Posts filed under 'Natureza'
Eu son antinuclear!
Un nome, dous apelidos e unha sinatura. Con estas armas cada persoa poderá loitar contra a industria nuclear e pedir un futuro sen centrais nucleares.
Add comment Diciembre 6, 2009
Vivir no rural unha nova-vella forma de vida.
Hoxe mentres xantaba puiden ver no canle 24h de TVE unha reportaxe sobre como pobos abandonados voltan a vida grazas a que unha masa de persoas desexan recuperar valores de vida perdidos nas modernas urbes de asfalto, uns decidiron cambiar polos fillos, outros para recuperar o control da súa vida, outros para escapar o ruído, outros… cada un ten a unha historia detrás.
É curioso ver como xentes de múltiples nacionalidades comparten fins comúns, como poñen en marcha proxectos, como interactuan respectando e enriquecéndose das diferenzas, como colaboran. Falaba un dos entrevistados de que estaba farto de vivir e non coñecer aos veciños do edificio, de saír a rúa e só ter descoñecidos, contaba que a volta ao rural supúxolle retomar o contacto real coas persoas.
Gustoume ver como sen necesidade de especula-construtoras son capaces de levantar de novo todo un pobo só coas súas mans, e non só iso, se non que ademais respectando o seu medio, gustoume ver como escolas cerradas voltan a abrir as súas portas, gustoume ver a unión que facían todos xuntos para demandar servizos as administracións e así garantir que as futuras xeracións queiran ficar nese lugar; gustoume especialmente o feito de que se poñía en valor o feito de vivir no campo, gústome ver que deixaban de lado o egoísmo persoal tan engrandecido nos tempos actuais e cedíanlle protagonismo a comunidade, falaban de que era imprescindible colaborar en troques de competir.
Certamente me alegrou ver que cada vez hai máis xente que pensa e sente o que eu vin dende pequeno, que vivir na aldea non é vivir illado senón vivir en comunidade, é coñecer ao veciño, é colaborar, axudarse, é ter espazo para pensar, lugares para reflexionar, escoitar o silencio, voltar as orixes pero sen perder parte do gañado co avance dos tempos.
Así que a todas esas persoas que voltan a esta nova-vella forma de vida só lles podo dar a benvida, alentándoos a que nos axuden a manter as tradicións a conservar a lingua a abrir as portas ao futuro con máis forza que nunca.
2 comments Junio 4, 2009
A historia das cousas
O amigo Manuel Hermo deixou en Facebook un video que me pareceu moi interesante e polo tanto quero resaltalo aquí, a descripcíon que aparece xunto co video é a seguinte::
Este vídeo mostra os problemas sociais e ambientais criados como consequência do nosso hábito consumista, apresenta os problemas deste sistema e mostra como podemos revertê-lo, porque não foi sempre assim.
Add comment Enero 16, 2009
Duas novas preocupantes
Alimentos tranxénicos poñen en perigo a fertilidade -enlace a web de Greenpeace-
Os oceanos a un paso do seu colapso -enlace a web do diario ‘el Pais‘-
Futuro pouco alentador se a sociedade non toma as rendas de si mesma; con esta crise puxose a vista que os grandes lobbis son os que realmente controlan todo o sistema, e dado que o seu único interese e o propio non esperemos que sexan eles os que arranxen este desaguisado. O problema radica en se a sociedade é o suficientemente madura como para tomar as rendas do seu propio destino, por un lado quero pensar que é así pero por outro a realidade faime temer que a cousa é ben distinta.
O futuro noso e o dos nosos fillos hoxe máis ca nunca pende dun fio moi fino, crise económica, crise ecolóxica, crise alimenticia,… ¿cal é a saida?
No ‘89 caeu o comunismo, no 2008 caeu o sistema capitalista… ¿será a socialdemocracia (Wikipedia) o seguinte paso a dar?
Veremos…
Add comment Noviembre 13, 2008
Productos electrónicos… e logo que.
Vivimos un momento de consumo de productos electrónicos desmesurado, o afan de poseer o último en electrónica de unha forma ou outra tivemolo todos, que si tv-lcd, que si ipod, que si nanopod, que si portátil, que si ultraportátil, que si dvd-portátil, que si movil con 3g, que si camara de milmillóns de megapixels, que sí consola wii-xbox-ps3-psp-ds… joer algún fogar ten máis tecnolóxia hoxe que un centro de mandos na segunda guerra mundial.
Ben o caso e que todos estos productos teñen un ciclo de vida e cando este se acaba desfacemonos de eles, pero ¿a donde van?¿alguén se ocupa de eles?… desgraciadamente un dos seus posibles destinos sexa este -> -residuos electrónicos contaminan Ghana-
Add comment Agosto 11, 2008
Como se fai… o -papel de aluminio-
Enlace a -metacafe- que nos enseña como se fai o famoso e tan usado -papel de aluminio-
Add comment Agosto 7, 2008
Máis da metade dos españois respira aire contaminado
A polución no aire que respira o 53% dos españois supera os límites recomendados pola ‘Organización Mundial da Saúde’, asegura a ONG Ecologistas en acción, que onte presentou en Madrid o seu informe sobre a calidade do aire en España durante 2007 .
Os ecoloxistas recordaron que a contaminación supón a morte prematura de máis de 16.000 persoas ao ano, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente.
A principal causa da contaminación é o tráfico, aínda que tamén hai que destacar a influencia de determinadas instalacións industriais -sinala Ecologistas en Acción-. Por iso é polo que, segundo esta organización, a solución pase por reducir a cantidade de vehículos en circulación e a súa velocidade, impulsar as enerxías renovables e obrigar a pagar a quen contamine.
Sigue lendo a nova… no súa fonte inicial – cambio-climatico.com -
Add comment Julio 31, 2008
ClimateTimeMachine
Enlace a ClimateTimeMachine da Nasa, observa a evolución da temperatura no planeta, dos niveles de emisión de CO2, o desxeo do polo norte, os niveles do mar.
Add comment Julio 1, 2008
Isto sempre o pensei eu…
Hoxe fedellando por ‘The Inquirer’ encontrei unha nova da que quero facer eco, dado que eu en algunha ocasión -sobre todo cando vou a estación de servicio e recibo un sablazo por encher o depósito- pensei o mesmo… se a computación dende os anos sesenta evolucionou a un ritmo vertixinoso -actualmente estamos na etapa de hiperEvolución- ¿¿po rque non o fixeron igual a industria automovilística??… seguro que ti alnha vez tamén o pensaches… pois hai máis xente que pensou o mesmo
Add comment Junio 21, 2008

