10 razóns para elixir Firefox 3.0
mayo 20, 2008 at 7:53 am 4 comentarios
1. Ofrecendo un rexistro de seguridade, con actualizaciones máis frecuentes e transparentes, polo que usas un navegador máis seguro.
2. Protección contra malware, para evitar descargas non desexadas como virus ou troyanos.
3. Unha barra incrible, coa que podes atopar sitios nos que estiveches antes pulsando un par de teclas.
4. Opción “Gardar ao saír”, para que ao iniciar Firefox poidas empezar a navegar inmediatamente, coas últimas fiestras e pestanas abertas.
5. Recordar contraseñas sen un cadro de diálogo, de maneira que podes decidir gardar a contraseña logo de iniciar sesión.
6. Novo xestor de descargas, co que podes pausar unha descarga e renovala máis tarde, cunha barra de procura para atopar descargas anteriores fácilmente.
7. Personalizable: cambia o aspecto (temas) e engade funcións (extensións) a Firefox a través do xestor de complementos incluído de serie. ¡Hai máis de 5000 extensións comunitarias dispoñibles gratuitamente!
8. Máis rápido con aplicacións Web complexas, como Gmail, polo que che atopas máis cómodo, ata con ordenadores antigos.
9. Usa menos memoria que calquera outro navegador, polo que aumentarás a vida útil do teu ordenador.
10. Fai que a Web dun paso adiante ao admitir estándares web avanzados, de forma que a Web segue evolucionando e beneficia aos usuarios a longo prazo.
-E mira aquí - FireFox 4.0 moito máis que un navegador
-Fonte-

1. Xosé Otero | mayo 21, 2008 a las 2:27 am
Iso de que é o navegador que menos memoria consume habería que matizalo. Polo menos véñenseme á memoria tres “navegadores” que consumen menos: links, lynx e dillo
2. toniocastro | mayo 21, 2008 a las 7:18 am
Certo é! a verdade e que o punto9 e discutible en todo o seu contido, pero bueno… bonito eeeéeh!!
3. A dorfunteca » Quick News Flagged Articles | mayo 22, 2008 a las 5:12 am
[...] Que che vou contar…: 10 razóns para elixir Firefox 3.0 http://toniocastro.wordpress.com/2008/05/20/10-razons-para-elixir-firefox-30/ [...]
4. ulic | mayo 23, 2008 a las 5:43 pm
y es TRENDY!