Archivo para diciembre, 2011
Recursos para Android
O amigo Alberto (OpenInnova) deixou en Google+ unha serie de enlaces moi interesantes para todos aqueles que teñan interes en aprender a programar para Android, os recursos son os seguintes:
1.- 9 videotutoriales en español –> http://goo.gl/laZc8
2.- 4 libros digitales gratuitos –> http://goo.gl/pqvUj
3.- 20 horas para aprender a programar en Android –>http://goo.gl/SU7sh
4.- Curso impartido por Google –> http://goo.gl/8utpu
5.- Desarrollo y Programacion Android Fácilmente –> http://goo.gl/HYvbd
6.- Desarrollo en Android en español –> http://goo.gl/r7yu2
Claro que si queres programar para android pero non queres liarte con Java ao mellor che interesa isto – PhoneGap -
Android 2 Android
Leo en omicrono.com unha nova que me parece do máis interesante como é a posibilidade de conectar dous dispositivos android entre si para que un exerza de esclavo e outro de maestro de tal forma que podemos manexar o esclavo baixo as ordes do maestro.
Para elo usaremos a app Tablet Remote polo que nos contan en omicrono.com a configuración é do máis sinxela.
Pois nada a probar que desde logo é ben práctico.
OwnCloud & company
Fai tempo que ando artellando como montar a miña propia nube persoal desde un servidor da miña casa para ter aloxados via web todos aqueles documentos que son subceptibles de ser modificados, descargados,… e non sempre os levo conmigo.
A primeira opción foi programar eu mesmo ese aplicativo como un reto persoal en PHP ou en Phyton + GTK3. Pero a falta de tempo foi facendo que está idea quedase no olvido das intencións.
Na reunión de agnix.org un bo amigo Alberto (OpenInnova) comentoume que en troques de meterme no lio de picar pedra sen parar podia facer uso dunha aplicación que xa estaba pensada para ese fin… a resposta é ownColud.
Para ver a súa funcionalidade podemos ollar o seguinte video:
No momento que teña un intre vou proceder a súa instalación.
Un saúdo.
Actualización_
Como ben sinala o amigo Dorfun nos comentarios hai outras alternativas a ownCloud, como son :
Aplicación web para crear diagramas on-line
Deixo un enlace a Cacaoo unha ferramenta web que permite facer diagramas on-line de forma colaborativa.
Django Book
O amigo Alex (membro de agnix.org e de rianxosecabos.es) logo de ver a entrada da Guía Phyton propuxome que en troques de seguir esa guía siga o seguinte web-Book dado que está moito mellor e é máis profesional, non caendo en erros que podemos logo arrastrar polo simple feito de querer simplificar as cousas.
Polo tanto, seguindo o seu consello deixo o enlace ao web-Book de Django para aqueles que queiran empezar dunha forma máis seria con Phyton.
- Django Book -
Grazas Alex!!!
Guía Python
Entre as multiples persoas que sigo en Google+ está Eugenia Bahit unha argentina programadora de software especialista en sistemas LAMP. Na web de ‘Maestros del Web’ publicou unha magnífica guía sobre o linguaxe de programación Python. Polo que vou deixar aquí un enlace para que todos poidamos disfrutar deste traballo.
- Guía Phyton -
Recursos para Scrum
Fedellando polas novas do Google+ encontreime cunha entrada un tanto interesante – Metodología de trabajo en el Agile Coaching – na web que se esconde detrás encontraras unha serie de ferramentas e métodos para traballar con metodolxías áxiles de programación.
Un bo recurso a ter en conta.
Steve Jobs e Dennis Ritchie
Deixo esta entrada facendo unha comparativa de como os medios de comunicación manipulan a información dunha forma absurda e demostrando a súa ignorancia en multiples campos. Non fai moito tempo que día tras día e telexornal tras telexornal nos falaban da morte do señor S.Jobs falando dos seus prodixios e do gran impulsor que foi para a tecnoloxía (en fin…). Non moitos dias despois morreu Dennis Ritchie e excepto uns xornais o tema pasou desapercibido para a prensa, nin grandes titulares, nin novas de primeira plana, nin nada
así que imos ver unha breve moi breve comparativa do que fixo cada un.
Sen Steve Jobs non hai iPhone, iPad, iPod ou Macintosh.
Sen Dennies Ritchie non habería o linguaxe de programación C. Sen C, non habería Unix, nin Windows ou Linux. Sen C non habería C++, non habería Objective-C, non habería MacOS X, nin iOS, nin Photoshop, nin FLStudio, nin Firefox, nin Safari, nin Google Chrome, nin Playstation, nin XBox …
De feito o 90% das aplicacións no mundo, están escritas en C ou C++ ou Objective-C ou algún derivado.
Se crees que Dennis merécese o noso respecto, compárteo.
(Nota: a comparativa encontreina nun post de G+)
