Posts filed under 'Recopilacion'
Probas web, PHP, Rootkits
Pois nada que sigo, recollendo sementes e ideas de SecurityByDefault, unhas novas:
- Probas web, ferramentas e WhitePaper’s -
Add comment Agosto 13, 2009
Integración continua en PHP e probas unitarias
Deixo enlace onde se pode ollar distintas ferramentas para a integración continua en PHP.
Outro enlace sobre pobras unitarias e funcionais en PHP.
Add comment Julio 8, 2009
Ubuntu: cousas a ter en conta para instalar/modificar.
- Aplicación para facer copias de seguridade de forma sinxela:
- sudo aptitude install sbackup
- Instalar fontes True-Type
- sudo apt-get install msttcorefonts && sudo fc-cache -fv
- Activar SoundRound:
- sudo gedit /etc/pulse/daemon.conf
- e sustituimos a liña
default-sample-channels = 2
por
default-sample-channels = 6
- sudo gedit /etc/pulse/daemon.conf
- Acelerar o inicio do sistema facendo uso da concurrencia dos procesadores MultiCore:
- sudo perl -i -pe ’s/CONCURRENCY=none/CONCURRENCY=shell/’ /etc/init.d/rc
Fontes: MundoGeek, Ubuntu Linux Help
Add comment Junio 23, 2009
Reducir o tamaño dos discos .vdi
Deixo uns enlaces onde podemos aprender a reducir o tamaño dos discos .vdi creados por VirtualBox.
-Blog de Vicente Navarro – Lo hice y lo entendi-
-Blog de Óscar Casal – Glug.es-
Add comment Febrero 20, 2009
Recopilación artigos -VirtualBox, manuais, Terminal-
Deixo aquí unha serie de enlaces que me parecen interesantes::
Configurar e instalar VirutalBox
Configurar e instalar VirtualBox II
Explicación tap0, br0, interfaces…
-Redes,Terminal-
Add comment Febrero 20, 2009
Artigos sobre MySQL
Deixo un enlace que nos leva a MySQL Hispano onde encontraremos unha recopilación de artigos sobre a base de datos MySQL.
A ver se aprendemos algo… Artigos MySQL Hispano
Artigo sobre MySql en MundoGeek: MySql
1 comment Febrero 7, 2009
Aplicacións de diseño 3D para GNU/Linux
En -TechCityInc- publicaron un listado das aplicacións para diseño 3D máis ‘Cool’ que podes descargar hoxe en día para o desenrolo dos teus proxectos.
Aquí deixo unha lista de tales aplicacións, se queres ollar as caracteristicas podes entrar na web citada, ou ben na web de orixe de cada unha das aplicacións.
Listado::
Ademais de estas tamén existen:: RenderMan Pro, Maya.
Add comment Enero 25, 2009
Instalar Debian-Eee no Asus-Eee
Ok, imos instalar no Asus-Eee unha Debian creada a talla de tal trebello. Así que o primeiro é descargar o sistema operativo, hai que ter en conta que imos descargar un sistema base e que logo lle iremos engadindo a funcionalidade que nós queiramos.
Para descargar o DebianEee – Pica aquí- o md5 -esta aquí-
Logo copialo dentro dunha chave Usb con::
dd if=debian-eeepc.img of=/dev/<TU-DISPOSITIVO-USB> Olla que usas todo o dispositivo non ningunha partición de éste. Logo pinchas a chave Usb no Asus e inicias o sistema, seguidamente pulsas a tecla F2 para o acesso a Bios. Logo dentro da Bios accedes a 'Boot Device Priority' selecciona como 1st Boot Device: Removable Dev [Enter], [Esc] para regresar á pantalla anterior. Seguidamente accede a Hard Disk Drives e selecciona como 1st Drive o USB [Enter]. Pulsa F10 para gardar os cambios e saír. Ben,chegado este punto encende o Asus e debe iniciarse o xestor de arranque dende a chave Usb. Aquí escolles a opción 'install', e inicase o proceso de instalación do sistema base de Debian. Como nunha instalación normal escolles e completas unha serie de pasos para realizar a instalación:Inicio da instalación
- Escolles o idioma.
- Escolles territorio, país ou area.
- Indicas o mapa do teclado.
- Logo producese unha detección do hw da rede así como unha configuración do dhcp (en caso de existir).
- Introduces o nome da máquina.
- Introduces o nome do dominio (se tes a rede conformada sobre un dominio).
- Introduces o pais da replica de Debian.
- Indicas información do proxy en caso de existir.
- Ubicación para a configuración do reloxo
- Logo chega o particionado, aquí borras as particións existentes e creas unha nova taboa de particións, e convinte que separes o raiz do sistema “/” do directorio dos usuaros “/home”.
- Instalase o grub do sistema
- Por último desconectar a chave do Usb e reiniciar o sistema.

Instalación do sistema base.
Moi ben, se todo saiu sen problemas ate este momento tes un ’sistema base’ instalado; seguimos, agora a dito sistema base instalado podeslle querer engadir un entorno gráfico. Aquí tes principalmente duas opcións: Gnome ou Kde, eu son usuario de Gnome, pero como hai que saber manexar algo de todo, neste caso vou instalar un entorno Kde. Para elo dende podes executar o seguinte comando::
aptitude install kde-core xorg kdm , con sito instalas unha versión mínima de kde, así o consumo de recursos tamén será mínimo, logo podes engadir as aplicaciónsou compoñentes que necesites.
Ok, unha cousa, o Kde que se instala esta en inglés, eu vouno deixar en este idioma dado que así ‘obrigome’ a familiarizarme coa lingua de Shaspeare. Cousas miñas :-/.
Vale, vale se desexar instalar o Gnome podes executar::
aptutide xserver-xorg (servidor X)
aptitude gnome-core (entorno gráfico básico)
Logo de isto, reinicias o sistema e boooooom!!! Debian-Eeee con entorno gráfico instalado no Asus-Eee.
Ferpecto!!! agora como tes instalado un entorno gráfico base, seguro que lle tes que engadir uns cantos paquetes ou aplicacións que xe van ser de utilidade, un OpenOffice, Visor de Pdf’s, unrar,… o que sexa, pero agora se o desexas podes facer uso do ‘Synaptic’.
Outra cousa que hai que solucionar é o tema do Wifi, non sei porque pero a min non me vai todo o ben que deberia, e iso que seguin paso a paso os pasos que indican o Wiki por onde me guiei para facer a instalación, deixo aquí o enlace de como configurar o Wifi. (Help me please!)
Se queres saber máis cousas, podes acceder aquí -DebianEeePcSpanish- onde atoparás moitas máis cousas, un bo lugar para fedellar.
Pois básicamente foi isto o que fixen, seguirei actualizando isto segundo vaia sacando cousas en limpo.
Ale, coidado co frio!
Add comment Enero 7, 2009
Tendas virtuais
Ollando mancomun.org encontrei cunha interesante nova sobre unha serie de elementos que permiten a creación de tendas virtuais facendo uso de distintos sistemas como poden ser CMS, WordPress, ou sistemas de venta virtual creados dende cero.
Deixo isto aquí como recordatorio persoal.
Nova de mancomun.org -Sw libre para tendas virtuais-
Add comment Enero 1, 2009
Ferramentas para a Peme_
Enlace que te leva a un portal de mancomun onde podes atopar un bo abanico de ferramentas que pode necesitar unha Peme (pequena e mediana empresa)…
-ferramentas informáticas para a peme-
Fai tempo que coñecia este conxunto de ferramentas pero non foi ate que lein unha nova en agnix.org que voltei a lembrar da súa existencia.
Add comment Julio 29, 2008
Recopilación – Sw libre e a súa interacción co mundo -
Deixo unha serie de enlaces sobre sw libre::
Por qué el Software Libre y la Cultura Libre es Economía Solidaria
Add comment Julio 29, 2008

