Entradas guardadas bajo "Google '
Chrome a fondo e enlaces magnet o futuro do p2p
Dado que non teño moito tempo a escribir sigo na miña teima de usar o blog como un ‘app to read later’ polo que vou deixar dous enlaces que me parecen interesantes:
1-Funcionalidades de Google Chrome a fondo
2-Enlaces magnet o futuro do p2p
s2!
Guia de boas prácticas para a construcción de app’s web
Deixo un enlace por cortesia de Google donde podemos ollar un documento sobre as boas prácticas para a creación de aplicacións web.
Chrome Remote Desktop
Interesante extensión para os navegadores Chrome / Chromium que permite controlar un orndandor remoto de forma clara e sinxela permitindo visualizar o escritorio remoto.
Esta ferramenta / plugin está ainda en fase beta e a xente de Google está a espera de reportes sobre erros que poida ocasionar.
Podes descargala aquí: Chrome Remote Desktop
(Lamentablemente non é SwL)
HTML 5 -Comparando navegadores-
Grazas a un enlace deixado por Amador Loureiro puiden acceder a seguinte web: http://html5test.com/ a cal fai un análise sobre as capacidades do navegador web que estas a usar nese intre para a xestión dos novos elementos que introduce a versión 5 de HTML. Eu son principalmente usuario de dous navegadores como son Firefox de Mozilla (o rei
) e Chrome de Google, pero neste caso tamén quero ter enconta ao IE8 de MS. Para que non haxa distinticións de ningún tipo e dado que IE8 só se pode executar en Windows, vou usar como plataforma para comparar os navegadores citados un Windows7 professional virtualizado sobre VMWare Player nunha Ubuntu 9.10 (x64).
Resultados:
A avaliación faise sobre 160 etiquetas, polo tanto os resultados poden variar desde os 0 puntos (desastre absoluto) ate os 160 (sobresainte).
Mozilla Firefox versión 3.6.3 : alcanza os 101 puntos sobre 160_
- Por seccións_
- Doctype: 4/4
- Canvas: 12/12
- Video: 25/30 , aquí podemos ollar o feito de que non da soporte ao codec H.264
- Audio: 20/24
- Geolocalización: 5/5
- Storage: 8/8
- Offline Web Applications: 8/11.
- Workers: 6/6
- Section elements: 0/7 , dfiasco absoluto.
- Goupring content elements: 0/2 , fiasco absoluto.
- Test-Level semantic element: 0/5 , fiasco de novo.
- Forms: 1/27 , de novo neste punto a implementación de html5 é moi baixa, por non decir nula.
- User interaction: 12/19
Chrome de Google versión 4: alcanza os 118 puntos sobre 160_
- Por seccións_
- Doctype: 4/4
- Canvas: 12/12
- Video: 30/30 , google sí fai uso do codec H.264 -flaco favor lle fai con isto ao futuro da web-
- Audio: 20/24
- Geolocalización: 0/5, fiasco absoluto.
- Storage: 4/8
- Offline Web Applications: 3/11 , non da soporte as web SQL DataBase.
- Workers: 6/6
- Section elements: 7/7
- Goupring content elements: 2/2 .
- Test-Level semantic element: : 4/5
- Forms: 14/27
- User interaction: 12/19
IE8 de MS : alcanza os 19 puntos sobre 160_
- Por seccións_
- Doctype: 4/4
- Canvas: 0/12 , fiasco absoluto.
- Video: 0/30 , fiasco absoluto.
- Audio: 0/24 , fiasco absoluto.
- Geolocalización: 0/5 , fiasco absoluto.
- Storage: 8/8
- Offline Web Applications: 0/11 , fiasco absoluto.
- Workers: 0/6 , fiasco absoluto.
- Section elements: 0/7 , fiasco absoluto.
- Goupring content elements: 0/2 , ffiasco absoluto.
- Test-Level semantic element: 0/5, fiasco absoluto.
- Forms: 0/27 , fiasco absoluto.
- User interaction: 7/19
Vistos os resultados podo concluir que o navegador con mellor interación cos novos elementos que presetna html5 é Chrome de Google, seguido moi de cerca de Firefox, e moi moi pero moi lonxe aparece IE8 de MS.
Se usades outros navegadores e queredes compatir os vosos resultados éstes serán benvidos.
S2!
OpenMeetings
OpenMeetings é un navegador web baseado en software libre que permite crear de inmediato unha conferencia en web. Podes usar o micrófono ou webcam, compartir documentos en un cadro branco, compartir súa pantalla ou gravar reunións. Está dispoñible como servizo Hosted ou descargar e instalar un paquete no seu servidor sen limitacións no uso ou usuarios.
Actualización_
Mais información na seguinte web: DiarioLinux.
Google parece ter duas caras…
Cando o sw libre non é tan libre, cando os que apoian ao sw libre restrinxen as suas libertades.
Golpe de efecto de Google con ‘Google Chrome OS’
Non damos feito con tanta novidade por parte do xigante Google, non fai moito que Android saiu a luz e parecia e ainda parece ser a competéncia directa do gran império OScuro no terreo dos ultraportátiles, todos pensábamos que GNU/Linux máis Android se pelexarian con novo sistema operativo de Redmond para dominar este suculento mercado.
Pero Google decidiu dar un golpe na mesa, marcar distancias e romper co estabelecido en sistemas operativos se refire ata as datas actuais e puxo en xogo a ‘Google Chrome OS‘ collendo por sorpresa (penso eu) ata ao máis atrevido dos tecno-visionários. Ben é certo que o império OScuro esta traballando nun proxecto parececido pero polo de pronto xa se quedaron atrás; como digo Google rompeu a partida e decidiu facer un envite ao resto dos rivais.
O mellor de todo e que Google Chrome OS esta baseado no kernel LINUX así que polo de pronto podemos decir que é outro tanto que se anota o movemento FLOSS. Ben é certo que resulta unha competéncia para o resto das distros GNU/Linux pero ben, ao fin e ao cabo, o kernel que todas usan é Linux así que en principio todas se benefician.
Entre unhas cousas é outras os ananos parecen multiplicarselles ao império OScuro, Android, Chrome OS, Ubuntu, o seu navegador que día tras día perde cuota con respecto a Firefox, logo están OpenOffice, Google Docs,… vamos que a tarta vaise repartindo en multiples cores e sabores, por fortuna.
E falando de Firefox, cal será o seu movemento respecto a esta nova (polo menos para min) visión de internet e dos sistemas operativos??? e sobre todo pensando en que para o 2011 Google pode deixar de apoialos económicamente… veremos o que nos depara o futuro, de momento esto non fixo outra cousa que empezar.
Instalando Google Android SDK1.0 en Ubuntu 8.04
Na web de agnix.org encontrei nas novas que publica Brenlla un enlace ben interesante que nos leva a ‘HowtoForge’ onde nos explican como instalar o SDK 1.0 de Android sobre unha Ubuntu 8.04. Enlace a seguir… Installing Android SDK 1.0.
Apuntome isto como tarefa a realizar para xogar e ver trebellar un pouco ainda a risco de romper todo.
Ben, de momento seguir indagando como dirian os anglo-saxons no mundo ITpro.
doctype -documentación web-
-doctype- é documentación creada por desenroladores web para desenroaldores web, esta en Google Code.
Coñeces goosh…
goosh.org unha consola via web, dis que non é a consola oficial de Google pero é certo que permite executar desde comandos algunhas das funcións típicas que se realizan en Google, como buscar unha palabra, buscar imaxes, lugares,…
Ben, proba e xa me contarás…-goosh.org-
Por certo, esto encontreino fedellando en -meneame.net-
Google App Engine?
Google App Engine lets you run your web applications on Google’s infrastructure. App Engine applications are easy to build, easy to maintain, and easy to scale as your traffic and data storage needs grow. With App Engine, there are no servers to maintain: You just upload your application, and it’s ready to serve your users.
Ou o que ven sendo algo así…
Google App Engine permiteche executar as tuas aplicacións web sobre a infraestructura de Google; as aplicacións App Enginie son faciles de construir, de fácil mantemento e escalables en canto a trafico e almacenamento. Con App Engine, non hai mantemento de servidores: ti solo subes a aplicación e xa esta lista para servir aos usuarios.
Definición e información sobre esta ferramenta… CodeGoogle.com
Por certo chamoume a atención isto… App Engine provides a runtime environment that uses the Python programming language. (interesante polo menos para min, dado que de Python ni jota, entón é unha boa escusa para aprender algo).
Uuuuups!! intentei darme de alta cunha conta pero parece que teño que esperar.
Unfortunately, space is limited during Google App Engine’s preview release. As we expand, we’ll invite more developers, but for now you’ll have to wait.
Would you like to be notified by email when space becomes available?
Pois nada a esperar… tick tack, tick tack…
Currar en Google…!!
Esta claro que para traballar nunha empresa de este nivel hai ter cualidades, coñecementos e unha dedicación ao traballo permanente, pero bueno… vendo as instalacións que montaron en Zurich penso que este último apartado podese levar ben, moi ben… Google unha oficina para o goze dos traballadores, hai estamos!!!
Visto en http://funtasticus.com/
