Posts filed under ‘Servidores’
httpS (recopilacíon) e algo máis
Recopilación dunha serie de post de SecurityBydefault sobre http(s) para deixar claros unha serie de conceptos:
-
Mitos de HTTPS y la navegación segura
-
Fraude online con firma digital y SSL
-
Sesiones seguras: es gratis
Agora deixo ese ‘algo máis’
-
CheckMyRobots, mantén a raya a los robots … ¡y a los que no lo son también!
-
Material para formación en seguridad web
-
Aprendiendo hacking web con BadStore
-
10 trucos para securizar PHP
-
Cómo diseñar una política de cortafuegos
-
Una autenticación fuerte para Openvpn
-
Mandos, o cómo cifrar por completo tus servidores de forma desatendida
S2!
Un proxecto de código aberto quere facilitar a seguridade de DNS
Un grupo de programadores presentou un software open source que permite aos administradores protexer o sistema de direccións de Internet fronte aos hackers. O software chámase OpenDNSSEC e automatiza moitas tarefas asociadas á implementación de DNSSEC.
OpenDNSSEC é un software baseado en código aberto deseñado para facilitar a implementación e xestión de DNSSEC (Domain Name System Security Extensions), que é un conxunto de protocolos que permite aos registros DNS incorporar unha firma digital, segundo John A. Dickinson, consultor involucrado no proxecto.
Os registros DNS permiten converter os nomes dos sitios web en direccións IP, pero o sistema DNS ten varios fallos debidos ao seu deseño orixinal que os hackers están aproveitando cada vez máis.
Se alguén sabotea un servidor DNS pódese teclear un sitio web correcto pero terminar nunha web fraudulenta, un tipo de ataque denominado ?cache poisoning? ou envenenamiento de caché. Esta é unha das moitas preocupacións dos ISP e outras entidades que promueven o uso de DNSSEC nos servidores DNS.
Sigue lendo a nova…aquí.
Libro dixital : Implementación de Servidores en GNU/Linux
Deixo un enlace onde se pode descargar un libro sobre a implementación de servidores baixo un sistema GNU/Linux.
-Libro sobre implementación de servidores GNU/Linux-
Visto en: Vivalinux.com.ar e apunta para alcancelibre.org
Instalar un servidor de ficheiros VSFTPD
Deixo un enlace onde se mostra como montar un servidor de ficheros en pouco tempo, concretamente fai uso de VSFTPD un servidor FTP para GNU/Linux.
-Montar un servidor de ficherios VSFTPD-
Oiga…!!! unha de servidores web
Pois iso, que hoxe vai de servidores web; o tema é que o vernes mentras xogaba con NetBeans sorprendeume a cantidade de opcións de servidores web que trae para escoller así que me preguntei cantos servidores web coñecia eu e a verdade e que hai uns cantos:
- Apache –> O gran xefe dos servidores, o invatido, o rei.
- Glassfish –> O amigo de Java e de NetBeans.
- JBoss –> Sigue os pasos do xefe.
- Zope –> Para min un descoñecido ate fai pouco.
- Jetty –> Este é amigo de Eclipse.
- PSP –> Este vailleo rollo de Perl.
- NanoWeb –> O enano da familia.
- Cherokee –> Ale outro indio na casa
.
Moitos dos servidores mencionados ademais de exercer de servidores web tamén teñen a capacidade de exercer de servidores de aplicacións, como é o caso de Apache, JBoss, Glassfish, Zope.
Se coñeces algún máis, pois non dúbides en comentalo!!
Vou ver cal é o idoneo para o Eee.
S2!
Mundos virtiais 3D Open Source
realXtend offers a free open source virtual world platform with which you can create your own applications using it as a base.
Que ni idioma de Castelao ven sendo… ‘realXtend ofrece unha plataforma virtual open source sobre a que podes crear aplicacións usando dita plataforma como base‘.
The realXtend viewer is an open source browser (GPL license) that you can use to experience rich multiuser virtual worlds.
O realXtend viewer é un navegador open source con licenza GPL que podes usar para experimentar o rico mundo virtual multiusuario.
The realXtend server is an open source server (BSD license) with which you can make your own virtual worlds available to a larger audience. The server has a sample virtual world that you can utilise as it is or you can modify it to suit your needs. realXtend also offers free, high-quality content for your own worlds.
O realXtend server é un servidor open source con licenza BSD co que podes crear o teu propio mundo virtual permitindoche aumentar a audiencia. O servidor ten unha mostra do mundo virtual que ti podes usar ou podes modificar según necesites. realXtend tamén ofrece gratuitamente, contidos de calidade para os seus propios mundos.
Para saber máis deixo o enlace a web de – realXtend -
Instalar Virtualbox 2.1 nunha Ubuntu 8.04
Vale, a cousa non é nada complexa aínda que ten un pequeno matiz debido a unhas dependencias que só están dispoñibles para a versión 8.10 de Ubuntu e non para a 8.04, así que deberemos de ter isto en contan máis adiante.
Ok, imos entón. Primeiro para instalar dende Synaptic debemos como sempre de modificar o sources.list engadindo os repositorios que necesitamos, na web de VirtualBox hai todos os que se precisan, no noso caso é o seguinte:
deb http://download.virtualbox.org/virtualbox/debian hardy non-free
Como sabes isto podes facelo dende o Synaptic, indo a Configuración-> Repositorios-> Sw de terceiros-> Engadir.
Logo descargas a -Sun public key- dende aquí, e dende Configuración-> Repositorios-> Autenticación -> Importar Clave , importas e engades a clave pública de SUN.
Moi ben, como ves na web de VBox todo iso podes facelo no terminal.
Vale, en principio xa esta o asunto, ‘perooooo’ se comezas a facer a instalación seguro que che produce un erro nas dependencias dado que VirtualBox:
Depende: libqt4-network (>=4.4.3) pero se va a instalar 4.4.0-1ubuntu5~hardy1
Depende: libqtcore4 (>=4.4.3) pero se va a instalar 4.4.0-1ubuntu5~hardy1
Depende: libqtgui4 (>=4.4.3) pero se va a instalar 4.4.0-1ubuntu5~hardy1
Ok, isto é debido a que en Hardy non hai ningunha versión >=4.4.3 desas bibliotecas, supoño que os responsables de VirtualBox en SUN ou non tiñan ganas de empaquetar VBox para a versión 8.04 ou se equivocar ao facer dita compilación. Isto arranxase engadindo como se indica na web de Ubuntu o seguinte repositorio:
deb http://fr.archive.ubuntu.com/ubuntu intrepid main
Desta forma conseguimos instalar na v8.04 as librerías necesarias que pertencen a v8.10.
Finito!! xa solo queda marcar para instalar.
Por certo eliminarase a antiga instalación de VBox que teñamos pero non os .vdi que teñamos creados das máquinas, así que se eliminamos toda a configuración non pasa nada dado que é cuestión de un minuto crear outra máquina virtual co .vdi que segue persistente.
S2!
Actualización_
Como me comenta Óscar Casal, sería bo que logo de facer a instalación comentasemos a última liña que engadimos ao sources.list para conseguir instalar as dependencias da versión v8.10 dado que non vai ser que algún lle de por actualizar todo o sistema. Asi que OLLO!!! e comentade a citada liña.
#deb http://fr.archive.ubuntu.com/ubuntu intrepid main
Ou ben dende Configuración-> Repositorios-> Sw de terceiros-> Engadir e desmarcades a liña onde aparece a entrada.
Listo!
Instalando VMWare 10.0.8 nunha Ubuntu 8.04
Pois iso instalei para xogar un pouco un vmware 10.08 na miña máquina con Ubuntu 8.04.
Certamente podia facer aquí unha explicación de como foi tal instalación pero como estou en plan vago e petado de cousas por facer deixo o enlace de howtoforge que seguin eu… é certamente sinxelo.
Iso sí, como veredes tedes que camibar o número da versión a descargar.
Ale…
Update_
VMWare 10.0.8 con Ubuntu 8.0.4-1 Virtualizado.

Virtualización con VMWare
A hora de iniciarse presentase máis pesado que VirtualBox ou que Qemu-KVM. As valoracións de momento son positivas, moi fácil traballar, moi intuitivo a interface.
ActualizaciónII_
Enlace onde fan un bo desglose da configuración de vmware.
Samba -configuración-
A hora de configurar Samba de forma gráfica básicamente hai duas opcións simples dentro dos repositorios de Ubuntu como son::
system-config-samba
gadmin-samba
Persoalmente logo de probar os dous, quedome co primeiro de eles, dado que system-config-samba pareceme máis sinxelo de manexar, máis intuitivo, non vou entrar no xogo de cal é máis ou menos potente a hora de configurar ate a última opción.
Pois iso.
Preparar Ubuntu server 8.10 para OpenVZ
Na seguinte guia indicase como preparar un servidor Ubuntu 8.10 para OpenVZ. Con OpenVZ pode crear múltiples Servidores Privados Virtuales (VPS) no mesmo hardware, similar a Xen de Linux e ao proxecto Vserver.
OpenVZ é de fonte aberta, rama de Virtuozzo, unha solución de virtualización comercial utilizado por moitos proveedores que ofrecen servidores virtuales. O parche do kernel de OpenVZ está licenciado baixo a licenza GPL, e as ferramentas de nivel de usuario baixo a licenza de QPL.
- Guia en HowToForge sobre OpenVZ -
Ollado en :: LinuxParty
Manual de instalación de un Servidor Ubuntu Linux
Deixo aquí un enlace a unha web onde nos mostran paso a paso como montar un servidor facendo uso de Linux-Ubuntu, neste caso tirando da versión ‘Server’.
O enlace – Servidor Linux Ubuntu-Server-
**Esta nova subina a agnix.org fai uns dias.
Montar un punto de acceso sinxelo con Ubuntu Linux
via::meneame_
Neste enlace podes encontrar un pequeno tutorial de como montar punto de acceso na túa casa facendo uso de Ubuntu Linux.
Iso si, no apartado de seguirdade fala de claves Wep, WAP, que como sabedes son reventadas con facilidade por programas como aircrack-ng así que este punto debe de ser mellorado.
Otro bo punto sería que mostrase isto facendo uso de DNS e DHCP.
(Pasado un tempo cando este máis libre de traballo vou intentar montar isto pero a .full equip. )
S2!

