Posts filed under 'Protesta'

O inglés como lingua de aldeáns.

//

//

//

//

//

Nestes tempos que corren non nos estraña que cada vez se substituan máis palabras da língua pola palabra equivalente inglesa, supoño que isto será cousa da sensazón sobre que o inglés é unha língua nobre, con categoria, para un nível de coñecemento elevado, así parecemos máis listos, mostramos un coñecemento que outros o mellor non teñen, ou simplemento facemos por estupidez para parecer máis ‘Cool’ (:-P).

Ben, o caso e que, esa percepción que temos hoxe en día do inglés como língua señorial non sempre foi así, e de certo modo sufriu un rexeite por partes das clases elevadas da sociedade como o está a sufrir nestes intres o noso idioma galego.

Olla o vídeo que se encontra no seguinte enlace:

- Inglés lingua de aldeáns -

Souben do video grazas a esta entrada en chuza.org.

2 comments Septiembre 2, 2009

Transxénicos… non Grazas!

Add comment Agosto 10, 2009

O novo goberno da Xunta de Galicia/Galiza ‘parece’ seguir apoiando ao Sw libre

Deixo o enlace a web da Xunta de Galicia/Galiza onde se mostrá o impulso que parece seguir recibindo o sw libre por parte deste organo dentro do noso territorio.

Ao mesmo tempo deixo outro enlace do amigo e mestre ‘asennadas‘ a súa bitácora onde fai unha reflexión e recorrido sobre o acontecido.

Pola miña parte só podo decir que estou “contento” pero que estaremos atentos e seguiremos pelexando.

S2!

Add comment Julio 31, 2009

Tractorada!!!

//

Pois sí, hoxe os lagregos sacaron os tractores as ruas de Lugo para reinvindicar un trato xusto no prezo de leite, que deixen de ser moeda de cambio do goberno español con europa, e igual que se fixo co aceite se poida chegar a un consenso nacional que permita que as granxas sexan rendibles e o futuro do agro este garantido.

Hoxe en Lugo voltou a oirse os motores da dignidade:

Tractora por un prezo do leite xusto.

Tractora por un prezo do leite xusto.

Video dos -Rastreiros-, tractorada!!!!:

Add comment Julio 13, 2009

Carta dunha estudante ao conselleiro de ‘educación’

Copio e pego unha carta dunha estudante de Nigrán ao conselleiro de ‘educación’.

Sr. Conselleiro de Educación

Son unha alumna de 1º de Bacharelato do IEs Escolas Proval que quere manifestar o seu dereito a expresarse e a dicirlle algunas cousas:

1.- Que lle escribo no meu nome, sen estar influenciada nin polos meus profresores, nin amigos, nin familiares.

2.- Que aínda que escribo en galego, a miña vida normal desenvólvese en castelán, a lingua na que me educaron, aínda que meus pais entre eles ás veces falan en castelán e ás veces en galego.

3.- Que todo isto das enquisas paréceme  un disparate sen ningún sentido. Ao único que nos vai levar é a un enfrontamento orixinado pola obriga a ter que posicionarnos nunha das dúas opcións, é como se a un neno o obrigasen a elixir entre a súa nai e o seu pai e respondese que os quere por igual. O mesmo pasa coas linguas de Galicia, se somos bilingües, as dúas teñen que ter as mesmas oportunidades e falarse nos mesmos sitios.

4.- Ademais quero dicirlle que na escola é hoxe en día case o único lugar, polo menos eu así o vexo, onde moitos rapaces, a gran maioría,  teñen contacto co galego. Se vostede vai ao Centro Comercial da Ramallosa, ao cine, á discoteca…  case toda a vida social dos adolescentes se desenvolve practicamente en castelán. Estamos en Nigrán, como podíamos estar en Ciudad Real ou en Cáceres, soamente na escola sabemos que estamos nun instituto de  Galicia, onde nos sentimos galegos, onde  podemos falar  sen prexuízos, onde non parece que falemos   nunha lingua infravalorada, e créame señor Conselleiro, iso  soamente se consegue, como dicía castelao, por obra e gracia do idioma.

                                Miriam Veiro
                         1º Bacharelato Humanidades. IES ESCOLAS PROVAL
                                   NIGRÁN

Copiado de Vieiros.com

Ollado en Chuza.org

Add comment Junio 24, 2009

Corrupción tencolóxica na Xunta ¿ :-/ ?

//

Deixo un enlace que me chegou o meu correo por medio dunha lista na que estou apuntado, o título di todo.

-Corrupción tecnolóxica na Xunta-

Add comment Junio 16, 2009

Inxenierios arrependidos :-/

Deixo un enlace a unha nova de ‘ElPais’ onde se pode ver unha triste realidade dos que un día decidiron soñar con ser os reis da programación, os magos do router, os alfa da seguridade,… vamos que mellor houbese sido replantexarse o futuro.

Pois ale… a buscar unha saida.

Add comment Mayo 25, 2009

O dereito a vivir unha cultura -Hoxe e sempre-

Hoxe navegando polo diario -A nosa terra- encontrei unha foto que me chamou a atención, e dado que nela sae todo non vou comentar máis.

Add comment Mayo 17, 2009

SwL galego unido a prol dun ensino ético e libre

Add comment Mayo 8, 2009

Denuncia – A Xunta de Galiza sigue preferindo IE –

Pois sí, se eres usuario dun sistema operativo libre como é o meu caso (GNU/Linux -Ubuntu- ) e desexas inscribirte nunha bolsa de traballo da Xunta de Galiza non o tes moi fácil, en tanto en canto a web do portal de emprego público de xustiza sigue a funcionar exclusivamente con IE6 ou superior, de tal forma que ou fas unha reviravolta e instalas IE en no teu sistema facendo uso de Wine (que non sei nin siquera se traga con el) ou buscas un equipo con Win2 instalado e fas a inscrición desde ese equipo.

Desde logo canto camiño queda ainda por recorrer por parte das administracións públicas para non discriminar aos cidadáns en base a algo tan sinxelo como a liberdade de elección tecnolóxica. O pior de todo e que isto parece algo pouco preocupante, cando en realidade non é tal dado que non se entende como un organismo público pode ‘ordenar’ aos seus cidadáns que usen tal ou cal tecnoloxía, e moito máis cando esa tecnoloxía depende de toda unha infraestructura dunha empresa transnacional. Imaxinaste a caso que a Xunta che ditara que refresco tes que comprar a hora de beber, ou que coche mercar para ir de paseo… pois o mesmo; eu uso un sistema libre e gratuito e non lle vou permitir a ninguén que me digan o que teño que usar.

Evidentemente isto denuncieino a web -IstoNONvai- dado que pelexando todos xunto será a única maneira de gañar a nosa liberdade de eleción.

A imaxe da discordia:

Imaxe de como a Xunta de Galiza che obriga a usar IE6 ou superior

Imaxe de como a Xunta de Galiza che obriga a usar IE6 ou superior

Saúdos!

Add comment Mayo 5, 2009

Oferta vs demanda!!!

Hoxe fun ata HiperPlanet, un centro comercial de aquí de Lugo, a cousa e que este centro comercial ten para o desenrolo da súa actividade instalado nos seus equipos un sistema Gnu/Linux. Como sempre que vou aquí paso pola zona de informática para ver que trebellos teñen na exposición, como calquera estou acostumado a que a absoluta maioria dos equipos teñan instalado unha versión de Güindous, pero dende fai unha tempada alegrabame ver que no mundo dos ultra-pc’s ou dos notebooks empezaba a variar a cousa e xa se podian ver equipos con Xandros, Ubuntu, Fedora, instalados de fabrica; isto é fabuloso porque acerca o mundo GNU/Linux ao pobo, e poden empezar a ollar que non todo ten que ser Güindous, poden ver que hai alternativas, que hai outra saida.

Pois hoxe esta ‘alegria’ convertiuse de novo en ‘cabreo’ ao ver que de novo os tentaculos do gran monstruo de Redmond estan a funcionar, dado que de todos os ultra-portátiles que habia, uns sete ou oito, tan só un Acer tiña instalado unha distro Gnu/Linux, o resto incluidos os Asus Eee tiñan Xp. Así de novo volta o monopolio a venta de pc’s -tasa Micro$oft- , así de novo se volta a encamiñar a xente a comprar só aquelo que ven impreso de fabrica, así de novo se mostra que as grandes multinacionais lles importa un carallo todo o que é e representa o movemento GNU/Linux dado que cando hai cartos de por medio non hai libertade que valga, así de novo a oferta encamiña a demanda, dado que a demanda ven dada polo que a xente coñece (coñecemento parcial, un día falarei de isto), unha vez máis cápase a libertade de elección.

E non sacamos nada en limpo!!!

Update_

Ben parece que algo pasa para que esto sexa unha realidade : http://gustavonarea.net/blog/posts/dell-ashamed-ubuntu-laptops/

Esta claro, sin oferta non hai demanda.

Add comment Abril 22, 2009

Consorcio de Igualdade e Benestar, falando claro.

Deixo aquí un texto que me chegou via correo-e para dar conta das manipulacións que xa se estan a facer por parte do futuro goberno da Xunta de Galicia con respecto ao Consorcio de Igualdade e Benestar.

—–
Escribo este correo a nivel informativo dende a perspectiva que me da traballar no Consorcio de Igualdade e Benestar, sobre todo debido a manipulación que estou a ver en moitos medios de comunicación que alteran a realidade. Gustaríame clarificar dúas cousas: que é o Consorcio e cales foron as vías que posibilitan traballar nel.

Antes de nada gustaríame sinalar que son traballadora, non política. Non estou afiliada a ningún partido político, nin a ningún sindicato.

1º ¿qué é o Consorcio?

Pois é unha entidade de dereito público, de carácter interadministrativo e con personalidade xurídica propia, constituida pola Administración da Comunidad Autónoma de Galicia (Vicepresidencia) e os municipios galegos que se queiran integrar nel (na actualidade son mais de 200, de todas as cores políticas, a maioría, do PP). A función xeral do Consorcio é a de participar na dirección, avaliación e control da xestión dos Servizos Sociais de ámbito local (quen teña mais interese pode consultar os estatutos na web: www.igualdadebenestar.org)

Así escrito con estas palabras probablemente non diga nada, pero quere dicir que é un órgano de colaboración e xestión entre as administracións públicas encargadas de proporcionar os Servizos sociais nos municipios. Pero esto non quere decir que se lles quite competencias ós concellos, se non simplemente que colaboran entre sí para por en marcha e xestionar servicios que doutra forma non existirían (por non haber coincidencia cas políticas da Xunta nalgúns concellos, por non ter suficientes cartos noutros, etc). Sobre todo ten unha gran incidencia na zona rural, donde concellos de pouca poboación nunca poderían construir unha gardería ou un centro de día porque non teñen cartos (os servizos están sempre nos grandes núcleos poboacionais). Despois de 2 anos puxéronse en marcha servizos públicos que non existían en Galicia, como son as escolas infantís de 0 a 3 anos, centros de día para maiores, programa “Xantar na casa”, oficinas I+B, etc. E que non se quedan só nas cidades, senon que se fan tamén en pequenos municipios.

O que quero destacar e que creo que é o importante, e que se puxo en marcha unha rede de servizos sociais públicos que empezan a encher ese vacío que existía en Galicia.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar non é un “chiringuito” da Xunta. O seu control económico faise de acordo co que establece a lexislación do réxime financieiro e presupuestario de Galicia.
E por se alguén lle queda alguna duda da súa legalidade, faise referencia a él no artigo 64 da Lei 3/2008, do 3 de decembro, de Servicios Sociais de Galicia, e expresamente na súa disposición adicional 2ª .

2º : ¿ Cómo se entra a traballar no Consorcio?

Superándo un proceso selectivo que consistiu nun concurso-oposición para un posto de persoal laboral temporal. O persoal do Consorcio pasou un exame, unha valoración de méritos e unha entrevista persoal.
Cando as listaxes de agarda dos procesos selectivos correspondentes se esgotaron ou non se tivera convocado un proceso selectivo, abriuse, no mes de Abril, unha convocatoria pública de elaboración dunhas listaxes de agarda para a cobertura temporal de postos de traballo do Consorcio, mediante a que no mes de Decembro tamén entrou novo persoal no Consorcio por orde de puntuación de méritos nas ditadas listas.

Por tanto, cada vez que sae na prensa ou alguen di que o persoal do Consorcio está posto a dedo ou son enchufados é falso, pasaron un proceso selectivo ou unha baremación de méritos que era pública e a que calquera se puido presentar.

Agora, hai polémica polo proceso selectivo que está en marcha para facer persoal laboral fixo a unha parte do persoal, os de Centros de día e Galescolas . Pois ben, en Galicia fixéronse procesos de consolidación de persoal temporal no Sergas na Xunta e en moitos concellos, con exámenes sinxelos e favorecendo a experiencia profesional, similar á convocatoria actual do Consorcio, e non pasou nada. Ninguén se queixou…

O que se teme é que, co novo goberno da Xunta se vote por terra todo isto e que se privaticen os Servizos Sociais, como algúns dirixentes xa manifestaron, e como fixeron con moitos dos servizos sociais públicos durante as lexislaturas anteriores nas que gobernaron. Os que traballamos na empresa privada, sabemos ben o que significa que prime o beneficio económico en vez da calidade asistencial (falta de recursos humanos e materiais, precariedade laboral, intervención meramente asistencial, etc). A xente que traballa no ámbito do social sabe que posibilidades de traballo nos esperan.

Sobre todo, con este correo, se pretende apoiar e defender un sistema de servizos sociais públicos ¿¿¿ si mañá nós din que privatizan a sanidade tampouco pasaría nada???

—–

Penso que queda explicado.

1 comment Marzo 30, 2009

Previous Posts


Calendario

Noviembre 2009
L M X J V S D
« Oct    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Feeds

RSS Novas de agnix.org

Escolle categoría

Categoría Nube

Administrar Sistemas Agnix Ciencia Consola-Terminal Coñecemento Cultura distros Escritorio Escritorio-Gnome Firefox Google Hack Internet kernel Manuais mundo web Natureza Noticia Programación Protesta Recopilacion Redes Rescate sistema Seguridade Servidores Social tecnoloxia Uncategorized Video Virutalización

Blogroll

Cultura

distros

Gargalladas

Internet

Libros

LPI

Portais

Meta