A xunta casase con Micro$oft…

mayo 2, 2007 at 8:24 am

Pois polo fregadeiro se foron as promesas da xunta de apostar polo sw libre, falar é unha cousa pero levar a cabo os actos prometidos é outra moi distinta, hai que ter valor,coraxe e sobre todo sabiduría do que se esta a facer; e queda claro que os políticos deste pais carecen completamente de todo iso. É difícil pensar en dinamizar unha sociedade no ámbito que se refire a informática cando quen goberna carece de todo coñecemento informático que vaia máis alo de mandar un e-mail ou abrir un procesador de textos. Moito nos queda por camiñar para chegar a altura de Extremadura ou Andalucia… imaxinade todo o que se podia facer con ese diñeiro, sanidade publica, escolas,… un sin fin de oportunidades que terminarán nas arcas dos archi-millornarios de Redmond; pero as cousas son así, de nada vale toda esa marea humana que representan os gul’s (grupos de usuarios de GNU/linux) deste pais os cales fan un traballo e unha labor impresionante, queda claro que se algún día o sw libre triunfa neste pais será por e grazas a eles, e da mesma forma queda claro que serán eles os grandes olvidados a hora de recibir as medallas pois algún ‘orella peluda’ estará disposto a collela no seu lugar…

Moito queda por facer, moito camiño por andar, moitas portas as que chamar (ainda que non queiran abrir), pero unha cousa é certa o futuro estará basado no Floos (free/libre or open source) e nos estaremos ali para festexalo, isto só é un atranco nunca un final…

Para saber máis disto pincha aquí.

Un saudo!

Entry filed under: Micro$oft. Tags: .

Que distro de gnu/linux escoller… ¿De que vive o sw libre?


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android