Entradas guardadas bajo "Noticia '

Migracíons ao software libre

A avalancha de migracións que se están a producir cara o software libre é impresionante. Cada día unha nova entidade, unha nova organizacíon, migra os seus sistema a plataformas de código aberto.

O medo, o descoñecemento que existia fai uns anos xa non é tal, cada vez é máis fácil encontrar a todo tipo de persoas que coñecen e mesmo fan uso de ferramentas de código aberto ou sistemas operativos libres.

Desde fai moito tempo as maiores bolsas de Stocks do mundo por exemplo fan uso de GNU-Linux para operar e lebar a cabo aquelas accións máis críticas e delicadas, esto débese tomar como un bo exemplo da confianza que xénera o código aberto nas institucións que centralizan o manexo do capital mundial.

Deixo unha serie de enlaces (listado incompleto… é demasiado o que está a acontecer para abarcalo todo) nos que se pode ollar como esta migración é o incio da dominación mundial por parte das novas tecnoloxias abertas, colaborativas, estandarizadas e máis solidarias:

Unha vez me contarón que o software libre estaba morto… en fin… parece que non sabian moi ben do que falaban.

Estamos vivos, somo libres… e imos conquistar o mundo.

S2!

mayo 29, 2012 at 11:18 am Deja un comentario

Congreso de ciencia e software libre en Lugo

Se eres un apaixonado da ciencia, se gustas de usar software libre, se queres aprender cosuas de ambos mundos que están tan sumamente unidos… non dúbides en asistir ao congreso de IGACIENCIA que se vai celebrar en Lugo os dias 2 e 3 de Xullo.

Para informarte olla o seguinte enlace:

- Igaciencia en Lugo -

Un saúdo.

mayo 28, 2012 at 2:59 pm Deja un comentario

Novas que non quixera ter que ler

Hoxe como case todos os dias navego pola rede para “informarme”  (dentro do posible) do mundo e do momento da historia na que vivo, e hoxe como moitos outros dias termino lendo novas que ao fin das mesmas quixera non ter que ler, son noticias que non me gustan, unhas van encontra dos meus principios, outras tocan a fibra sensible, tamén hai noticias que me cabrean, e alguna que me deixa perplexo… as novas que hoxe non quixera ter que ler son (entre outras) as seguintes:

Duros momentos os que estamos a vivir…!

 

agosto 30, 2011 at 6:35 pm

Ibarra dando clase de software libre no senado

Gracias Ibarra!!! por poñer a voz de moitos diante das suas señorias.

enero 13, 2011 at 9:03 pm

Linux+Oracle no Cern

Como sabedes son un admirador e seguidor do programa ‘Redes‘ no que o xenial sr.Punset nos ílustra falando cos científicos máis relevantes do mundo, así que non é de extrañar que mentres estou programando teña como fondo para matar o silencio un dos moitos videos que colgan da web de dito programa.

Pois pasou que por esas casualidades da vida, que nun dos trocos de de pantalla fun parar ao escritorio onde tiña correndo o navegador cun destes videos, así que durante un intre permanecin ollando dito video, e de rependete…. pun chis plas… carteis sobre a world wide web, sobre serves, sobre linux + oracle,… e claro… non tiven outra que parar o video e atrasalo para saber se non estaba trabucado co que me parecera ler; e certamente non o estaba, no video que falaba sobre o Cern e como os cientificos usan a tecnoloxía máis potente do mundo para descubrir o misterio de como empezou todo, de cales son as particulas máis elementais, de que pasou na primeira millonesima de segundo despois do big-bang, hai estaba o noso querido GNU/Linux traballando unha vez máis en silencio, sen facer ruxido, a sombra, a prol da humanidade.

Como di o refrán, unha imaxe mil palabras:

Linux + Oracle no CERN

Pois iso, se non o poño revento :-P .

S2!

septiembre 9, 2009 at 3:15 pm

O novo goberno da Xunta de Galicia/Galiza ‘parece’ seguir apoiando ao Sw libre

Deixo o enlace a web da Xunta de Galicia/Galiza onde se mostrá o impulso que parece seguir recibindo o sw libre por parte deste organo dentro do noso territorio.

Ao mesmo tempo deixo outro enlace do amigo e mestre ‘asennadas‘ a súa bitácora onde fai unha reflexión e recorrido sobre o acontecido.

Pola miña parte só podo decir que estou “contento” pero que estaremos atentos e seguiremos pelexando.

S2!

julio 31, 2009 at 8:45 am

Tractorada!!!

//

Pois sí, hoxe os lagregos sacaron os tractores as ruas de Lugo para reinvindicar un trato xusto no prezo de leite, que deixen de ser moeda de cambio do goberno español con europa, e igual que se fixo co aceite se poida chegar a un consenso nacional que permita que as granxas sexan rendibles e o futuro do agro este garantido.

Hoxe en Lugo voltou a oirse os motores da dignidade:

Tractora por un prezo do leite xusto.

Tractora por un prezo do leite xusto.

Video dos -Rastreiros-, tractorada!!!!:

julio 13, 2009 at 4:08 pm

Mirando pola fiestra, ollando o mundo.

//

Estou na casa traballando nun proxecto, picando código, escribindo o matrix, pero algo non vai ben, o programa erra ou estou bloqueado, cabréome, suspiro e sin saber miro pola fiestra e vexo isto…

O mundo dende a miña fiestra.

… e case todo cambia, os problemas certamente non se arranxan pero parecen menores.

É o que che hai. :-)

junio 17, 2009 at 1:33 pm

SwL galego unido a prol dun ensino ético e libre

Sw libre galego + ensino ético libre = sociedade libre

Enlace a agnix.org.

mayo 8, 2009 at 5:41 pm

En memoria de unha lingua II

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

Duas formas moi distintas de entender un pobo, unha cultura milenaria, unha forma de vida; por un lado estan os que desertan da propia identidade, os que se sinten resentidos de ser o que son, os que non entenden nin queren entender a terra -frijolito and company-… por outra banda estan ou estamos os que  nos sentimos parte dun lugar no mundo, os que entendemos o galego como algo máis que unha forma de expresarnos, os que desexamos que sexa respetado como lingua milenaria que é, os que desexamos que os nosos fillos e netos poidan sentirse orguiosos de ser o que son, de ser e sentirse GALEGOS cunha lingua propia e sen sentirse inferiores a ninguen.

Esperemos que Manuel Rivas se equivoque - proceso de extinción do galego-

Un saudo!

marzo 25, 2009 at 9:27 am

Activando sistema

Pois xa estou devolta na casa, así que non queda outra que retomar a vida normal e comenzar a sacar para diante todo o traballo atrasasdo.

A semana pasada certamente foi unha semana dura, chea de paseos, de viaxes, grazas ao calor non facia falla poñer escusa para tomar unha boa cervexa fria, que si foto aquí, que si comemos en tal sitio, que si metro, que si tren, que si museos, que si avenidas, que si mira que palacio,… vamos un traballo duro e díficil que custa levar.

Agora como digo o que custa e reengarcharse a monotonia de sempre, ben só queda pensar en semana santa :-) que esta moi moi cerca.

marzo 24, 2009 at 10:11 am

No update for a week

Pois iso, durante esta semana non estarei ‘en linea’ dado que marcho dar un pequeno garbeo para cambiar por uns intres de aires.

O luns que ven estarei de novo reactivado.

Boa semana!

marzo 16, 2009 at 9:26 am 2 comentarios

Entradas antiguas


Calendario

mayo 2012
L M X J V S D
« mar    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner