Extremadura quere abandonar o Sw Libre

octubre 14, 2011 at 3:18 pm

Que España non é lider mundial en moitos campos non é ningunha noticia, pero que unha rexión de España sexa lider e referente mundial quizais si o sexa. Extremadura desde fai xa un tempo era mundialmente coñecida por ser unha rexión onde o impulso a creación, uso e distribucción de software libre por parte da administracción pública era unha tónica habitual e continua.
Nesta rexión celebrouse en varias ocasións o congreso internacional de software libre, atraendo as suas terras a persoaxes de renombre e a empresas que de non apostar por este módelo de negocio do software e de cultura hacker moi dificilmente pisarian as terras extremeñas.

Pero todo parece cambiar de forma drástica desde que un novo (des)goberno tomou as rendas da ‘Junta de Extremadura’, parece ser que as actuais ‘cabezas pensantes’ queren desfacerse de todo o traballo feito durante estes anos. Realizando un exercicio mental só a altura das mentes máis lucidas da humanidade parece ser que se están a plantexar voltar as mans do gran monstruo de Redmond, e desta forma en troques de seguir impulsando tecnoloxía libre propia pasar a ser totalmente dependentes da multinacional Yankee de software que todos coñecemos e de cuio nome non quero acordarme.

En fin… atrás quedaron os tempos de aquel tolo soñador chamado Ibarra que un día se atreveu a situar a súa rexión na palestra mundial como referente tecnolóxico en software libre.

Deixo como recordo do que foi un tempo mellor duas charlas deste soñador:

Ibarra no Senado falando de Sw libre:

Ibarra na OSWC falando de software libre, neutralidad tecnolóxica, eo canon:

Non estaría demais que os políticos deste pais lle pedisen concello a este home.

Fonte.

About these ads

Entry filed under: Protesta. Tags: , , .

Chrome Remote Desktop httpS (recopilacíon) e algo máis


Calendario

octubre 2011
L M X J V S D
« sep   nov »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android