Central Lechera ¿Asturiana?
Os anuncios son iso só anuncios pero cando en eles sale xente que coñeces sempre che fan máis gracia.
Anunciar leite de Central lechera Asturiana con xente de Santiago de Saa (Lugo) e de Santa Marta de Fixos (Lugo) iso non ten precio, será que en Asturias non hai pastos verdes como pola miña terra?? será que somos máis simpáticos?? que será será… en todo caso noraboa aos improvisados actores
que seguro que na próxima xa saen en ‘Terras de Miranda’ (uns cracks!!!).
Desde os estudios centrais de Santiago de Saá, Marcelino facendo de gandeiro melancólico (que fenómeno!!!!)
En Santa Marta de Fixos, o gran ‘Marcotes’ (o home de ferro) en estado puro…
Noraboa aos actores!!!! ogalla dentro de pouco sexa nominados para os Goia
Por certo… queda claro que Central Lechera Asturiana… o que é 100% Asturiana non é!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Iso si a leite moi Asturiana non será pero o acento cento por cento.
Entrada archivada en:Gargalladas, Recopilacion. Etiquetas:Central lechera Asturiana, Marcelino, Marcos, Publicidade.
