Archive for octubre, 2008

Compartir pantalla en Ubuntu 8.04.1

Non sei a conto de que, pero resulta que en Ubuntu 8.04 non aparece a opción que nos permitia compartir duas pantallas na mesma computadora dado que dita función esta oculta; a verdade e que non sei porque fixeron isto, persoalmente é unha función fundamental en calquer sistema de escritorio actual…

Ben o caso e que para activar dita función podes abrir un terminal e escribir -sudo displayconfig-gtk – así aparece a pantalla que che permite xogar con dita funcionalidade.

Outra cousa que podes facer e crear un lanzador ou editar os menus e insertar esta funcionalide dentro.

Pois iso,…

octubre 23, 2008 at 1:20 pm

Instalando OpenOffice 3.0 baixo Ubuntu 8.04-1

Ok, imos instalar a suite ofimatica OpenOffice 3.0 nunha Ubuntu 8.04-1.

Descargamos a suite de mancomun : OpenOffice en mancomun

Logo descomprimimos o paquete que descargamos.

Seguidamente abrimos o terminal e situamonos no directorio ‘DEBS’ dentro do paquete que acabamos de descomprimir.

A continuación na terminal escribirmos – sudo dpkg -i *.deb -

Vale, xa esta instalado! agora debes instalar os iconos do escritorio esto falo dendo o directorio que tamen esta dentro de 'DEBS' denominado 'desktop-integration' se accedes a dito directorio hai un paquete (.deb) que debes executar con GDebi para que se instalen ditos iconos.

Pois xa esta!!!

S2!

octubre 23, 2008 at 1:14 pm

Xestor de paquetes Web para sistemas -apt-

Fedellando por planetUbuntu encontrei unha nova ben interesante, esta na bitácora de marcelor.com e como indica o titulo da nova trátase dun xestor de paquetes (para sistemas basados en apt) via web.

Según nos contan  nesta bitácora existe un sitio web denominado AppnrGet Ubuntu Applications! – o cal nos da posibilidade de instalar aplicacións tendo como único requerimento ter soporte para AptUrl o cal podes instalar así… ‘#sudo apt-get install apturl‘.

Pois nada a xogar un pouco…

S2!

octubre 22, 2008 at 2:27 pm

Actualizando IceWeasel -Debian etch-

Logo de ollar en esDebian que a versión de IceWeasel que estaba a usar ten unha serie de probelmas de seguridade decidin actualizar a nova versión como recomendan na mesma web.

A cousa foi sinxela como sempre, descargas o paquete da nova versión de -aquí- por exemplo, e usas o Gdebi para facer a instalación, e xa está!! non deberias ter problemas.

Se tes marcadores tranquilo que fai unha importación automática, o único que tes que facer de novo e pasalo ao galego… e como de isto xa falamos, pois toca fedellar.

S2!!

octubre 21, 2008 at 10:23 am

Retomando os mandos…

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

Boas a tod@s!!! de novo ando por aquí, despaciño pero vou tirando.

O caso e que o mercores 1 de outubro ingresei en urxencias por causa dunha dor abdominal continuta e moi forte, o ‘bo’ saber facer da doctora que me atendou determinou que era unha gratroentiritis e de volta para a casa a isto das cinco da madrugada. O día seguinte os dores non remataban senon que se incrementaran considerablemente, así que de novo para o hospital iso sí, visto o visto anteriormente pasei por mans de outro médico que só con oscultarme determinou que tiña unha apendicitis de ‘cabalo’ (debo decir que anteriormente en urxencias fixeramen unha ecografia onde non observaron ”’nada”’). Pois iso que agora xa certo de que algo tiña voltamos de novo para o hospital onde agora sí ‘confirmaron’ a miña apendicitis, peroooo… como estaban que desbordan os quirofanos tiven que ser trasladado a outro hospital da cidade, malo que en ese mismo instante non había ningunha ambulancia dispoñible, polo cal tiven que esperar tres horas a que houbese unha ambulancia que me poidese transladar. Cando chegou a ambulancia e por fin me transladaron o novo hospital a isto das tres da tarde de novo me tocou esperar porque o ciruxano non estaba en ese momento… (ole y ole) e de novo esperando cunha do do inferno, iso sí aquí polo menos chutaronme un calmante para que puidese levalo con máis calma, esperamos esperamos e voltamos a esperar e a isto das sete da tarde por fin veu o ciruxano, o anestesista, e a nai que pariu o pastel me meteron en quirofano… ooooh que gusto coño!!!!

A sorpresa foi que a apendicitis era unha apendicitis grangrenosa, ‘cousa fea chico’… polo que a recuperación foi algo máis lenta do normal dado que estiben durante nove dias chutado de antibióticos e calmantes cada seis horas, logo para rematar a festa uniuse unhas subidas de temperatura en principio inesplicables dado que todo parecia estar ben, así que máis probas por aquí e por ala… ate que se deu co meollo, unha infección por debaixo da pel nunha serie de grapas das que tiña postas para cerrar a ferida da operación, así que de novo a abrir a ferida ea saenar a zona infectada, unha vez feito isto por fin as cousas empezaron a ir polo seu cauce e a recuperación empezou a ir ben

Hoxe ainda estou tocado da ala, que se dice, pero polo menos xa estou na casa e podo fedellar cos meus xoguetes, ver documentais, e relaxarme na tranquilidade e na paz que supón vivir na aldea.

Perdín as festas do San Froilan por completo, non fun o concerto dos Suaves (grrrrr!!), pasei algo de medo, esquecinme de problemas que non eran tal, pero como se di que non hai que mal por ben non veña, sempre tiven o apoio da familia, da miña rapaza, de unha infinidade de amigos que non me deixaron nin por un momento só,  de chamarme, de darme ánimos, de putearme (que para iso estan tamén), polo que a cousa levouse un pouco mellor.

Así que nada, vou estar caido un tempiño máis e logo voltarei a carga, tanto nesta bitácora como en agnix.org.

Veña en uns dias comenza a carga de novo… e desta vai en serio!!!!!!!!!!

Apertas!

octubre 14, 2008 at 3:46 pm 4 comentarios

O prezo dos diamantes…

Enlace encontrado en mename.net

O prezo dos diamantes, non sempre con diñeiro se paga todo… ou a vida a caso ten un prezo xusto???

Olla as minas de diamantes de Madagascar.

Ben é certo que hai imaxes máis desgarradoras de outras minas, ou de outros traballos en paises subdesenvolvidos que son explotados por multinacionais e poderes fácticos varios. Pero en todo caso non deixa de ser un bo punto de comenzo para preguntarse se realmente merece a pena.

octubre 1, 2008 at 4:56 pm


Calendario

octubre 2008
L M X J V S D
« sep   nov »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android