Posts filed under ‘Escritorio-Gnome’
MFBA: Accede aos teus ficheros desde o Panel de Gnome
Este Applet é un engadido para o panel de GNOME. Permitirache explorar/examinar e abrir arquivos directamente desde o escritorio sen abrir ningún explorador de arquivos.
Non pretende remplazar a programas como nautilus (explorador de arquivos de GNOME), só que algunhas veces desexarás abrir un arquivo e non ter que utilizar un explorar, buscalo entre decenas de cartafois, abrilo e logo pechar o explorador.
Podes descargarlo para Gutsy desde GetDeb
Visto en: -Obux-
Iconos gratis para descarga
En kabytes.com encontrei un post onde indica unha dirección doutra web para poder descargar iconos de forma gratuita. Así que se non queres ou non tes moito tempo para diseñar os iconos das tuas aplicacións xa sexan de escritorio ou web, pois o mellor podes votar man deles.
Personalizando Gutsy Gibbon
Encontrei nesta web uns pasos a seguir de como personalizar a nosa nova Ubuntu. Hai miles de webs que che indican como facer isto mesmo, quedeime con esta xa que indica o traballo que quería facer eu. Pois iso… personalizando vou, personalizando veño…

Instalar Kiba-dock
Vou ou eso pretendo instalar kiba-dock na Ubuntu 6.06 (Dapper) do meu portátil.
Os pasos a seguir son::
Para instalar o kiba dock descarga o seguinte arquivo kiba-dock.zip e descomprimelo, dentro tamén veñen as instrucións por se as dúbidas.
Xa que descomprimes o arquivo para instalalo o unico que tes que facer é colocar o seguinte codigo na consola:
sudo dpkg -i (a ubicacion do teu arquivo ejem: /home/usuario/kiba-dock_0.1cvs20061018-1_i386.deb) -se eres máis comodo podes usar o botón dereito do teu rato e instalar facendo uso de Gdebi. ‘Para gustos, colores’.
Listo!!! xa tes instalada a túa barra á cal podes acceder con algún dos seguintes comandos:
kiba-dock ou dock
podes tamén executalo desde aplicacións>accesorios>kiba-dock.
E se desexas cargalo desde o inicio de sesion vaiche a sistemas>preferencias>sesións e na pestana de programas de inicio nada mais engade a seguinte instruccion: dock ou kiba-dock como o teu desexes.
Agora para acceder ás opcións do kiba-dock simplemente executa o seguinte desde unha terminal ou desde o ejecutador de aplicacións:
gset-kiba
Se lle dás click dereito á barra tamén aparecen as opcións . Para agregar as iconas á barra nada mais tes que arrastralos cara ela e vailles a aparecer unha flechiña, só solta a icona e agrégase automaticamente. Para quitalos danlle click dereito á icona que desexan quitar e danlle en remove launcher.
Fonte:: -benux.wordpress-
Outras referencias para instalar kiba-dock:: tuxpepino.wordpress, danroj.wordpress,
*Nota:: Instalei o kiba-dock como indico no post e funciona casi-correctamente, só teño un pequeno problema, debido a que o meu pórtatil non ten aceleración 3d non podo instalar Beryl, Compiz ou Compiz Fusion polo tanto cando se inicia a barra do dock saeme cun fondo negro, intentei cambialo pero non hai forma; seguirei buscando, mentrás tanto xa sabedes… para que kiba-dock funcione debedes de instalar antes Beryl, Compiz ou Compiz Fusion.
Seahorse, manexa as tuas claves en Gnome
Seahorse, é unha máis que interesante aplicación gráfica propia da contorna Gnome, coa que podemos traballar comodamente á hora de xerar e manexar claves de encriptación.
Para máis detalles sobre a aplicación: gnome.org/projects/seahorse
Para descargar as diferentes versións:: pica aquí.
Enlace relacionado: manual sobre a súa utilización no 5 boletín FL.
Fonte::-fentlinux-
Navegador de arquivos
PCMan é un sinxelo navegador de arquivos que ofrece a posibilidade de traballar con pestanas ao estilo dos navegadores actuais. Deste xeito seguro que poderemos acceder de xeito máis eficiente aos directorios nos que esteamos traballando. Tras probalo resúltame unha ferramenta moi sinxela, non tan potente como Nautilus (a que uso habitualmente) aínda que si cunha característica que esperemos integre pronto o administrador de arquivos de Gnome.
Fonte:: -kernelsource-
Metacity – lixeiro xestor de fiestras -
Temos dispoñible a versión 2.19.13 de Metacity,é o xestor de fiestras lixeiro por defecto de GNOME, que aínda que forma parte de Gnome tambien está dispoñible “solto”, é dicir que poderás usalo libremente ao teu antollo. A súa reputación precédelle: estabilidade e ergonomía son as súas maiores bazas.
Ademais, é totalmente personalizable xa que existen centos de skins para que poidas cambiar o seu aspecto e así facelo máis persoal, segundo o teu estado de humor ou personalidade. O bo de MetaCity é que non require GNOME para executarse. Se queres un xestor de fiestras simple pero eficaz: Metacity.
Para descargalo pica aquí.
Fonte: -fentLinux-
Novo Gnome 2.18.2
Con este anuncio oficial queda disopoñible para sua descarga e uso o novo Gnome 2.18.2 o cal ben cunha mellora na sua estabilidade, e melloras tamen na sua documentación e tradución.
Recorda que as versións de números impares son versións en desenrrolo (neste caso non é tal dado que se trata dunha versión 2.18.x).
Saudos!.
Gnome-open
Con Gnome-open podes abrir ficheiros, imaxes e ata unha páxina web no teu escritorio gnome sen sair do teu terminal de liña de comandos ca aplicación que teñas predeterminada para cada un deles, interesante non si¿?…
Por exemplo:
Para abrir unha imaxen:
$gnome-open imagen.jpg
Para abrir o navegador con unha url especificada:
$gnome-open kernelsource.org
ou enviar un correo con el cliente por defecto:
$gnome-open mailto:thinway@correo.com
e incluso si queremos abrir nautilus en un directorio determinado:
$gnome-open ruta_al_directorio
ou no caso de querer abrir o directorio no que nos encontramos:
$gnome-open .
-Visto en kernel.source-



