Entradas guardadas bajo "Firefox '
HTML 5 -Comparando navegadores-
Grazas a un enlace deixado por Amador Loureiro puiden acceder a seguinte web: http://html5test.com/ a cal fai un análise sobre as capacidades do navegador web que estas a usar nese intre para a xestión dos novos elementos que introduce a versión 5 de HTML. Eu son principalmente usuario de dous navegadores como son Firefox de Mozilla (o rei
) e Chrome de Google, pero neste caso tamén quero ter enconta ao IE8 de MS. Para que non haxa distinticións de ningún tipo e dado que IE8 só se pode executar en Windows, vou usar como plataforma para comparar os navegadores citados un Windows7 professional virtualizado sobre VMWare Player nunha Ubuntu 9.10 (x64).
Resultados:
A avaliación faise sobre 160 etiquetas, polo tanto os resultados poden variar desde os 0 puntos (desastre absoluto) ate os 160 (sobresainte).
Mozilla Firefox versión 3.6.3 : alcanza os 101 puntos sobre 160_
- Por seccións_
- Doctype: 4/4
- Canvas: 12/12
- Video: 25/30 , aquí podemos ollar o feito de que non da soporte ao codec H.264
- Audio: 20/24
- Geolocalización: 5/5
- Storage: 8/8
- Offline Web Applications: 8/11.
- Workers: 6/6
- Section elements: 0/7 , dfiasco absoluto.
- Goupring content elements: 0/2 , fiasco absoluto.
- Test-Level semantic element: 0/5 , fiasco de novo.
- Forms: 1/27 , de novo neste punto a implementación de html5 é moi baixa, por non decir nula.
- User interaction: 12/19
Chrome de Google versión 4: alcanza os 118 puntos sobre 160_
- Por seccións_
- Doctype: 4/4
- Canvas: 12/12
- Video: 30/30 , google sí fai uso do codec H.264 -flaco favor lle fai con isto ao futuro da web-
- Audio: 20/24
- Geolocalización: 0/5, fiasco absoluto.
- Storage: 4/8
- Offline Web Applications: 3/11 , non da soporte as web SQL DataBase.
- Workers: 6/6
- Section elements: 7/7
- Goupring content elements: 2/2 .
- Test-Level semantic element: : 4/5
- Forms: 14/27
- User interaction: 12/19
IE8 de MS : alcanza os 19 puntos sobre 160_
- Por seccións_
- Doctype: 4/4
- Canvas: 0/12 , fiasco absoluto.
- Video: 0/30 , fiasco absoluto.
- Audio: 0/24 , fiasco absoluto.
- Geolocalización: 0/5 , fiasco absoluto.
- Storage: 8/8
- Offline Web Applications: 0/11 , fiasco absoluto.
- Workers: 0/6 , fiasco absoluto.
- Section elements: 0/7 , fiasco absoluto.
- Goupring content elements: 0/2 , ffiasco absoluto.
- Test-Level semantic element: 0/5, fiasco absoluto.
- Forms: 0/27 , fiasco absoluto.
- User interaction: 7/19
Vistos os resultados podo concluir que o navegador con mellor interación cos novos elementos que presetna html5 é Chrome de Google, seguido moi de cerca de Firefox, e moi moi pero moi lonxe aparece IE8 de MS.
Se usades outros navegadores e queredes compatir os vosos resultados éstes serán benvidos.
S2!
Dicionarios de Galego para FireFox
Ferramenta para procurar palabras en dicionarios de galego.
-https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/14039-
Sacado de: mancomun.org
Finjan SecureBrowsing
Provides you with safety ratings of URLs showing in your browser.
Nunca esta demais aumentar un pouco a nosa seguridade a hora de navegar pola rede, con este ‘engadido’ para o noso navegador Firefox (sí tamén hai para a competencia :-/ ) como reza a primeria frase podemos ver unhas valoracións de seguridade das Url de tal forma que poderemos ollar cale son máis seguras e cales non.
Na súa web podes ver máis caracteristicas: Fijan SecureBrowsing
S2!
Golpe de efecto de Google con ‘Google Chrome OS’
Non damos feito con tanta novidade por parte do xigante Google, non fai moito que Android saiu a luz e parecia e ainda parece ser a competéncia directa do gran império OScuro no terreo dos ultraportátiles, todos pensábamos que GNU/Linux máis Android se pelexarian con novo sistema operativo de Redmond para dominar este suculento mercado.
Pero Google decidiu dar un golpe na mesa, marcar distancias e romper co estabelecido en sistemas operativos se refire ata as datas actuais e puxo en xogo a ‘Google Chrome OS‘ collendo por sorpresa (penso eu) ata ao máis atrevido dos tecno-visionários. Ben é certo que o império OScuro esta traballando nun proxecto parececido pero polo de pronto xa se quedaron atrás; como digo Google rompeu a partida e decidiu facer un envite ao resto dos rivais.
O mellor de todo e que Google Chrome OS esta baseado no kernel LINUX así que polo de pronto podemos decir que é outro tanto que se anota o movemento FLOSS. Ben é certo que resulta unha competéncia para o resto das distros GNU/Linux pero ben, ao fin e ao cabo, o kernel que todas usan é Linux así que en principio todas se benefician.
Entre unhas cousas é outras os ananos parecen multiplicarselles ao império OScuro, Android, Chrome OS, Ubuntu, o seu navegador que día tras día perde cuota con respecto a Firefox, logo están OpenOffice, Google Docs,… vamos que a tarta vaise repartindo en multiples cores e sabores, por fortuna.
E falando de Firefox, cal será o seu movemento respecto a esta nova (polo menos para min) visión de internet e dos sistemas operativos??? e sobre todo pensando en que para o 2011 Google pode deixar de apoialos económicamente… veremos o que nos depara o futuro, de momento esto non fixo outra cousa que empezar.
ScreenCastle, para gravar ScreenCast
ScreenCastle (requiere Java) é unha aplicación que permite grava screencasts directamente desde o navegador e gardalas online.
Un screencast é un vídeo no que quedan rexistrados a pantalla do ordenador, e opcionalmente audio, cos movementos do ratón e as accións realizadas polo usuario que o produce.
É unha ferramenta moi utilizada en tutoriales que explican como manexar programas de ordenador, por exemplo.
Traducido de LinuxParty
10 razóns para elixir Firefox 3.0
1. Ofrecendo un rexistro de seguridade, con actualizaciones máis frecuentes e transparentes, polo que usas un navegador máis seguro.
2. Protección contra malware, para evitar descargas non desexadas como virus ou troyanos.
3. Unha barra incrible, coa que podes atopar sitios nos que estiveches antes pulsando un par de teclas.
4. Opción “Gardar ao saír”, para que ao iniciar Firefox poidas empezar a navegar inmediatamente, coas últimas fiestras e pestanas abertas.
5. Recordar contraseñas sen un cadro de diálogo, de maneira que podes decidir gardar a contraseña logo de iniciar sesión.
6. Novo xestor de descargas, co que podes pausar unha descarga e renovala máis tarde, cunha barra de procura para atopar descargas anteriores fácilmente.
7. Personalizable: cambia o aspecto (temas) e engade funcións (extensións) a Firefox a través do xestor de complementos incluído de serie. ¡Hai máis de 5000 extensións comunitarias dispoñibles gratuitamente!
8. Máis rápido con aplicacións Web complexas, como Gmail, polo que che atopas máis cómodo, ata con ordenadores antigos.
9. Usa menos memoria que calquera outro navegador, polo que aumentarás a vida útil do teu ordenador.
10. Fai que a Web dun paso adiante ao admitir estándares web avanzados, de forma que a Web segue evolucionando e beneficia aos usuarios a longo prazo.
-E mira aquí - FireFox 4.0 moito máis que un navegador
-Fonte-
Prism 0.9 integración con FireFox
Mozilla ha actualizado o Prims á versión 0.9, que como principal caracteristica é que agora pódese integrar como unha extensión para Firefox 3, para deste xeito poder executar aplicacións directamente desde o navegador, ou por se o prefires desde o escritorio do teu PC.
Ademais agora pódese elixir un favicon ou imaxe para deste xeito poder facer un acceso directo directo ao escritorio e executar a aplicación, ademas de poder executar cada aplicación por separado, cos seus propios perfís.
Esta versión de Prims está dispoñible para Win2, Mac e Linux.
Fonte:: - noticiasTech -
Weave – Compartindo con Firefox -
Mozilla anunciou o lanzamento do seu próximo proxecto, baixo o nome de Weave, que é capaz de ter todas as nosas configuracións e aplicacións (baseadas na web) de Firefox (marcadores, contraseñas, etc…) desde calquera dispositivo, simplemente ingresando un nome de usuario ou unha contraseña.
Ademais poderase compartir o noso cartafol de favoritos a outros usuarios, para que se poida traballar elaborar un proxecto en conxunto.
Ademais Mozilla lanzou unha lista de outros “usos”que se poden ver desde este enlace.
Ollado en :: – noticiasTech -
Coñeces FEBE- Firefox Environment Backup Extension
FEBE é unha das moitisimas (ou máis) extensións que ten Mozila FireFox, esta aplicación permiteche realizar unha copia de seguridade das extensións que tes instaladas, dos temas, e opcionalmente dos bookmarks, dos contrasinais, das cookies… e todo dunha forma rapida e sinxela.
Actualmente esta na súa versión 5.0.
Para saber máis pincha en:: FEBE firefox add-ons
Se o queres descargar directamente pica aquí.
Cambiar idioma do Swiftfox
Xa falamos nalgunha ocasión sobre Swiftfox (navegador firefox optimizado para GNU/Linux) que cando o instalamos por defecto instalase en inglés; pois ben, se queres poñelo en castelán (para o galego non encontrei o paquete¿?) podes facer o seguinte::
Abrir o navegador e poñer na barra de direccións do Swiftfox:: about:config
Logo buscas a seguinte liña:: general.useragent.locale e sustituimos en-EN por es-ES
Por ultimo baixaste desta web o paquete de idioma co nome es-ES.xpi , e instalase a modo de extensión de firefox abrindose a fiestra de descarga e instalación.
E xa para rematar reiniciar o Swiftfox, o cal se todo saiu ben debería de estar xa en castelán.
–Seguieri buscando haber se hai o paquete para o Galego, hoxe como xa dixen non o atopei.
Tamén probei a cambiar o idioma da seguinte forma.
Saude!
—–Actualización!!!—–
O amigo meisok aforroume traballo e tempo fedellando pola rede, dado que como veredes nos comentarios indica onde podemos mirar para poñer en galego o noso navegador Swiftfox…
Primeiro indicanos que podemos mirar en::
En segundo lugar apuntanos que na web de mancomun.org esta a tradución ao galego para Firefox que claramente vale para Swiftfox, nesta web vas encontrar todos os pasos necesarios para facer a tradución dado que basicacmente son os mesmos que indicamos ao principio deste -post- só que neste caso o paquete chamase gl-ES.xpi.
Nota:: Xa probei poñer o Swiftfox en Galego, e funciona perfectamente!! primeiro descarguei o paquete indicado, logo cambiei dentro do abou:config es-ES por gl-ES e xa para terminar arrastrei o paquete hacía dentro do navegador abrindose asi unha fiestra de instalación. Reinicias o Swiftfox e Feito xa esta en Galego!!!
Grazas de novo meisok!!
Base de Datos con extensións para FireFox
No seguinte enlace encontraredes unha base de datos que almacena en base a categorias extensións para o noso navegador favorito -FireFox-; dende logo é un sitio recomendable de visitar a hora de buscar algún tipo de nova funcionalidade para o navegador.
Fonte::-kernelsource-
