Posts filed under 'Manuais'
Caderno de prácticas sobre GNU/Linux
No seguinte enlace podes descargar un caderno de prácticas sobre GNU/Linux. Dito caderno debemos agradecerllo a Fundación de Código libre Dominicano.
S2!
Add comment Agosto 24, 2009
Artigos sobre MySQL
Deixo un enlace que nos leva a MySQL Hispano onde encontraremos unha recopilación de artigos sobre a base de datos MySQL.
A ver se aprendemos algo… Artigos MySQL Hispano
Artigo sobre MySql en MundoGeek: MySql
1 comment Febrero 7, 2009
Instalar Debian-Eee no Asus-Eee
Ok, imos instalar no Asus-Eee unha Debian creada a talla de tal trebello. Así que o primeiro é descargar o sistema operativo, hai que ter en conta que imos descargar un sistema base e que logo lle iremos engadindo a funcionalidade que nós queiramos.
Para descargar o DebianEee – Pica aquí- o md5 -esta aquí-
Logo copialo dentro dunha chave Usb con::
dd if=debian-eeepc.img of=/dev/<TU-DISPOSITIVO-USB> Olla que usas todo o dispositivo non ningunha partición de éste. Logo pinchas a chave Usb no Asus e inicias o sistema, seguidamente pulsas a tecla F2 para o acesso a Bios. Logo dentro da Bios accedes a 'Boot Device Priority' selecciona como 1st Boot Device: Removable Dev [Enter], [Esc] para regresar á pantalla anterior. Seguidamente accede a Hard Disk Drives e selecciona como 1st Drive o USB [Enter]. Pulsa F10 para gardar os cambios e saír. Ben,chegado este punto encende o Asus e debe iniciarse o xestor de arranque dende a chave Usb. Aquí escolles a opción 'install', e inicase o proceso de instalación do sistema base de Debian. Como nunha instalación normal escolles e completas unha serie de pasos para realizar a instalación:Inicio da instalación
- Escolles o idioma.
- Escolles territorio, país ou area.
- Indicas o mapa do teclado.
- Logo producese unha detección do hw da rede así como unha configuración do dhcp (en caso de existir).
- Introduces o nome da máquina.
- Introduces o nome do dominio (se tes a rede conformada sobre un dominio).
- Introduces o pais da replica de Debian.
- Indicas información do proxy en caso de existir.
- Ubicación para a configuración do reloxo
- Logo chega o particionado, aquí borras as particións existentes e creas unha nova taboa de particións, e convinte que separes o raiz do sistema “/” do directorio dos usuaros “/home”.
- Instalase o grub do sistema
- Por último desconectar a chave do Usb e reiniciar o sistema.

Instalación do sistema base.
Moi ben, se todo saiu sen problemas ate este momento tes un ’sistema base’ instalado; seguimos, agora a dito sistema base instalado podeslle querer engadir un entorno gráfico. Aquí tes principalmente duas opcións: Gnome ou Kde, eu son usuario de Gnome, pero como hai que saber manexar algo de todo, neste caso vou instalar un entorno Kde. Para elo dende podes executar o seguinte comando::
aptitude install kde-core xorg kdm , con sito instalas unha versión mínima de kde, así o consumo de recursos tamén será mínimo, logo podes engadir as aplicaciónsou compoñentes que necesites.
Ok, unha cousa, o Kde que se instala esta en inglés, eu vouno deixar en este idioma dado que así ‘obrigome’ a familiarizarme coa lingua de Shaspeare. Cousas miñas :-/.
Vale, vale se desexar instalar o Gnome podes executar::
aptutide xserver-xorg (servidor X)
aptitude gnome-core (entorno gráfico básico)
Logo de isto, reinicias o sistema e boooooom!!! Debian-Eeee con entorno gráfico instalado no Asus-Eee.
Ferpecto!!! agora como tes instalado un entorno gráfico base, seguro que lle tes que engadir uns cantos paquetes ou aplicacións que xe van ser de utilidade, un OpenOffice, Visor de Pdf’s, unrar,… o que sexa, pero agora se o desexas podes facer uso do ‘Synaptic’.
Outra cousa que hai que solucionar é o tema do Wifi, non sei porque pero a min non me vai todo o ben que deberia, e iso que seguin paso a paso os pasos que indican o Wiki por onde me guiei para facer a instalación, deixo aquí o enlace de como configurar o Wifi. (Help me please!)
Se queres saber máis cousas, podes acceder aquí -DebianEeePcSpanish- onde atoparás moitas máis cousas, un bo lugar para fedellar.
Pois básicamente foi isto o que fixen, seguirei actualizando isto segundo vaia sacando cousas en limpo.
Ale, coidado co frio!
Add comment Enero 7, 2009
Videos da conferencia de sw libre -Malaga 2008-
Deixo o enlace a web dos videos da conferencia de sw libre de Mallaga 2008.
Add comment Noviembre 21, 2008
Instalando Google Android SDK1.0 en Ubuntu 8.04
Na web de agnix.org encontrei nas novas que publica Brenlla un enlace ben interesante que nos leva a ‘HowtoForge’ onde nos explican como instalar o SDK 1.0 de Android sobre unha Ubuntu 8.04. Enlace a seguir… Installing Android SDK 1.0.
Apuntome isto como tarefa a realizar para xogar e ver trebellar un pouco ainda a risco de romper todo.
Ben, de momento seguir indagando como dirian os anglo-saxons no mundo ITpro.
Add comment Septiembre 25, 2008
Manual de instalación de un Servidor Ubuntu Linux
Deixo aquí un enlace a unha web onde nos mostran paso a paso como montar un servidor facendo uso de Linux-Ubuntu, neste caso tirando da versión ‘Server’.
O enlace – Servidor Linux Ubuntu-Server-
**Esta nova subina a agnix.org fai uns dias.
Add comment Septiembre 18, 2008
Rails for Beginners
Enlace a un tutorial de Rails para principiantes:: -SitePoint-
Visto en – webneame -
Add comment Julio 7, 2008
Sofware Libre versus Software Propietario
No seguinte enlace podes encontrar unha breve descripción de que significa cada un dos dous movementos, cal é o modelo clásico e restrictivo do sw propietario e o modelo aberto, igualitario e con futuro do sw libre.
Esta escrito por Javier Smaldone un activista, programador, defensor… do sw libre.
- Sw libre Vs Sw Propietario -
Add comment Abril 16, 2008
Montar unha distro Gnu/Linux nun pendrive
Lendo mancomun.org vexo unha entrada que me chamou a atención Manuais de como arrancar Linux desde unha chave USB , sí xa sei que hai un montón de manuais, tutoriais, etc na rede sobre como facer isto, pero o que me gusta de isto e que estan todos xuntos nunha mesma páxina podemos enlazar a calquera das posibilidades.
A web en custión e esta:: http://www.pendrivelinux.com/
E ale veña a xogar!
Add comment Enero 30, 2008
Dual Head en Debian
Na web de JesusdA encontrei un ‘manual’ de como configurar un -Dual Head- en Debian modificando o xorg.conf, basicamente o que fai é o seguinte…
# Duplicaremos a declaración da tarxeta de vídeo.
# Declararemos os dous monitores coas súas respectivas calidades.
# Declararemos dúas Pantallas coas súas respectivas configuracións.
# Asignaremos a cada monitor unha pantalla.
# Finalmente, na capa do servidor, indicaremos que queremos usar Xinerama [inglés], os dous monitores e a relación entre ambos
Para ver todo o proceso pica aquí…
- Actulizado -
Máis información tamén dispoñible na web de Forat:: Dual Screem con Debian
Add comment Enero 11, 2008
Cursos Gnu/Linux Gratis
Enlace a unha web onde se ofrecen cursos de Gnu/Linux de forma gratuita. Estiben tirandolle un vistazo e non estan mal ao meu parecer (claro, isto é moi persoal, cada un terá a súa opinión).
Add comment Diciembre 28, 2007
Clonar pc’s en serie…
Navegando pola rede, buscando por buscar encontrei unha especie de howto bastante interesante sobre como clonar pc’s facendo uso de un dvd… para todos aqueles que traballan como becarios, ou como técnicos facendo traballo repetitivo de instalar o mesmo sistema en multiples pc’s pode que lles sirva de axuda ou lle indique outra via de traballo distinta a usada comúnmente dado que as opcións para facer isto son varias…
- Clonar pc’s facendo uso de un DVD -
- Clonar discos duros con Gnu/Linux -
– Clonar un disco duro contra un servidor -
- Clonando pc’s por red – !!
– Clonar equios via red Lan – !!
Actualizado:: O amigo -tito- comparte con nós como podedes ver tamén nos comentarios outras duas ligazóns onde podemos encontrar máis e boa información sobre a clonación de ordenadores en serie, as duas entradas que nos deixa -tito- son estas::
- http://kalerolinex.homelinux.com/wp-content/lvd/biblioteca/… -
- http://osdir.com/ml/linux.pxes.spanish/2006-04/msg00054.html -
Obrigadísimo amigo!!
Algunhas ferramentas para facer clonacións e traballar co noso sistema::
- Mondo Rescue GPL -
- Partimage -
Se coñeces algunha ferramenta máis ou algunha outra forma de operar par clonar non sexas receloso e fainola saber a todos…
2 comments Noviembre 13, 2007

