Posts filed under ‘mundo web’

Notas sobre tecnoloxía web

Grazas ao meu amigo Alex Gonzalez coñezo por medio do seu blog unha serie de ferramentas que son interesantes para a programación web (da que lamentablemente estou un pouco off esta tempada).

Deixo uns enlaces que me serviran de notas mentais para repasalos nun futuro:

Ok, agora só queda poñer en práctica o aprendido nun pequeno proxecto que sirva de práctica.
Go!

S2!

noviembre 27, 2012 at 5:10 pm

Seguridade web

En SecurityByDefault deixaron un artigo moi inresante sobre sobre seguridade web, así que vou deixar un enlace para que lle votedes un ollo.

-Seguridad Web SecurityByDefault-

Na web de Ricardo Narvaja temos a posibilidade de descargar un documento en varios formatos que nos introducen no mundo da inxenieria inversa informática.

- Introducción a inxenieria inversa-

En overflowedminds.net encontramos diversa documentación sobre exploits así como ferramentas para fedellar cos mesmos.

-overflowedminds.net-

 

S2!

marzo 30, 2011 at 9:54 am

OWASP, emite un listado cos riscos máis graves nas aplicacións web.

Deixo un enlace e a web de HispaSec, onde podedes ollar os riscos máis importantes que según a OWASP afectan na actualidade a maioría das aplicacións web. Como veredes parece que non aprendemos do pasado dado que siguen estando na cabeza ataques tan clásicos e míticos como os Sql-Injection ou os XSS..

-Listado dos riscos en aplicacións web-

abril 22, 2010 at 8:50 am 1 comentario

HTML 5 -Comparando navegadores-

Grazas a un enlace deixado por Amador Loureiro puiden acceder a seguinte web: http://html5test.com/ a cal fai un análise sobre as capacidades do navegador web que estas a usar nese intre para a xestión dos novos elementos que introduce a versión 5 de HTML. Eu son principalmente usuario de dous navegadores como son Firefox de Mozilla (o rei :-P) e Chrome de Google, pero neste caso tamén quero ter enconta ao IE8 de MS. Para que non haxa distinticións de ningún tipo e dado que IE8 só se pode executar en Windows, vou usar como plataforma para comparar os navegadores citados un Windows7 professional virtualizado sobre VMWare Player nunha Ubuntu 9.10 (x64).

Resultados:

A avaliación faise sobre 160 etiquetas, polo tanto os resultados poden variar desde os 0 puntos (desastre absoluto) ate os 160 (sobresainte).

Mozilla Firefox versión 3.6.3 : alcanza os 101 puntos sobre 160_

  • Por seccións_
    • Doctype: 4/4
    • Canvas: 12/12
    • Video: 25/30 , aquí podemos ollar o feito de que non da soporte ao codec H.264
    • Audio: 20/24
    • Geolocalización: 5/5
    • Storage: 8/8
    • Offline Web Applications: 8/11.
    • Workers: 6/6
    • Section elements: 0/7 , dfiasco absoluto.
    • Goupring content elements: 0/2 , fiasco absoluto.
    • Test-Level semantic element: 0/5 , fiasco de novo.
    • Forms: 1/27 , de novo neste punto a implementación de html5 é moi baixa, por non decir nula.
    • User interaction: 12/19

Chrome de Google versión 4: alcanza os 118 puntos sobre 160_

  • Por seccións_
    • Doctype: 4/4
    • Canvas: 12/12
    • Video: 30/30 , google sí fai uso do codec H.264 -flaco favor lle fai con isto ao futuro da web-
    • Audio: 20/24
    • Geolocalización: 0/5, fiasco absoluto.
    • Storage: 4/8
    • Offline Web Applications: 3/11 , non da soporte as web SQL DataBase.
    • Workers: 6/6
    • Section elements: 7/7
    • Goupring content elements: 2/2 .
    • Test-Level semantic element: : 4/5
    • Forms: 14/27
    • User interaction: 12/19

IE8 de MS : alcanza os 19 puntos sobre 160_

  • Por seccións_
    • Doctype: 4/4
    • Canvas: 0/12 , fiasco absoluto.
    • Video: 0/30 , fiasco absoluto.
    • Audio: 0/24 , fiasco absoluto.
    • Geolocalización: 0/5 , fiasco absoluto.
    • Storage: 8/8
    • Offline Web Applications: 0/11 , fiasco absoluto.
    • Workers: 0/6 , fiasco absoluto.
    • Section elements: 0/7 , fiasco absoluto.
    • Goupring content elements: 0/2 , ffiasco absoluto.
    • Test-Level semantic element: 0/5, fiasco absoluto.
    • Forms: 0/27 , fiasco absoluto.
    • User interaction: 7/19

Vistos os resultados podo concluir que o navegador con mellor interación cos novos elementos que presetna html5 é Chrome de Google, seguido moi de cerca de Firefox, e moi moi pero moi lonxe aparece IE8 de MS.

Se usades outros navegadores e queredes compatir os vosos resultados éstes serán benvidos.

S2!

abril 12, 2010 at 3:59 pm 4 comentarios

Python para a web

//

Deixo uns enlaces sobre unhas ferramentas (frameworks) que nos sirven para traballar con Python na web.

E o modulo de Apache.

octubre 30, 2009 at 8:55 am

Libro web sobre Simfony 1.1

//

Deixo un enlace onde se pode encontrar un libro sobre Sinfony1.1 (framework para php).

-Enlace ao libro-

Actualización -24.Nov-2009-

Deixo un enlace onde podes ollar unha comparativa dos distintos frameworks de PHP.

- Lista comparativa dos frameworks de php -

octubre 5, 2009 at 7:08 pm

APE: Ajax Push Engine

//

Copio e pego dende mancomun.org

Ajax Push Engine é unha tecnoloxía de código aberto que permite o intercambio de datos entre milleiros de usuarios simultáneos a través dun navegador web, sen recargar as páxinas e sen ningún plugin externo.

APE está deseñado para empurrar os datos cara aoo cliente en tempo real dunha maneira modular, lixeira e altamente escalábel, e só emprega Javascript do lado do cliente. Ao usar estándares web, APE resulta totalmente compatíbel cos principais navegadores modernos. Ademais, ofrece compatibilidade cara atrás con outros navegadores.

A parte principal e central de APE é o servidor APE, un servidor http escrito completamente en C, que prové patróns como o “forever frame”, “long-polling”, e outros. Este servidor pode estenderse empregando módulos, que se poden escribir en C, e nun futuro, tamén en Javascript na parte do servidor.

A segunda parte de APE é un Framework Javascript baseado nas coñecidas MooTools que trata co protocolo de APE.

Xuntando estas dúas pezas de software pódense desenvolver aplicativos en tempo real vía web sen ter que empregar plugins externos, como poden ser o plugin de Java ou o de Flash. Na páxina do proxecto podemos ver varias demostracións das capacidades de APE:

Sen esquecérmonos da demo da páxina principal, onde podemos mover un simpático gorila e falar con outros gorilas manexados por outros visitantes da web.

junio 30, 2009 at 4:40 pm

Entradas antiguas


Calendario

agosto 2014
L M X J V S D
« abr    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android