Cuestión de liberdade, cuestión de saber/poder elexir.

diciembre 10, 2009 at 11:18 pm 1 comentario

//

//

//

Todos aqueles que me coñecen poden asegurar que non son un escorpión ou un talibán do sw libre nin moito menos, usei, uso e usarei tecnoloxías de todo tipo sempre e cando éstas me sexan necesarias independentemente de se son libres ou non, isto é debido a que son libre para escoller, que entendo que o futuro que nos espera a volta da esquina é mixto. Pretendo dentro dos limites que a natureza me deu ser un bo profesional e para iso debo coñecer que é o qué se fragua en todo este mundo tecnolóxico no que vivimos.

Por aquel entonces, na escola, no instituto e ate na universidade só había unha cor nas pantallas dos ordenadores, cor que marcaba o gran imperio de Redmond; custoume tempo, entender que había unha alternativa a aquelo,  non é fácil cambiar a forma de pensar, máis complexo se volve dar o salto e migrar a outro mundo distinto ao coñecido, a sinerxia, o medo ao cambio, ao descoñecido,  convertense en barreiras que fan realidade aquelo de ‘mais vale malo coñecido que bo por coñecer’.

A liberdade de elección verdadeira só é posible cando un ten o coñecemento suficiente para entender que representa cada unha das opcións das que dispoñemos, se nos limitan o coñecemento directamente están a limitar a nosa liberdade para poder escoller; a educación, polo tanto convertese en algo fundamental para facernos libres.

Pois ben, a día de hoxe,os nosos rapaces e rapazas teñen máis díficil ser libres para poder elexir , dado que unha vez máis, e grazas ao apaoio do goberno dunha nación (algo lamentable!!) serán educados no eido tecnolóxico baixo as premisas que dicte o xigante de Redmond.

A cousa é ben fácil de entender, fagamos un suposto:

Un rapaz(a) chega ao colexio, e  impartenlle clase cunha plataforma privativa que a día de hoxe xa é un monopolio. Logo ese rapaz(a) desexa comprar un ordenador, chegará a un centro comercial ou tenda de informática onde con case total segurirdade encontrará unha infinidade de equipos para mercar, pero iso si, en base a politicas de presión, xogos comerciais, trocos de favores,…, todos co mesmo sistema operativo. No problem! pois dito rapaz(a) xa foi instruido no colexio no uso de dita plataforma, así que o circulo cerrase e o rapaz(a) felizmente fai a súa compra. Uuuuuum pero o circulo cerrase aquí ou non… pois non, dado que, non só lle aprenderon a manexar o sistema operativo, se non que ademais aprendeu no colexio a manexar unha suite ofimática que mira ti por donde tamén pertence a mesma multinacional, así que veña a mercar a suite ofimática citada. Logo o rapa(z) aprende que pode facer certas trampas para non pagar por ese software, e dado que ninguén lle explicou que existen alternativas, pois decide empezar a piratear as distintas aplicacións que necesite e poida; e aquí sí se cerra o circulo, xa non necesita nada máis, ten o software que desexa de forma gratuíta. Ben, cerrase e non… dado que ese rapaz(a) crece, e faise un profesional que ira traballar a unha empresa, ou a unha administración pública e claro… que vai querer para poder traballar, pois iso a plataforma privativa que fai anos lle ensinaron no colexio.

De isto xa nos avisou non fai moito o señor Stallman,  pero parece ser que os políticos que debian escoitar, meditar, reflesionar, pensar, ollar… xa estaban ensinados/adestrados dende o colexio (vaia!! parece que o circulo funciona, politicos educados nunha plataforma privativa escollen dita plataforma para seguir educando as novas xerazóns de rapaces).

Entendo que de forma persoal cada quen ten no seu ordenador o sistema operativo que máis lle guste, entendo que cada empresa basa o seu negocio ou a súa infraestructura na plataforma que crea máis convinte para competir no mercado, pero NON entendo que as administracións públicas pagen royalties por licenzas cando hai alternativas libres e gratuitas que poden facer a mesma función, e moito menos NON entendo que nos colexios públicos dun pais se usen plataformas privativas para a educación dos futuros enxenieiros, medicos, arquitectos… e ate políticos do pais.

Para terminar recomendo a lectura do seguinte libro [Sw libre para unha sociedade libre].

E ogalla todos teñamos a opción de poder elexir con coñecemento de causa e non por falta de coñecemento.

S2!

About these ads

Entry filed under: GNU/Linux, Micro$oft, Protesta, Social. Tags: .

What is PhoneGap? Os do CENATIC usan Apple KeyNote…!!!!! onde queda o sw libre??

1 Comentario

  • 1. vic  |  diciembre 11, 2009 en 10:48 pm

    Ben falado!

    Como ben sabes, suscríboo palabra por palabra. Este goberno psudo-socialista estase lucindo e cando pensas que non pode ir a peor supérase con artimañas coma esta.

    Nunca entenderei os políticos! :(

    Apertas!


Calendario

diciembre 2009
L M X J V S D
« nov   ene »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android