Entradas guardadas bajo "Uncategorized '
Discriminación tencolóxica I
Moito traballo lle queda por facer a Xunta para asegurar que ningún cidadán do territorio galego é descriminado no eido do campo tecnolóxico…
Unha imaxe mil palabras:
Día da liberdade dos documentos 30-Marzo
O 30 de marzo celebrase o Document Freedom Day (DFD) .
DFD => Iniciativa promovida pola Free Sw Foundation para promover a conservar os documentos dixitais en formatos libres e estandares abertos. Grazas os estándares abertos podemos garantir a liberdade de acceso aos datos así como a liberdade de poder desenvolver programas libres capaces de ler e escribir datos en formatos abertos.
Por isto a comunidade Galega de Sw Libre organizou unha xornada para promover esta iniciativa chamada – xornada galega do Día da Liberdade dos Documentos -
Guia de Ubuntu 9.10
Desde este enlace podes descargar a guia de Ubuntu 9.10.
Ademais podes atopar máis información na guia web de Ubuntu.
Da mesma forma podes ter axuda dentro da súa comunidade Ubuntu-es, ou en calquera dos distintos gul’s que existen.
S2!
Saio un momento…
Non, non marchei a ningures, o que pasa e que ando moooi liado de traballo, e xa sabedes que o tempo non da para máis.
Así que volto en 3 2 1…
-De vavacions!!!!!!!!!!!!!-
Pois sí, agora que para a maioria da xente as vacacións só son un recordo, agora que os pícaros voltarón a clase, agora que o verán parece decir adeus…. agora voume de vacaciooooooooooooooooooóns!!!! Ooooeooooeeeeoooooeeeeoeeeeee……!!!!
Polo tanto ata principios de Outubre estarei fora da rede, desconectado, illado, relaxado, vivindo por vivir.
Por iso e momento de mirar atras a aquel 6 de Abril deste ano e ver todo o que aconteceu neste tempo, foron 234 novas subidas con máis de 7000 visitas que a verdade para o tempo que leva a bitácora activa dentro do ambito galego e contando que a fixen nun principio para disfrute persoal pois non está nada mal.
O resumo por semanas das estadisticas é este::
Con respecto as vacacións a primeira semana estarei por aquí::
A seguinte estarei pola miña aldea, disfrutando da traquilidade, dos meus cans, dos amaneceres e dos atardeceres, fareí algo de deporte, aturullareime de documentais e todo aquelo que me pete, que estou de vacacioooons!!!
Así que vemonos pronto, de momento collo un descansiño para repoñer forzas, e voltar con máis ganas que antes a dar a vara…
Saudos e Saude amigos!!
FileZilla for Gnu/Linux
Finalmente lanzouse a anticiada versión 3.0 do cliente de FTP FileZilla, completamente reescrita e con soporte para GNU/Linux e Mac VOS X por primeira vez.
Descarga FileZilla:: aquí . (Source)
TOP 100 aplicacións para GNU/Linux
Lendo en UbuntuLife enterome que ubuntuForums fixeron unha lista coas cen mellores apliacións de open source. Se queres votalle un ollo é interesante…

Novas versións -Wine- & -Brasero-
Tanto Wine como Brasero non deixan de actualizarse, mellorar e acoplar novas funcionalidades; desta xa temos a versión 0.9.44 de Wine e a versión 0.6.1 de Brasero.
Descargar Wine: aquí.
Descargar Brasero: aquí.
Descarga directa Brasero: aquí.
Pois veña a actualizarse toca!!!
Visto en :-fentlinux-
AcentoISO-2 para manexar imaxes
AcetoneISO é un software para manexar imaxes de CD/DVD en Linux. Usando esta ferramenta é moi fácil montar e desmontar imaxes ISO,MDF,NRG entre outras.
Entre as súas capacidades está poder montar e desmontar ISO, MDF, NRG (se é iso-9660 standard), converter / Extraer / Navegar imaxes ISO : *.bin *.mdf *.nrg *.img *.daa *.cdi *.xbx *.b5i *.bwi *.pdi, reproducir unha pelicula DVD dunha ISO en a maioría dos reprodutores, encriptar unha imaxe, ripear un disco de PlayStationX a unha imaxe “*.bin” para suarlo con emuladores epsxe/psx…
Hai versións para varias distros na sua web e un manual en castelan.
Fonte::-fentlinux-
Time Machine
Todos oímos falar da ‘Time Machine‘ de Mac ese xestor de copias de seguridade que che permite ‘viaxar’ no tempo e recuperar calquer copia. Pois unha vez máis Gnu/Linux non se queda atras, existe un proxecto chamado -TimeVault- que nos permite recuperar un ficherio, un directorio ou mesmo un sistema nunha data indicada (iso sí ainda non ten efectos 3D nin transparencias…pero fai a súa función perfectamente).
Para instalar o TimeVault podes descargalo aquí . (Ollo ainda esta en fase Beta!!)
+ información en:: -Ubuntips- ou en -wikiUbuntu-
Comparando comparando…
En GNU/Linux existe un comando de consola chamado diff que nos permite ver os cambios realizados entre dúas versións dun arquivo; tamén temos un comando chamado merge que serve para combinar cambios. Existen varios programas con interfaz gráfica co mesmo propósito. Un destes programas é meld.
Meld móstranos as diferenzas entre dous arquivos ou entre todos os arquivos de dous directorios utilizando distintas cores, e permítenos editar estes arquivos desde o propio programa, actualizando dinámicamente as diferenzas. O programa inclúe filtros e distintas axudas para facer a edición máis sinxela, como frechas á beira dos cambios para aplicar algún cambio no outro ficheiro cun simple clic.
Ademais meld pódese utilizar como un sinxelo cliente de control de versións para CVS, Subversion, Bazaar e outros.
Para instalalo en Ubuntu: sudo aptitude install meld
Fonte:: -mundoGeek-






