Sobre min..
Nacín a finais dos 70 na cidade das murallas, dende neno vivo na aldea
e quizais por iso aprendín a contar estrelas, a disfrutar e a respetar a natureza,
a comtemplar a silueta do lonxano horizonte por onde cada día sae o sol.
Sempre fun unha persoa inqueda, gústame todo aquelo que ten que ver coa ciencia,
-física,química,bioloxía,xeoloxía,astronomía,arqueoloxía,…- por iso
podo pasarme horas vendo documentais sobre calquera destes temas.
Non me gusta o mundo no que nos tocou vivir…guerras,contaminación,hipocresía,
especulación,egoísmo,…pasa o tempo e non aprendemos nada da historia, esta repitese
unha e outra vez en distintos escenarios e con distintos nomes.
Por iso gústame pertencer a esa minoría (hoxe por fortuna xa non tan pequena) de persoas
que nos gusta axudar a outra xente e a súa vez ser axudado por outros, gústame pensar
que se poden cambiar as cousas por moi grande que sexa o muro que hai que saltar.
Con respecto a informática ea tecnoloxia son a controversia en persoa; podo tirarme dias ou semanas fedellando sin parar para sacar adiante unha idea ou un traballo, ou podo pasar tempo e tempo sin tocar un trebello ou sen programar unha liña de código; isto último supoño que será causa de que teño multiples aficións (xardinería, carpintería, mountan-bike, senderismo, natación, running ‘ousexa correr’, badminton,…) vamos calquera cousa menos estar quieto.
Este podería ser eu no mundo dos Simpson.
Son usuario do sistema operativo Gnu/Linux.
Son usuario rexistrado de Ubuntu.
Apoío a iniciativa ‘puntoGal‘ para ter un dominio galego.
8 comentarios Add your own
Deixa un comentario_
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed


1. leillo1975 | mayo 11, 2007 en 1:39 pm
Felicidades polo teu Blog. Gustame moito. Añadinte o meu blogroll
2. Ro | agosto 7, 2007 en 10:14 am
Unha personalidade interesante, si…felicidades polo blog, que saibas que me estou aficionando a lelo, un biquiño.
3. jose | octubre 30, 2007 en 11:14 pm
hola.poderiasme axudar a encontrar sitios donde poder baixar libros de medicina gratis.saludos
4. toniocastro | octubre 31, 2007 en 8:05 am
Libros de medicina gratis!!?? Wooow ben vou mirar, pero a verdade e que non teño nin idea de onde atopar iso…
5. dorfun | febrero 6, 2008 en 1:05 am
…se queres contactar comigo polo do teu penúltimo post… engádeme á mensaxería instantánea de yahoo, hotmail, gmail,…
6. toniocastro | septiembre 22, 2008 en 7:31 am
Grazas pola invitación pero non vai ser posible, o ser martes o traballo non me permite asistir, unha magoa, interesante parece dende logo
, unha lastima que non se realize esa actividade en fin de semana.
7. Natalia | marzo 4, 2009 en 3:47 pm
http://www.quedelibros.com
8. Solucion | abril 13, 2010 en 8:15 am
Felicidades polo teu Blog.