Posts filed under 'Social'
O novo goberno da Xunta de Galicia/Galiza ‘parece’ seguir apoiando ao Sw libre
Deixo o enlace a web da Xunta de Galicia/Galiza onde se mostrá o impulso que parece seguir recibindo o sw libre por parte deste organo dentro do noso territorio.
Ao mesmo tempo deixo outro enlace do amigo e mestre ‘asennadas‘ a súa bitácora onde fai unha reflexión e recorrido sobre o acontecido.
Pola miña parte só podo decir que estou “contento” pero que estaremos atentos e seguiremos pelexando.
S2!
Add comment Julio 31, 2009
Tractorada!!!
Pois sí, hoxe os lagregos sacaron os tractores as ruas de Lugo para reinvindicar un trato xusto no prezo de leite, que deixen de ser moeda de cambio do goberno español con europa, e igual que se fixo co aceite se poida chegar a un consenso nacional que permita que as granxas sexan rendibles e o futuro do agro este garantido.
Hoxe en Lugo voltou a oirse os motores da dignidade:

Tractora por un prezo do leite xusto.
Video dos -Rastreiros-, tractorada!!!!:
Add comment Julio 13, 2009
Corrupción tencolóxica na Xunta ¿ :-/ ?
Deixo un enlace que me chegou o meu correo por medio dunha lista na que estou apuntado, o título di todo.
Add comment Junio 16, 2009
Vivir no rural unha nova-vella forma de vida.
Hoxe mentres xantaba puiden ver no canle 24h de TVE unha reportaxe sobre como pobos abandonados voltan a vida grazas a que unha masa de persoas desexan recuperar valores de vida perdidos nas modernas urbes de asfalto, uns decidiron cambiar polos fillos, outros para recuperar o control da súa vida, outros para escapar o ruído, outros… cada un ten a unha historia detrás.
É curioso ver como xentes de múltiples nacionalidades comparten fins comúns, como poñen en marcha proxectos, como interactuan respectando e enriquecéndose das diferenzas, como colaboran. Falaba un dos entrevistados de que estaba farto de vivir e non coñecer aos veciños do edificio, de saír a rúa e só ter descoñecidos, contaba que a volta ao rural supúxolle retomar o contacto real coas persoas.
Gustoume ver como sen necesidade de especula-construtoras son capaces de levantar de novo todo un pobo só coas súas mans, e non só iso, se non que ademais respectando o seu medio, gustoume ver como escolas cerradas voltan a abrir as súas portas, gustoume ver a unión que facían todos xuntos para demandar servizos as administracións e así garantir que as futuras xeracións queiran ficar nese lugar; gustoume especialmente o feito de que se poñía en valor o feito de vivir no campo, gústome ver que deixaban de lado o egoísmo persoal tan engrandecido nos tempos actuais e cedíanlle protagonismo a comunidade, falaban de que era imprescindible colaborar en troques de competir.
Certamente me alegrou ver que cada vez hai máis xente que pensa e sente o que eu vin dende pequeno, que vivir na aldea non é vivir illado senón vivir en comunidade, é coñecer ao veciño, é colaborar, axudarse, é ter espazo para pensar, lugares para reflexionar, escoitar o silencio, voltar as orixes pero sen perder parte do gañado co avance dos tempos.
Así que a todas esas persoas que voltan a esta nova-vella forma de vida só lles podo dar a benvida, alentándoos a que nos axuden a manter as tradicións a conservar a lingua a abrir as portas ao futuro con máis forza que nunca.
2 comments Junio 4, 2009
O dereito a vivir unha cultura -Hoxe e sempre-
Hoxe navegando polo diario -A nosa terra- encontrei unha foto que me chamou a atención, e dado que nela sae todo non vou comentar máis.

Add comment Mayo 17, 2009
Oferta vs demanda!!!
Hoxe fun ata HiperPlanet, un centro comercial de aquí de Lugo, a cousa e que este centro comercial ten para o desenrolo da súa actividade instalado nos seus equipos un sistema Gnu/Linux. Como sempre que vou aquí paso pola zona de informática para ver que trebellos teñen na exposición, como calquera estou acostumado a que a absoluta maioria dos equipos teñan instalado unha versión de Güindous, pero dende fai unha tempada alegrabame ver que no mundo dos ultra-pc’s ou dos notebooks empezaba a variar a cousa e xa se podian ver equipos con Xandros, Ubuntu, Fedora, instalados de fabrica; isto é fabuloso porque acerca o mundo GNU/Linux ao pobo, e poden empezar a ollar que non todo ten que ser Güindous, poden ver que hai alternativas, que hai outra saida.
Pois hoxe esta ‘alegria’ convertiuse de novo en ‘cabreo’ ao ver que de novo os tentaculos do gran monstruo de Redmond estan a funcionar, dado que de todos os ultra-portátiles que habia, uns sete ou oito, tan só un Acer tiña instalado unha distro Gnu/Linux, o resto incluidos os Asus Eee tiñan Xp. Así de novo volta o monopolio a venta de pc’s -tasa Micro$oft- , así de novo se volta a encamiñar a xente a comprar só aquelo que ven impreso de fabrica, así de novo se mostra que as grandes multinacionais lles importa un carallo todo o que é e representa o movemento GNU/Linux dado que cando hai cartos de por medio non hai libertade que valga, así de novo a oferta encamiña a demanda, dado que a demanda ven dada polo que a xente coñece (coñecemento parcial, un día falarei de isto), unha vez máis cápase a libertade de elección.
E non sacamos nada en limpo!!!
Update_
Ben parece que algo pasa para que esto sexa unha realidade : http://gustavonarea.net/blog/posts/dell-ashamed-ubuntu-laptops/
Esta claro, sin oferta non hai demanda.
Add comment Abril 22, 2009
Consorcio de Igualdade e Benestar, falando claro.
Deixo aquí un texto que me chegou via correo-e para dar conta das manipulacións que xa se estan a facer por parte do futuro goberno da Xunta de Galicia con respecto ao Consorcio de Igualdade e Benestar.
—–
Escribo este correo a nivel informativo dende a perspectiva que me da traballar no Consorcio de Igualdade e Benestar, sobre todo debido a manipulación que estou a ver en moitos medios de comunicación que alteran a realidade. Gustaríame clarificar dúas cousas: que é o Consorcio e cales foron as vías que posibilitan traballar nel.
Antes de nada gustaríame sinalar que son traballadora, non política. Non estou afiliada a ningún partido político, nin a ningún sindicato.
1º ¿qué é o Consorcio?
Pois é unha entidade de dereito público, de carácter interadministrativo e con personalidade xurídica propia, constituida pola Administración da Comunidad Autónoma de Galicia (Vicepresidencia) e os municipios galegos que se queiran integrar nel (na actualidade son mais de 200, de todas as cores políticas, a maioría, do PP). A función xeral do Consorcio é a de participar na dirección, avaliación e control da xestión dos Servizos Sociais de ámbito local (quen teña mais interese pode consultar os estatutos na web: www.igualdadebenestar.org)
Así escrito con estas palabras probablemente non diga nada, pero quere dicir que é un órgano de colaboración e xestión entre as administracións públicas encargadas de proporcionar os Servizos sociais nos municipios. Pero esto non quere decir que se lles quite competencias ós concellos, se non simplemente que colaboran entre sí para por en marcha e xestionar servicios que doutra forma non existirían (por non haber coincidencia cas políticas da Xunta nalgúns concellos, por non ter suficientes cartos noutros, etc). Sobre todo ten unha gran incidencia na zona rural, donde concellos de pouca poboación nunca poderían construir unha gardería ou un centro de día porque non teñen cartos (os servizos están sempre nos grandes núcleos poboacionais). Despois de 2 anos puxéronse en marcha servizos públicos que non existían en Galicia, como son as escolas infantís de 0 a 3 anos, centros de día para maiores, programa “Xantar na casa”, oficinas I+B, etc. E que non se quedan só nas cidades, senon que se fan tamén en pequenos municipios.
O que quero destacar e que creo que é o importante, e que se puxo en marcha unha rede de servizos sociais públicos que empezan a encher ese vacío que existía en Galicia.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar non é un “chiringuito” da Xunta. O seu control económico faise de acordo co que establece a lexislación do réxime financieiro e presupuestario de Galicia.
E por se alguén lle queda alguna duda da súa legalidade, faise referencia a él no artigo 64 da Lei 3/2008, do 3 de decembro, de Servicios Sociais de Galicia, e expresamente na súa disposición adicional 2ª .
2º : ¿ Cómo se entra a traballar no Consorcio?
Superándo un proceso selectivo que consistiu nun concurso-oposición para un posto de persoal laboral temporal. O persoal do Consorcio pasou un exame, unha valoración de méritos e unha entrevista persoal.
Cando as listaxes de agarda dos procesos selectivos correspondentes se esgotaron ou non se tivera convocado un proceso selectivo, abriuse, no mes de Abril, unha convocatoria pública de elaboración dunhas listaxes de agarda para a cobertura temporal de postos de traballo do Consorcio, mediante a que no mes de Decembro tamén entrou novo persoal no Consorcio por orde de puntuación de méritos nas ditadas listas.
Por tanto, cada vez que sae na prensa ou alguen di que o persoal do Consorcio está posto a dedo ou son enchufados é falso, pasaron un proceso selectivo ou unha baremación de méritos que era pública e a que calquera se puido presentar.
Agora, hai polémica polo proceso selectivo que está en marcha para facer persoal laboral fixo a unha parte do persoal, os de Centros de día e Galescolas . Pois ben, en Galicia fixéronse procesos de consolidación de persoal temporal no Sergas na Xunta e en moitos concellos, con exámenes sinxelos e favorecendo a experiencia profesional, similar á convocatoria actual do Consorcio, e non pasou nada. Ninguén se queixou…
O que se teme é que, co novo goberno da Xunta se vote por terra todo isto e que se privaticen os Servizos Sociais, como algúns dirixentes xa manifestaron, e como fixeron con moitos dos servizos sociais públicos durante as lexislaturas anteriores nas que gobernaron. Os que traballamos na empresa privada, sabemos ben o que significa que prime o beneficio económico en vez da calidade asistencial (falta de recursos humanos e materiais, precariedade laboral, intervención meramente asistencial, etc). A xente que traballa no ámbito do social sabe que posibilidades de traballo nos esperan.
Sobre todo, con este correo, se pretende apoiar e defender un sistema de servizos sociais públicos ¿¿¿ si mañá nós din que privatizan a sanidade tampouco pasaría nada???
—–
Penso que queda explicado.
1 comment Marzo 30, 2009
Galicia, un pais de tontos
Simplemente deixo o enlace dado que o resto xa o explica o gran Suso de Toro.
- Galicia, ese pais de tontos-
Entereime de que eramos tontos ou faltos de dignidade grazas a que tanto Xavi Alonso como Carlos Neira compartiron este enlace no facebook.
2 comments Marzo 27, 2009
En memoria de unha lingua II
Duas formas moi distintas de entender un pobo, unha cultura milenaria, unha forma de vida; por un lado estan os que desertan da propia identidade, os que se sinten resentidos de ser o que son, os que non entenden nin queren entender a terra -frijolito and company-… por outra banda estan ou estamos os que nos sentimos parte dun lugar no mundo, os que entendemos o galego como algo máis que unha forma de expresarnos, os que desexamos que sexa respetado como lingua milenaria que é, os que desexamos que os nosos fillos e netos poidan sentirse orguiosos de ser o que son, de ser e sentirse GALEGOS cunha lingua propia e sen sentirse inferiores a ninguen.
Esperemos que Manuel Rivas se equivoque - proceso de extinción do galego-
Un saudo!
Add comment Marzo 25, 2009
Activando sistema
Pois xa estou devolta na casa, así que non queda outra que retomar a vida normal e comenzar a sacar para diante todo o traballo atrasasdo.
A semana pasada certamente foi unha semana dura, chea de paseos, de viaxes, grazas ao calor non facia falla poñer escusa para tomar unha boa cervexa fria, que si foto aquí, que si comemos en tal sitio, que si metro, que si tren, que si museos, que si avenidas, que si mira que palacio,… vamos un traballo duro e díficil que custa levar.
Agora como digo o que custa e reengarcharse a monotonia de sempre, ben só queda pensar en semana santa
que esta moi moi cerca.
Add comment Marzo 24, 2009
Renegados, caciques e parvos
Fedellando en ModestoWeb encontrei este video que colga de youtube que reflexa certamente a realidade deste pais… (que grande Manel Rivas e Morris)
Outro video máis ‘dos grandes pensadores do noso tempo’, estes non entenden que non queremos voltar a unha ‘longa noite de pedra’
1 comment Marzo 7, 2009
