Posts filed under 'Escritorio'
ScreenCastle, para gravar ScreenCast
ScreenCastle (requiere Java) é unha aplicación que permite grava screencasts directamente desde o navegador e gardalas online.
Un screencast é un vídeo no que quedan rexistrados a pantalla do ordenador, e opcionalmente audio, cos movementos do ratón e as accións realizadas polo usuario que o produce.
É unha ferramenta moi utilizada en tutoriales que explican como manexar programas de ordenador, por exemplo.
Traducido de LinuxParty
Add comment Abril 27, 2009
Grabar videos do escritorio
Deixo só un enlace onde se nos ensinan uns cantos programas para grabar video e son do noso escritorio.
Así a bote pronto indicannos a existencia duns cantos programas como son:
gtk-recordmydesktop para Gnome.
- krecordmydesktop: para entorno KDE
- recordmydesktop: en modo texto
- xvidcap: capturador antiguo pero con muchas opciones
Add comment Abril 6, 2009
OpenDesktop
Todo que necesitas para o teu escritorio está en OpenDesktop, unha web onde atoparás unha casi infinita cantidade de app’s organizadas baixo distintas seccións. Botalle un ollo de seguro que has de atopar algo interesante.
Add comment Enero 18, 2009
Controlando o sistema eos seus procesos con -Watsup-
Buscando unha ferramenta pola rede que me permitise controlar de forma visual os procesos que se estan executando no sistema sin ter que recurrir ao terminal e teclerar o famoso ‘ps‘ con todas as suas posibilidades -a, -l,… encontrei algo que se pode aproximar bastante ao que quero. Trátase de Watsup que como di na web é “un monitor dos recusos do sistema así como dos procesos que executan ou usan eses recursos”.
Se queres probalo podes descargalo -dende aquí-
(e sí, penso que este tipo de ferramentas deberian estar instalas no ubuntu, por moita posibilidade de traballo que nos dé o terminal, non todo o mundo quere/sabe ou lle interesa o seu uso)
Add comment Noviembre 23, 2008
Copias de seguridade con -Back in Time-
Outra ferramenta que permite facer copias de seguridade no noso sistema GNU/Linux, o enlace a web é este -Back in time Web-
Polo que conta a web onde vin a nova (genbeta) trae unha boa intergración con Gnome, así como unha serie de caracteristicas que nos poden ser de utilidade.
Veremos como vai.
Add comment Noviembre 19, 2008
Compartir pantalla en Ubuntu 8.04.1
Non sei a conto de que, pero resulta que en Ubuntu 8.04 non aparece a opción que nos permitia compartir duas pantallas na mesma computadora dado que dita función esta oculta; a verdade e que non sei porque fixeron isto, persoalmente é unha función fundamental en calquer sistema de escritorio actual…
Ben o caso e que para activar dita función podes abrir un terminal e escribir -sudo displayconfig-gtk – así aparece a pantalla que che permite xogar con dita funcionalidade.
Outra cousa que podes facer e crear un lanzador ou editar os menus e insertar esta funcionalide dentro.
Pois iso,…
Add comment Octubre 23, 2008
Controlando o teu Ubuntu mediante xestos de ratón.
Gestikk é unha pequena aplicación que permite aos usuarios de Ubuntu/Linux poder controlar as fiestras e aplicacións mediante xestos de ratón predefinidos polo usuario, podéndose programar un número infinito de xestos.
Podes controlar fácilmente o teu PC debuxando traxectorias co ratón, coñecidas como xestos do ratón. Devanditos movementos poden lanzar aplicacións ou simular pulsaciones de teclas. Para funcionar, requiere PyGTK para o GUI e python-virtkey para as pulsaciones de teclas.
Como características principais:
* Debuxado en pantalla e ao voo de xestos
* Potente xestor de xestos => defines un xesto e podes asignar múltiples accións
* Notificación de xestos (globo de notificación / OSD)
* Algoritmo mellorado de recoñecemento
Para instalar a aplicación só temos que descargalo desde este enlace, e instalar o paquete .deb mediante o comando – sudo dpkg -i gestikk_0.6-0ubuntu1_all.deb
Unha vez instalado tan só hai que executalo desde un terminal: gestikk e carga aparece cargado na zona de notificaciones, onde a hora en Ubuntu.
Código fonte…aquí.
Texto sacado de -The Inquirer-
Add comment Junio 24, 2008
FreeNX: Acceso remoto ao escritorio Linux
En kriptopolis.org, de novo encontro unha entrada sobre unha aplicación que nos pode resultar de utulidade en algún momento dado, xa que según contan con FreeNX que nos permite manexar conexións remotas X window de forma rapida e precisa. Así como nos mostran no exemplo, accedemos dende un escritorio privativo a unha maquina con Debian Lenin.
A aplicación chamase FreeNX… e o artigo podes leelo aquí.
- Algo relacionado con isto pod ser:: Putty_ free ssh Client
- SSH instalación:: TuxPepino
- Administración remota SSH con -Vino- :: TuxPepino
Add comment Abril 21, 2008
Montando imaxes de forma gráfica
Lendo a bitácora de Cesarius Revolutions encontrei unha aplicación moi interesante para montar imaxes de forma gráfica. Ata de agora como sabrás isto podiase facer usando un script – script para montar imaxes en Nautilus -; pois ben, con Gmountiso isto vamos poder facelo como dixemos de forma gráfica.
Dado que se encontra nos repositorios de Ubuntu para instalalo só temos que facer::
sudo aptitude install gmountiso
Logo só hai que buscala en Apliacións > Ferramentas do Sistema > Gmout-iso
Veñaaaa a instalar!!
Add comment Enero 4, 2008
GNOME Do == QuickiSilver de Gnu/Linux
Onte subin esta nova a agnix.org::
QuickiSilver é un popularísimo lanzador de aplicacións e secuencias de accións para o escritorio de Mac VOS X. Amado por quen aprenden a dominar a súa operación só baseada en combinacións de teclas polo aumento que trae á productividad diaria, o seu código fonte foi aberto só recentemente.
Este concepto case revolucionario de Quickisilver non pasou desapercibido pola comunidade de GNOME, e xa está dispoñible unha versión preliminar de GNOME Do que permite “buscar rápidamente por moitos objectos presente no teu escritorio GNOME (aplicacións, arquivos, contactos de Evolution, marcadores de Firefox, *álbumes de Rhythmbox, contactos de Pidgin, etc.) e realizar comandos usados comunmente sobre estes obxectos (executalos, abrilos, envialos por mail, etc.)”.
1 comment Diciembre 11, 2007
Desktop Multiplier
Acabo de descubrir esta aplicación, permiteche cun só ordenador crear varias estacións de traballo independentes. Parece interesante, imos ver…
Na súa web indica::
Desktop Multiplier™ is a simple and free software add-on for Linux users. Transform your dual-monitor Linux PC into a dual-station PC! You’ll be able to support two independent users, each with their own screen and keyboard with just one PC. All you need is a dual-head video card and an extra USB keyboard and mouse.

Descargar a versión gratuita:: – aquí – (pois ten unha de pago)
Add comment Diciembre 5, 2007

