Archive for 26/12/08
Bos propósitos
Vale, ok, chegaron de novo estas datas onde todo é ‘amor’,'paz’,'felicidade’,… iso sí todo ficticio a máis non poder pero o caso é facer o papanatas seguindo este xogo. Sin embargo podemos coller un camiño alternativo sen deixar de camiñar na dirección que a sociedade eo hoxe quebrado sistema de consumo nos impon; a cousa esta en consumir pero pretendendo colaborar con algunha casua que poida axudar a cambiar un pouco este patético mundo no que vivimos.
Aquí che deixo algunhas web’s onde podes desgastar a banda magnetica da tarxeta de crédito/débito::
- Tenda de Greenpeace
- Tenda de Ecoloxistas en Acción.
- Tenda de Intermon Oxfam.
- Tenda de Médicos sin Fronteiras.
- Tenda de amnistía Internacional.
Como ves pouca escusa tes para non facer unha compra que axude a outra xente.
Así mesmo, podes facer donacións tanto nas web’s anteriores como en moitas outras que merezcan a causa, un exemplo e facer unha donación a Wikipedia para que poida seguir ilustrandonos durante moito tempo máis.
Pois iso, que se desexas festexar esta festas consumindo pois consume pero non te olvides tirar un cable a outros que non teñen tanta sorte.
Add comment Diciembre 26, 2008
