Entradas guardadas bajo "tecnoloxia '
eyeOS nas II Xornadas de Programación Web con Software Libre by Ousli
Video sobre o sistema operativo (libre) na rede eyeOS, feito no salón de actos da facultade de informática da universidade de Vigo -eseida-.
É un video certamente recomendable, Pau fai un recorrido completo dende a creación do concepto inicial ata a actualidade do sistema, pasando por diversos puntos como son os pros e contras de que o proxecto este baixo unha licencia de sw libre (a necesidade de rachar tabues, de romper con falsos moldes, o feito de colgarse medallas por parte dos políticos de turno a costa do SwL,…), a competencia de outros proxectos similares, evolución futura…
A partir do minuto 60′ fai unha crítica tremendamente realista sobre as pesimas condicións que hai en este estado a hora de ser un emprendedor se nos comparamos con outros paises onde si existe un apoio real a todos aqueles proxectos innovadores (mellor velo no video certamente!!!).
Para visionar o video - pulsa aquí. –
Un gran exemplo da grandeza de compatir, pero tamén un gran exemplo de que ainda hai moitos FUD’s (creados intencionadamente por terceiros) sobre o verdadeiro valor e poderio do Software Libre.
Publico aquí a miña admiración por estes rapaces que fixeron realidade unha idea. Como ben dicen eles, se en lugar de estar en España estibesen en outros paises… ¡¡outro galo cantaria!! e se agora son grandes aló poderían ser xigantes.
Como funciona internet??
Pequeno video que nos pretende aclarar de forma animada cal é o funcionamento da rede das redes.
Sei que xa ten algún tempo pero seguro que hai xente que non o coñecia.
Desktop Multiplier
Acabo de descubrir esta aplicación, permiteche cun só ordenador crear varias estacións de traballo independentes. Parece interesante, imos ver…
Na súa web indica::
Desktop Multiplier™ is a simple and free software add-on for Linux users. Transform your dual-monitor Linux PC into a dual-station PC! You’ll be able to support two independent users, each with their own screen and keyboard with just one PC. All you need is a dual-head video card and an extra USB keyboard and mouse.

Descargar a versión gratuita:: – aquí – (pois ten unha de pago)
Como funciona a enerxia solar -Video-
Neste video explicase como facendo uso de paneis solares podemos aproveitar a enerxia que desprende o sol. Non é moi longo pero sí é moi explicativo.
CHM en GNU/linux
Os ficheiros con extensión .chm son un formato – propietario -de arquivo creado por Micro$oft para os seus arquivos de axuda. En realidade trátase dun arquivo que encapsula un conxunto de páxinas HTML e engade a posibilidade de usar un índice. Non en balde as súas siglas proveñen de Compiled HTML Help.
Para poder ver arquivos chm en GNU/Linux temos dúas alternativas, extraer as páxinas HTML que compón o arquivo ou ben utilizar unha aplicación capaz de ler CHM.
Para a primeira opción podemos acudir ao comando extract de libraríaa CHM. Para instalalo:
sudo aptitude install libchm-bin
Para extraer
extract_chmLib o meu_arquivo_chm.chm directorio
onde, como podedes adiviñar, o primeiro argumento é o arquivo chm que queremos extraer e o segundo o directorio no que gardar os arquivos extraídos.
Dentro da segunda categoría contamos con varias alternativas, como pode ser xchm, gnochm para Gnome ou kchmviewer para KDE (todos nos repositorios de Ubuntu).
———-
Tamén podes usar a apliación arCHMage .
Para descargala::
- Compilada para Ubuntu:: aquí.
- Compilada para Debian:: aquí.
Se o que queres é o código:: aquí.
Nos repositorios podes encontrar os seguintes visualizadores::
** xchm **
** gnochm **
Visto en:: -mundoGeek-
Moonlight: o Silverlight para Gnu/Linux
E tal como prometeu Miguel de Icaza, un equipo de programadores do proxecto Mono logrou a increible fazaña de portar Silverlight a GNU/Linux en só 21 días de duro traballo, poucas horas de soño e moito café. O resultado chámase Moonlight e podemos coñecelo con máis detalle no blog de Miguel.
O resultado é un plugin que en realidade non necesita de Mono para funcionar e que nos permitirá acceder desde GNU/Linux ao contido de vídeos, gráficos vectoriales e animacións desenvolvidos con esta nova tecnoloxía de Microsoft equiparable ao Flash de Adobe.
Sempre Icaza!!!
Fonte::-vivalinux.com.ar-
Xogos dos 80
Lembraste de aqueles primeiros xogos de pc, quen non quería ter na sua casa un pc amstrad para poder disfrutar e ser o rei con aqueles xogos¿? non eran en 3d, non tiñan sons realistas nin bandas sonoras, e algúns nin siquera eran en cor só en branco e negro… eu non tiven oportunidade por cousas da idade de coñecelos moito pero agora vou poder disfrutar con eles e rememorar aquela época grazas a esta web, onde estan todos senon a maioria de aqueles xogos… Benvidos aos 80 ao comenzo dos game players!!
Procesadores máis ecolóxicos
Intel anunciou algo moi interesante polo aspecto ecolóxico. Os futuros Core 2 de 45 nm non só terán de novo o proceso de fabricación en 45 nm con materiais altamente dieléctricos como aislantes (polo tamén consumirán menos que os actuais), senón que ademais serán os primeiros procesadores Intel fabricados coa ausencia total de plomo, un metal pesado pernicioso.
Este proceso de fabricación sen plomo empregarao Intel en todos os procesadores Core 2 e Xeon de 45 nm, cuxa fabricación comezará na segunda metade deste ano.
Nova tecnoloxía LED
Uns científicos da Universidade de UCLA lograron un descubrimento que permitirá que as pantallas con retroiluminación por LEDS sexan máis brillantes, máis delgadas e máis baratas.
Coa técnica de combinación dun líquido inxectado composto por certos polímeros estes científicos lograron alcanzar a maior luminosidad posible por watio nun LED vermello e coa metade de custo. Un LED vermello corrente rende 12 lúmenes por watio e estes científicos conseguiron subir a cifra a 18 lúmenes por watio.
Esta tecnoloxía coñécese como PLED e Canon xa a licenciou para aplicala comercialmente en 3 anos.
-Fonte-
Por uns servidores máis ecolóxicos…
IBM investirá anualmente 1.000 millóns de dólares para investigar formas de cambiar o mundo da computación para que sexa máis eficiente energéticamente e máis respetuosa co medio ambiente. Tamén prometeu introducir unha nova gama de produtos novos e servizos orientados a axudar aos seus clientes empresariais para que reduzan o consumo eléctrico.
O proxecto de IBM coñécese como Project Big Greeny e poderá recortar os gastos de enerxía un 42%, ademais de evitar a emisión de 7.439 toneladas anuais de dióxido de carbono en EE.UU.
Os analistas de IDC aseguran que os negocios deben preocuparse polo consumo de enerxía dos equipos informáticos, xa que aseguran que por cada dólar gastado nun compoñente ou sistema gástanse 0,5$ en enerxía. O vicepresidene de servizo tecnolóxicos de IBM, Mike Daniels, sinala que a crise energética dos centro de datos está inhibindo o crecemento dos negocios dos clientes, xa que eles buscan acceso a capacidade de procesado que non hai.
Se queres seguir lendo pincha na fonte.
Portátil de papel electrónico e GPS
Parece coma se o papel electrónico de cor quixésenos esta semana mandar algunha mensaxe: oe, estou aquí, facédeme caso.
E do tema de conceptos e portátiles mellor non recordamos todo o que levamos nesta intensa semana. Malia todo, a combinación de portátil con papel electrónico de cor está dando moito xogo.
Neste caso estamos falando ademais dun dous por un: portátil e GPS.

Din que é un equipo pensado para turistas, que dispoñerán dun elemento de axuda con conectividad WiFi que lles permitiría subir fotos a Internet ademais de recibir e visualizar información da cidade ou rutas a seguir. Ademais, aproveitando o GPS as fotos poderíanse geolocalizar.
Visto en xataka.com
