logo pasados dous dias chamoume por teléfono, basicamente para decirme o mesmo pero agora a ‘viva voz’ e de paso darme a -boa nova – de que o día 25 mandaranme o portátil, cagate lorito!! espero-desexo-anhelo que eu entendese mal, e que o me quixo decir fose que antes do 25 o vou ter nas miñas mans. Iso sí cruzo os dedos para que todo veña correcto e non teña que mandalo de regreso para solucionar o problema.
Poñendome no peor dos casos e que ata o día 25 non me manden o aparello, dende que fixen a solicitude (14 de xaneiro) ata que o poida tocar pasarán ¡¡30 dias laborais!! que non esta mal… así calquera cumpre…
O máis gracioso, e que collín e pedinlle algún tipo de compensación pola demora producida, como me esperaba a resposta foi negativa, logo falando coa “miña axente comercial” por teléfono de novo insistin no tema, e a resposta foi moi indicativa e orientativa para as miñas próximas compras…e dixo ela:: “…es que esto es una multinacional, no una tienda de barrio, aquí no podemos regalar nada, solo venderlo…” ; moi ben perfecto!!! pois se unha tenda de barrio sí me pode facer un regalo compensatorio (como xa me ten pasado) e unha multinacional non me fai nada, pois esta claro! de agora en diante voltarei comprar onde nunca debín de deixar de facelo – na tenda do barrio – e que sexa logo a tenda quen se pelee con estes jetas.
(tito vai ser que tiñas razón… ver comentarios da anterior entrada, calcouno!!)
O tema de pedirlle unha compensación non é por chorar nada, se non por intentar igualar as posicións algo, e decir, si eles me mandan o aparello cando lles sae do rabo (sin cumprir co prazo estipulado por eles mesmos!!) que mínimo que reciba algún tipo de recompensa, non si???… pois nada nin por esas, eu pago e eles mandan, eo carallo!!!
Por outra banda o tema de pedir que me devolvesen os cartos desestimeino, quero ese portátil, gustame, cumpre as miñas expectativas… e por outra banda se unha vez pagado teño o que teño para que me manden o trebello, se me teño que poñer a pelexar para que me devolvan os cartos, buuuuuf non o quero nin pensar… non sei se fixen ben ou mal… xa vos contarei.
E lembrade-”es que esto es una multinacional, no una tienda de barrio, aquí no podemos regalar nada, solo venderlo…”“
Add comment Febrero 8, 2008
